Esta mañá presentouse publicamente o Parque Transfronteirizo Castelinho-Fortaleza e o concurso de ideas para a ponte peonil sobre o río Miño, dentro do proxecto Visti Río Miño financiado polo Interreg. Trátase da primeira pedra do camiño a percorrer para facer realidade este proxecto.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, explicou que tras a presentación de hoxe ábrese o proceso que engloba tres fases. Hoxe aprobouse o concurso e en canto se publique no BOP os estudo e arquitecto poderán nun prazo de 60 días presentar os seus proxectos. Se seleccionarán 3 proxectos e logo elixirase 1.
En canto ao Parque Transfronteirizo Castelinho-Fortaleza trátase de crear un espazo común no que albergar actividades, e comunicar as distintas sendas do Miño nas dúas beiras.