Esta fin de semana rexistráronse actos vandálicos nas piscinas municipais de Tui e no parque infantil en Caldelas.
Onte os operarios das piscinas avisaban dos desperfectos causados de madrugada nestas instalacións municipais. Onte levouse a cabo un traballo de limpeza para poder abrir igulamente as piscinas, e hoxe serán reparados os sistema de rego e rexillas que foron destrozados. Así o explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
Pero tamén no parque infantil de Caldelas, recentemente renovado, se rexistraron desperfectos falta unha parte importante do céspede colocado e amais tamén os aspersores.