O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicaba o pasasdo venres a convocatoria e as bases de catro procesos de selección de profesores para a Escola-Conservatorio de Música de Tui.
Trátase dunha convocatoria para a contratación temporal dun profesor de óboe, un profesor de violín e un profesor de composición e piano, así como unha cuarta convocatoria para a elaboración dunha lista de substitución do profesor na especialidade de piano.