Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Arraianos incluirá nesta segunda edición unha actividade en Kaiak polo río Miño
    Arraianos chega por segundo ano, nesta ocasión vaise celebrar do 8 ao 10 de setembro, con mercado medieval, gastronomía, xogos e distintas actividades. Unha delas será “Á conquista do Miño”, unha proba polo río en kaiak que terá lugar o sábado 9, con saída e chegada á praia da Marina.
    Falamos con Víctor Pérez Bugarín, colaborador do festival e membro da asociación que nos deu os detalles desta proposta para integrar o río na celebración arraiana.
    3 min
  • Máis de 1300 persoas participan este sábado no Descenso Popular e no Internacional
    Máis de 1300 persoas sucarán as augas do Miño no Descenso Popular e no Descenso Internacional do Miño que organizan o Club Kaiak Tudense e o Concello de Tui.
    Estas probas foron presentadas esta mañá na rúa Olímpicos Tudense a carón do río Miño. A primeira cita será ás 16h na ribeira de Caldelas coa saída do Descenso Popular no que van participar 780 persoas, do que 105 farano con piragua propia. Dúas horas e media máis tarde, ás 18.30h sairán dende Salvaterra os 560 deportistas de 48 clubs que participarán na 46ª edición do Descenso Internacional do Miño.
    9 min
  • Tomiño e Cerveira presentaron hoxe o parque do Castelinho e do concurso de ideas da ponte peonil sobre o Miño
    Esta mañá presentouse publicamente o Parque Transfronteirizo Castelinho-Fortaleza e o concurso de ideas para a ponte peonil sobre o río Miño, dentro do proxecto Visti Río Miño financiado polo Interreg. Trátase da primeira pedra do camiño a percorrer para facer realidade este proxecto.
    A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, explicou que tras a presentación de hoxe ábrese o proceso que engloba tres fases. Hoxe aprobouse o concurso e en canto se publique no BOP os estudo e arquitecto poderán nun prazo de 60 días presentar os seus proxectos. Se seleccionarán 3 proxectos e logo elixirase 1.
    En canto ao Parque Transfronteirizo Castelinho-Fortaleza trátase de crear un espazo común no que albergar actividades, e comunicar as distintas sendas do Miño nas dúas beiras.
    3 min
  • Os nenos saharuís que pasan o verán en Tui no programa Vacacións en Paz foron recibidos hoxe no Concello
    Hoxe tivo lugar no Concello de Tui a recepción aos nenos saharauis que pasan o verán no municipio. Xunto aos nenos e nenas e as súas familias de acollida estiveron presentes Alba Costas e Henrique Porto, de Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, que quixeron dar as gracias ao Concello e ás familias pola acollida, así como o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, que tivo unhas palabras de benvida para todos os nenos e nenas, amais doutros membros da corporación municipal.
    3 min
  • Tomiño acolle gran parte das actividades da Escola Eu Rural Cos Pés na Terra
    Onte poñíase en marcha a Escola Eu Rural, un proxecto da Asociación de Desenvolvemento Rural Mancomunidade Vigo – Baixo Miño, na que se encontran agrupados un total de 15 concellos.
    Esta iniciativa inaugúrase cunha serie de actividades que, baixo o título Cos Pés na Terra, están pensadas como itinerario formativo de máis de 140 horas.
    As actividades vanse desenvolver principalmente no Concello de Tomiño cun programa centrado na información e a demostración á poboación rural, así nolo contaba a alcaldesa deste municipio, Sandra González.
    4 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…