As instalacións deportivas Álvarez Durán de Tui acollerá do 24 ao 28 de xullo o Campus de Fútbol da Fundación Celta de Vigo para cativos de 4 a 16 anos. Ofértanse un máximo de 80 prazas e os interesados teñen ata o 21 de xullo para inscribirse. Ten un prezo de 130€, e os empadroados en Tui ou que sexan xogadores do Tyde aboarán 115€.
O Campus foi presentado esta mañá na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de deportes, Laureano Alonso, o director do campus Alexandre Abalde, e o secretario do Tyde Quintín Areal.