A posta en valor de Goián, a terra do pintor Antonio Fernández, é o obxectivo do Certame de Pintura Ao Aire Libre que se celebra este domingo organizado polo Concello de Tomiño. A concelleira de Patrimonio, Fátima Rodríguez, así o explicaba.
Agardan a participación de máis de 30 pintores, estando aberta a inscrición ata o propio domingo ás 11.30h. A partir desa hora os artistas terán ata ás 19h para realizar as súas obras.