35.345 peregrinos chegaron a Santiago en Maio logo completar algunha das rutas xacobeas e selar a credencial do peregrino que así o acredita, segundo os datos da Oficina do Peregrino. Deste total o 20.23% é dicir 7.151 persoas realizaron o Camiño Portugués.
De Tui partiron en maio 1.411 persoas, o 3,99% do total, ocupando a cidade o quinto posto en lugar de saída de peregrinos cara Santiago despois de Sarria, Saint Jean P. Porto, Porto e León. Mentres en Valença iniciaron o seu camiño 727 persoas. Si sumamos o cómputo de peregrinos que saíron de Tui e Valença, 2.138, a Eurocidade ocuparía o terceiro posto en lugares de partida cara Compostela.
Onte precisamente falamos con catro peregrinos que sairon de Tui e ían realizar o Camiño en seis etapas. Procedían de Guatemala e Castellón.