Principio de acordo o acadado esta mañá na sede do Consorcio do Louro para a renovación das autorizacións ás traídas privadas. Hoxe na reunión entre o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, o presidente de Augas de Galicia, técnicos municipais e representantes de COXAPO chegouse a unha via de solución provisional que consistirá en que os usuarios poidan elixir entre traída privada e pública no caso de existir as dúas. A solución definitiva virá coa modificación do regulamento de aproveitamento hidraúlico. Así o explicou na RMT o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.