26.928 peregrinos chegaron no mes de abril a Santiago, segundo os datos da Oficina de Acollida do Peregrinos. Deste total 6.213, o 23,07% realizaron o Camiño Portugués.
De Tui partiron en abril 1.648 peregrinos e 1.126 fixérono de Valença, co que en total a Eurocidade sumou 2.774 peregrinos.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo unha valoración moi positiva que ven refrendar o crecemento exponencial do Camiño, e que este é un dos elementos singulares e identificativos do Concello o que esixe actuar con melloras no Camiño, e facer un chamamento á corresponsabilidade ao sector privado neste ámbito.