A primeira fin de semana de xuño porase en marcha a primeira fase da peonalización do Conxunto Histórico de Tui.
Así o confirmou en declaracións á Radio Municipal de Tui a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez.
Explicou que esta primeira fase será en certa medida tamén experimental na que se comprobará o funcionamento do plan, dos dispositivos de acceso e ao tempo as necesidades que poidan xurdir, coma unha modificación da ordenanza que regula esta peonalización.