O domingo, 11 de xuño, ás 11 hora española sairá da vella Ponte Internacional de Tui a VI Eurocidade 10, unha proba que agarda reunir a 400 atletas galegos e portugueses, nunha proba singular por celebrarse entre dous países e transcorrer por un espazo natural e patrimonial. A inscrición está aberta ata o mércores 7 de xuño, cun prezo de 4€, en Champion Chip Norte. Hoxe foi presentada polo alcalde accidental, Miguel Capón, os responsables de deportes das dúas cidades, Laureano Alonso, e José Monte, e polo presidente do club Atletismo Tui, Rafael Pérez.