Son varias as liñas nas que está a traballar a Oficina de Rehabilitación que o pasado mes de xullo abriu as súas portas no Concello de Tui. Lembramos que atende ao público os xoves de 9 a 14h no departamento de Urbanismo.
Unha das liñas na que traballa é a información as axudas ou subvencións existentes en cada momento, segundo informa a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez. Arestora está aberta a convocatoria de axudas para a instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade para vivendas