Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Tui celebra esta fin de semana a XXI Feira de Artesanía
    Esta fin de semana celébrase en Tui a XXI Feira de Artesanía con 41 postos de artesáns dos que 10 serán de Tui. Terá lugar sábado e domingo de 12 a 21h na rúa Ordóñez, Porta da Pía, e nas prazas do Concello e de San Fernando. Foi presentada esta maña onde se deu conta do programa previsto.
    6 min
  • Hoxe reuniuse en Tui a Xunta Local de Seguridade para abordar os problemas do ocio nocturno
    Esta mañá reuniuse en Tui a Xunta Local de Seguridade presidida polo alcalde de Tui e a subdelegada do goberno en Galicia, coa presenza da Policía Local, Policía Nacional e a Garda Civil. Na mesma repasouse a situación de seguridade no Concello de Tui no que o nivel de delictos e faltas diminuiu, pero segue a preocupar as consecuencias do ocio nocturno, para o que a subdelegada do goberno amosou a súa colaboración.
    Indicou o alcalde que neste tema vai haber firmeza por parte dos corpos e forzas de seguridade do estado e do propio concello levando a cabo medidas para solucionar os problemas derivados do ocio nocturno. Outro dos temas abordados foi a violencia de xénero.
    5 min
  • No mes de abril 1.648 peregrinos saíron de Tui e 1126 fixérono dende Valença
    26.928 peregrinos chegaron no mes de abril a Santiago, segundo os datos da Oficina de Acollida do Peregrinos. Deste total 6.213, o 23,07% realizaron o Camiño Portugués.
    De Tui partiron en abril 1.648 peregrinos e 1.126 fixérono de Valença, co que en total a Eurocidade sumou 2.774 peregrinos.
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo unha valoración moi positiva que ven refrendar o crecemento exponencial do Camiño, e que este é un dos elementos singulares e identificativos do Concello o que esixe actuar con melloras no Camiño, e facer un chamamento á corresponsabilidade ao sector privado neste ámbito.
    7 min
  • Carmela Silva reunirase en 10 días con Enrique Cabaleiro para tratar a promoción do Camiño de Santiago
    A presidenta da Deputación, Carmela Silva, visitará Tui o vindeiro luns día 8 de maio para reunirse co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e tratar novos investimentos ao redor do Camiño de Santiago. Así o adiantou esta mañá aos micrófonos da Radio Municipal de Tui na súa visita ao acto de promoción das rutas xacobeas que hoxe tivo lugar no mercado municipal. Carmela Silva adiantou polo tanto que nese acto do día 8 de maio trataranse os investimentos da Deputación en Tui e especificamente o apoio e promoción do Camiño Portugués ao seu paso pola cidade xa que, dixo, Tui é o "corazón do camiño" e contará con todo o apoio da administración provincial.
    4 min
  • Este domingo celébrase o II Trail Monte Aloia
    242 persoas participarán este domingo no II Trail Monte Aloia cun percorrido de 25 quilómetros para o trail e de 15 para o minitrail. O percorrido será en gran parte por territorio do Parque Natural do Monte Aloia. A organización corresponde á Asociación Cultural Virxe da Dores
    Esta proba foi presentada esta mañá polo concelleiro de Deportes e Turismo, Laureano Alonso, xunto a José Villaverde e Rafael Estévez, membros da organización.
    4 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…