Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13:30h - Luns, 17 de abril de 2017
    - O alcalde de Tui puntualiza aos feirantes das atraccións e aclara que o goberno municipal os informou cun mes e medio de antelación
    - Esta pasada noite faleceu Don Ricardo García, párroco da cidade e coéngo emérito da Catedral de Tui
    - Miles de persoas asisten á presentación oficial das festas de San Telmo en Tui
    - O grupo de teatro Santiago de Malvas inaugura esta noite a IX Semana de Teatro Afeccionado
    - Depositan ilegalmente material altamente contaminado nunha pista forestal de Guillarei
    - Tomiño reforma o salón de plenos para facelo máis accesible
    - Oia recibe 55 mil euros do Plan Concellos
    - O Rosal recibiu catro pértigas para a loita contra a vespa velutina
    - O BNG esixe unha reunión urxente de voceiros tras os despedimentos no San Xerome
    - Aberta a inscrición para a andaina de San Telmo
    30 min
  • Turismo en Tui en Semana Santa
    Turistas e peregrinos que se achegan estes días a Tui disfrutan do patrimonio, natureza, gastronomía, e das distintas ofertas e propostas que hai na cidade. Un paseo en barco polo Miño, ir en tren turístico ata Valença, subir ao Parque Natural do Monte Aloia son parte das actividades que poden realizar.
    8 min
  • O Parque Natural do Monte Aloia contará cun novo plan reitor de usos uso e xestión
    O Parque Natural do Monte Aloia contará cun novo plan reitor de usos uso e xestión. A Xunta de Galicia publicou o pasado venres no DOG a licitación do contrato para redacción deste documento que recollerá as necesidades do parque, e terá coma punto de partida o anterior Plan que tivo unha vixencia de 6 anos. Gonzalo Puerto, director de Conservación do P.N. do Monte Aloia falounos deste plan reitor.
    4 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…