Nunha semana, o próximo venres 10 de marzo, o Espazo Xove de Tui acolle a terceira xornada do programa Enredos da Dirección Xeral de Xuventude. Neste caso centrarase no programa de axudas Iniciativa Xove, en concreto na práctica de coma preparar a documentación a presentar. Ampliaba esta información Mónica Bugarín.
Por outra parte daba conta Mónica Bugarín, da convocatoria de 630 bolsa de mobilidade para universitarios, e tamén do curso de monitor de tempo libre a celebrar en Vigo dende o 23 deste mes de marzo.