Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • O Concello de Tui retira os mastros da Corredoira por "seguridade e imaxe"
    O Concello de Tui vén de retirar os 21 mastros para bandeiras instalados no Paseo de Corredoira debido ao seu mal estado e falta de uso, segundo apunta o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato. Co visto e prace de Patrimonio, o Concello tomou a decisión despois de comprobar que supoñían un perigo para os peóns e co obxectivo de dar unha imaxe mais aberta e limpa do paseo.
    1 min
  • Aprobados seis proxectos con cargo ao remanente de tesourería no pleno ordinario de marzo en Tui
    Apoio amplo da corporación municipal de Tui onte á noite en pleno para destinar 697.175,72€ do remanente de tesourería a seis proxectos a executar, que foran acordados xa en comisión informativa. Votaron a favor o PSOE, AtT, BNG, Son de Tui, PP, C21 e Ciudadanos Tudenses, e abstívose José Manuel Sousa de APTUI.
    Quedou sobre a mesa a licitación do servizo de limpeza viaria. Por unanimidade a corporación municipal de Tui a acordou a concesión da medalla de honra na súa calidade de ouro a Victor Manuel Vázquez Portomeñe
    5 min
  • As citas da fin de semana de 1 e 2 de abril en Tui
    As citas para a fin de semana en Tui inclúen a apertura dos actos da Semana Santa co pregón a cargo de D. Ignacio Domínguez o domingo na Catedral. Amais a Asociación Un Máis celebra este domingo o Día Mundial do Autismo”. Non faltará a música con concertos de Javier Navas Quartet e Pequeña Gran Compañía, entre outras citas.
    6 min
  • Tui e Valença avanzan na tramitación para dotar de personalidade xurídica á Eurocidade
    O Concello de Tui estivo presente, co concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, e un técnico municipal, na reunión celebrada na Eurocidade Verín Chaves coa presenza tamén da deputación, de Valença e dos concellos de Tomiño e As Neves.
    O concelleiro tudense da Eurocidade, Miguel Capón,fixo unha valoración positiva deste encontro, ao que salientaba que por primeira vez asistiron os técnicos do concello de Tui e de Valença, que estarán ao cargo da tramitación precisa para dotar de personalidade xurídica á Eurocidade, un proceso que agardan se complete neste mandato.
    4 min
  • Noticias 13:30h - Xoves, 30 de marzo de 2017
    - A corporación municipal de Tui celebra esta tarde pleno ordinario onde se votarán proxectos con cargo ao remanente
    - Mil nenos abrazaron hoxe a Vella Ponte Internacional
    - José Manuel Sousa valora os proxectos presentados hoxe a pleno e fala da reunificación da dereita tudense
    - Alumnado do Indalecio Pérez Tizón participa en roteiros en Celanova e Ourense
    - Salvaterra inicia a construcción dunha senda fluvial que a unirá con Tui
    - O comercio, obxectivo da exposición de fotografías antigas de San Telmo
    - Citas para hoxe: Xornada de portas abertas na Galiza Azul de Tui, o "Concello Escoita" en Tomiño, chara sobre refuxiados na Guarda e conferencia sobre o sistema eléctrico en Oia.
    - O Kaiak Tudense adestra en Ponte Lima
    - Ciclismo Oiense organiza o I Desafío Talaso Atlántico o 30 de abril
    30 min
  • Noticias 13:30h - Mércores, 29 de marzo de 2017
    - O alcalde de Tui pide mellorar a sinalización do Camiño Portugués ademais de oficializar totalmente o trazado e potenciar a promoción
    - Miguel Capón Rey, voceiro de Alternativa Tudense, da conta dos proxectos que se levan a pleno e explica as conversas de reunificación da dereita en Tui
    - Sara García e Ángel Sánchez, directores do Play-Doc fan unha valoración positiva do festival, tanto por público como por implicación da cidade e repercusión internacional
    - O delegado da Xunta en Pontevedra visita Oia para coñecer as obras ao abeiro do Plan Hurbe
    - O BNG solicita a peonalización da rúa Concepción Areal na Guarda
    - O PP da Guarda esixe un plan de promoción turística “urxente”
    - O Baixo Miño reciclou case 884 toneladas de vidro en 2016
    - Salceda contrata a 13 persoas en situación de desemprego ao abeiro do Plan Concellos da Deputación
    - Até o 17 de abril pódese solicitar as prazas do programa de Benestar en Balnearios na Guarda
    - A Guarda acolle unha charla sobre a situación dos refuxiados sirios
    - A Escola Infantil de Tui celebra mañá xoves unha xornada de portas abertas
    - Jesús Fotógrafo, galardoado co Wedding Awards 2017
    - O Remeiro do Club Remo do Miño, David Prada, medalla de prata no Open de España de Bañoles
    - Obradoiro de marcha nórdica, este venres en Tui
    28 min
  • O dique da Guarda estará reparado en 6 meses segundo a conselleira do Mar
    A Consellería do Mar prevé rematar en seis meses a reparación e reforzo do dique do porto da Guarda, danado en febreiro polo temporal Kurt, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan e non existan imprevistos. Así o sinalou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a visita que realizou esta mañá a esta obra, que comezou nos últimos días. Tamén destacou que esta actuación, na que se invisten 834.000 euros, é a máis importante das requiridas polos danos do temporal, que supuxeron un investimento total de 1,4 millóns de euros.
    3 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…