A humanización das tres estradas provinciais ao seu paso por Tui en Caldelas, Ribadelouro e Rebordáns, foi abordada onte ao mediodía no encontro entre o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez.
No caso da estrada de Caldelas realizarase unha beiravía peonil ata o límite con Caldelas, coa colaboración de pasos elevados reductores de velocidade... nun proxecto que roldará o medio millón de euros.
Na estradas provinciais ao seu paso por Ribadelouro e Rebordáns colocaranse bandas reductoras de velocidade, remataranse as beirarrúas e acometerase a colocación de sinalización vertical e pintado da horizontal para que as estradas queden en óptimas condicións.