Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Luns, 21 de xullo de 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O pavillón do CEIP de Randufe conta con nova cuberta tras un investimento superior aos 100 mil euros
    - A Deputación destinará máis de 67.000 euros a Tui para financiar a mellora do firme na vía municipal entre a EP-2502 e a PO-342 en Ribadelouro
    - O Concello de Tui e a Red de Juderías de España realizarán novas accións de carácter promocional
    - Perico Sambeat e a Orquestra de Jazz de Matosinhos pecharon a 13ª edición o IKFEM Festival Tui-Valença no Teatro Municipal de Tui
    - “A extraordinaria viaxe de T.S Spivet”, de Jean-Pierre Jeunet e "The Beatles: Eight Days a Week", de Ron Howard son as películas que mañá e o xoves proxecta o Cineclub Tui
    - Últimas plazas dispoñibles para poder participar na baixada en kaiak da Festa de Verán e da Cervexa en Caldelas
    - Información deportiva
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 18 de xullo de 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui recibe a visita do novo director xerente da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad, Iñaki Echeveste
    - Máis de 2.000 persoas gozaron dos dous primeiros concertos do XIII IKFEM Festival Tui - Valença, que continúa até este domingo.
    - Esta noite a Alameda de San Domingo acollerá, ás 22.30 h ES, o concerto de James Rhodes, dentro da programación do IKFEM
    - Segunda xornada da Semana Cultural de Ribadelouro protagonizada polo teatro
    - Esta noite comezan as Festas na honra a Santa Mariña en Areas
    - O sábado celébrase o Torneo Interbarrios de Futbito en Rebordáns
    - Até o luns, día 21, está aberto o prazo de inscrición para participar na baixada en kaiak da Festa de Verán e da Cervexa
    ...
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 17 de xullo de 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Segunda xornada do IKFEM Festival Tui- Valença na que hoxe Milhanas e Fillas de Casandra serán protagonsitas
    - O concerto inaugural do Festival IKFEM deste ano 2025, protagonizado pola Gala CaixaSon congregou onte nas Cortinas de San Francisco a 1.500 persoas
    - A aula CEMIT de Tui acollerá o luns 11 e o martes 12 de agosto os obradoiros Girl Steam 2025 organizados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
    - Miles de pétalos voaron onte dende a Vella Ponte Internacional cara ao río Miño ao paso da procesión fluvial da Virxe do Carme
    - A Semana Cultural de Ribadelouro comeza esta noite, co cine ao aire libre no entorno do Centro Cultura
    - Até o vindeiro luns, día 21, está aberto o prazo de inscrición para participar na baixada en kaiak da Festa de Verán e da Cervexa
    - Información deportiva
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 16 de xullo de 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O IKFEM Festival Tui-Valença comezou esta mañá en Tui co Foro CaixaSon e esta noite na Fortaleza de Valença celebrarase a Gala Caixason
    - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse o luns con representantes da Plataforma Cidadá de afectados polo Su 11 de Tui, logo de que presentasen a solicitude de modificación do planeamento urbanístico
    -Esta tarde celebrarase a misa solemne na honra á Virxe do Carme na Catedral de Tui trala que sairá a procesión até a Baixada ao Embarcadoiro, onde comezará a procesión fluvial
    - A parroquia de Areas celebra a partir do venres as súas Festas na honra de Santa Mariña no torreiro novo
    - Información deportiva
    26 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 15 de xullo de 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O Concello de Tui completou o cambio da iluminación nos accesos á cidade dende Randufe e Guillarei
    - Esta mañá foi presentado o IKFEM Festival Tui-Valença nas Cortinas de San Francisco, na Fortaleza de Valença
    - Onte celebrouse o 11º Encontro de Networking ao que asistiron máis de 30 empresarios de Galicia e Norte de Portugal de MERCATUS
    - A Asociación Mulleres en Igualdade de Tui foi seleccionada como unha das entidades beneficiarias do Plan Social de Ence 2024
    - Máis de medio centenar persoas participaron onte na primeira visita do programa “Coñece o noso patrimonio”, que organiza o Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello
    - A Cámara de Comercio de Tui realizará este xoves o webinar “Sinatura Dixital e Certificados simplifica a xestión da túa empresa co Kit Dixital”
    - Esta tarde o Cineclub Tui vai proxectar no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela o filme "Un tipo xenial", de Bill Forsyth
    - Información deportiva
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 14 de xullo de 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Avanzan a bo ritmo as obras de recuperación da senda do río Caselas, na parroquia tudense de Caldelas
    - Mañá martes presentarase nas Cortinas de San Francisco, en Valença, o IKFEM Festival Tui-Valença
    - A Garda Civil de Pontevedra da por concluída a operación Amorín - Pancenteo coa detención dun home de 21 anos que fuxiu na primeira fase da operación
    - A Eurocidade Tui-Valença acollerá o sábado 2 de agosto o IV Encontro Ibérico Audi organizado por PRC Vigo Audisport - Club Audi Galicia
    - Yahida e Yusef son dous dos catro rapaces saharauís que a pasada semana chegaban a Tui para pasar este verán no municipio, dentro do programa "Vacacións en paz"
    - Esta tarde comeza o programa “Coñece o noso patrimonio”, cun paseo literario
    - Mañá o Cineclub Tui vai proxectar no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela o filme "Un tipo xenial", de Bill Forsyth
    - Os padeeiros tudenses Iván Alonso, Manu Garrido, Izan Aliaga e Tania Fernández competirán no Campionato do Mundo de Maratón
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 11 de xullo de 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue visitou o inicio das obras do treito da autovía Tui-A Guarda, entre o enlace do polígono de Areas e a PO-350
    - O próximo martes presentarase o IKFEM Festival Tui-Valença que celebrará a súa décimo terceira edición do mércores 16 ao domingo 20
    - Mañá sábado ás 11 h na praza da Inmaculada, concentración convocada pola plataforma Parar La Guerra, para pedir o fin do xenocidio en Gaza
    - Recepción esta mañá no Concello de Tui aos tres nenos e a nena saharauís que pasarán o verán en Tui dentro do programa Vacacións en Paz
    - A programación cultural do verán de Tui continúa esta fin de semana cunha dobre proposta protagonizada polo humor e o cinema
    - Fin de semana de festas en Pexegueiro, Baldráns e Rebordáns
    - O Club de Patinaxe Artístico Ribex celebra mañá o Trofeo Amizade
    - A Coral Ponte das Febres organiza un café concerto na Ponte das Febres, en Ribadelouro, este domingo
    - Información deportiva
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 10 de xullo de 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, repasa a situación das diferentes obras que se están a acometer en Tui
    - A Garda Civil de Tui investiga a un varón de 60 anos, das Neves como presunto autor dun delito contra a saúde pública
    - Tui percibirá achegas da Deputación para a oficina de Turismo
    - Cinco visitas guiadas e unha conferencia conforman a programación da terceira edición das visitas guiadas “Coñece o noso patrimonio”
    - O Cineclub Tui proxecta esta noite a película “Wendy e Lucy” de Kelly Reichardt
    - Mañá chega ao Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela de Tui o actor e humorista Pepo Suevos co seu espectáculo “A xira do cuarto de século”
    - Fin de semana de festas en Pexegueiro, Baldráns e Rebordáns
    - O trompetista tudense Manuel Madarnás comeza este domingo a súa xira La MMarca. Farao en Ponteareas
    - Información deportiva
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 9 de xullo de 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asinaron onte o convenio de colaboración para executar a reforma da rúa Coruña
    - Pechamos a rolda de conversas tras o pleno da pasada semana co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro
    - Catro médicos menos, persoal que cubre as quendas dos facultativos de vacacións e sobrecargándose de traballo e cun servizo de pediatría concentrado durante a mañá é a situación do centro de saúde de Tui
    - Humor e cine para toda a familia na segunda fin de semana da programación cultural do verán en Tui
    - Fin de semana de festas en Pexegueiro, Baldráns e Rebordáns
    - O tudense Marc Martínez creou o videopodcast Fisiolab 360 no que aborda diversos temas de saúde
    - ...
    28 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…