Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Venres, 27 de xuño de 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, convocou unha cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos para este ano que será debatida o próximo martes, 1 de xullo ás 20 h, en pleno extraordinario
    - Tui impulsa unha nova etapa para o seu Conxunto Histórico coa modificación do PEPCHA
    - O AECT Rio Minho presenta a renovación da Estratexia Rio Minho 2030
    - Hoxe inaugúrase na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, a mostra “Sobre la brevedad de la vida” de Xulio M. Sigüenza
    - O Teatro Municipal de Tui acolle hoxe o espectáculo de artes escénicas “El jardín de las delicias”, da Escola de Danza Paula Cobián
    - Este domingo é a última xornada de formación do Programa Vacacións en Paz de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí
    - Información deportiva
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 26 de xuño de 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O Parlamento de Galicia solicita ao Goberno de España que actúe na mellora do estado no treito internacional do río Miño
    - O Partido Popular de Tui critica unha falla de diálogo por parte do goberno municipal nos orzamentos deste ano
    - Milhanas e Perico Sambeat súmanse as actuacións do XIII IKFEM Festival Tui - Valença
    - Tui conmemora os Xogos Florais de Galicia cunha homenaxe á escritora Francisca Herrera hoxe ás 20 h
    - O Cineclub Tui proxecta esta tarde a película "A quimera do ouro" de Charles Chaplin cun coloquio posterior
    - Este sábado, como parte da programación do Mes Cultural de Paramos, vaise realizar a II Andaina Cultural “Coñece Paramos”
    - Información deportiva
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 25 de xuño de 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Rexeitados en pleno os orzamentos do Concello de Tui para 2025
    - A Deputación financia con 166 mil euros o arranxo do muro do parque infantil dos Xardíns de Troncoso
    - Esta semana prodúcese o relevo ao fronte da Comandancia Naval do Miño
    - A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia na que anualmente participa Tui declarada BIC
    - Silvia Penas e Jesús Andrés Tejada actúan esta tarde en Tui dentro dos actos conmemorativos do Xogos Florais de Galicia
    - 350 deportistas participan este domingo no pavillón Gustavo Rodríguez no XI - Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 24 de xuño de 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O proxecto de orzamentos para este ano 2025 vai esta tarde a pleno extraordinario en Tui.
    - A Asociación Callejeriños Tudenses traballa dende hai seis meses no coidado dos gatos que viven na rúa
    - Música e poesía protagonizarán mañá no Espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela a conmemoración do aniversario dos Xogos Florais de Galicia
    - O Cineclub Tui proxecta esta tarde o filme “Só nos queda bailar”
    - A tudense Carlota González dobre campioa de España en 4 - en 8 +. E as remeiras do Remo do Miño Vera Álvarez e Xiana Fernández campioas de España en 2x xuvenil feminino
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 23 de xuño de 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A Xunta somete a información pública o proxecto para dotar á VAC Tui-A Guarda dun enlace completo co polígono de Areas
    - O PP de Tui pide explicacións sobre a renuncia a execución do proxecto da piscina hai tres anos
    - ACEESCA precisa 1.400.000 € para poder completar o proxecto de residencia fogar "Miña casa, miña comunidade" que ten en marcha ACEESCA
    - CaixaSon pioneiro en inclusión musical ao abeiro do IKFEM
    - Do 2 ao 4 de xullo a aula da UNED de Tui acollerá o curso "A comunicación do cambio climático en España"
    - Fogueiras e obradoiro de herbas para celebrar San Xoán en Tui
    - Repasamos os resultados deportivos da fin de semana
    32 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 20 de xuño de 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O Concello de Tui deu a coñecer a programación cultural para os meses de xullo e agosto.
    - O Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela acolle esta tarde o Festival de Fin de Curso da Escola da Banda de Música Popular de Tui
    - O Club Náutico San Telmo inaugura a colocación dunha áncora que pertenceu á embarcación Mahón
    - Alberto Romer presenta mañá na Casa Cultural de Randufe o seu novo libro “Randufe de Tui”
    - A Asociación do Traxe Tradicional de Tui organiza o III Encontro de Folclore da Raia que se vai celebrar mañá
    - A igrexa de San Domingos en Tui acolle mañá o XVII Festival de Corais
    - Areas celebra mañá sábado a Festa do Porco ao Espeto no torreiro vello de festas
    - Amigos da Festa de Rebordáns e a Fada de Aloia celebran San Xoán esta fin de semana
    - Información deportiva
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 19 de xuño de 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Sete coches resultaron afectados polo lume nun incendio rexistrado esta madrugada no exterior dun taller na Torre, en Paramos
    - O SLG exise á Consellaría do Medio Rural o mantemento da oficina de rexistro da oficina agraria de Tui
    - O alumnado de 1º de Bacharelato do IES Indalecio Pérez Tizón realizou un proxecto sobre a alimentación do alumnado e profesorado
    - O BNG de Tui celebra esta tarde o acto “Castelao Nacionalista Galego” no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela
    - Historia, natureza e misticismo na Noite de San Xoán que organiza a Fada do Aloia este sábado
    - O sábado celebrarase en Areas a Festa do porco ao espeto no torreiro vello de festas
    - O equipo alevín do Tyde foi recibido esta mañá no Concello antes de partir ao Torneo Internacional de Versmold
    26 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 17 de xuño de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O proxecto de orzamentos municipais de Tui irá a pleno o martes 24
    - O Partido Popular de Tui critica a execución das obras da piscina municipal no verán
    - A Asociación de Mulleres Feministas Berra convoca unha concentración para esta tarde na praza da Inmaculada, en Tui, polo asasinato machista rexistrado na Coruña.
    - Balance positivo das PAU nos IES do Baixo Miño
    - Alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón creou un podcast da exposición "As mulleres que nos levaron á lúa"
    - O CEIP de Pazos de Reis 1º premio na categoría grupal de 1º e 2º de EP no certame “E ti, que pensas da igualdade?”, da Deputación de Pontevedra.
    - Dogville de Lars von Trier será a película que hoxe ás 20 h proxecta o cineclub Tui.
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 16 de xuño de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Alerta por altas temperaturas para mañá martes
    - O proxecto de orzamentos municipais de 2025 do Concello de Tui será levado a pleno extraordinario este mes
    - Tui recibiu a visita da secretaria de Estado de Función Pública, Clara Mapelli Marchena
    - Dende hoxe está aberto o prazo para realizar a preinscrición para a sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas de Vigo
    - Até este sábado, día 21, pódese visitar no edificio Francisco Sánchez a mostra colectiva da Asociación de Amas de Casa de Tui
    - O Club Remo do Miño obtivo quince medallas no Campionato Galego de Remo Olímpico
    - Alejandro Rodríguez e Carla Guisande Vieito gañadores do X Trialtón Tui-O Porriño
    - O equipo junior do CB Tui foi subcampión da Copa de Vigo
    30 min
  • Ent. Manuel Ángel González, presidente do Club Remo do Miño | Campionato Galego de Remo Olímpico
    Quince medallas, seis de ouro, seis de prata e tres de bronce, foron as que acadou o Club Remo do Miño no Campionato Galego de Remo Olímpico que se celebrou a pasada fin de semana en Castrelo do Miño.
    O presidente do Club, Manuel Ángel González fixo hoxe balance tras esta exitosa actuación e explicou como afrontan a vindeira cita, que será o Campionato de España que se celebrará esta fin de semana en Sevilla.
    4 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…