Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Ent. Rubén López, director do Conservatorio de Tui | Concerto de Fin de Curso
    Ao redor de 80 alumnos e alumnas do Conservatorio de Tui participarán no concerto de fin de curso que terá lugar esta tarde, ás 20.00 horas, no Teatro Municipal. Unha cita musical na que se interpretará un repertorio moi variado e que ten entrada de balde. Así nolo contou hoxe o seu director, Rubén López. Tamén se referiu á participación deste centro de ensinanzas musicais no Congreso EducODS.
    3 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 5 de xuño de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Do 16 ao 20 de xullo celébrase o IKFEM Festival Tui-Valença
    - Terceira xornada do congreso EDUCODS no claustro do Seminario Menor de Tui e no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela
    - Esta tarde o alumnado do Conservatorio de Tui realiza o seu concerto de fin de curso no Teatro Municipal
    - A exposición O Herbario de Rosalía pode visitarse en Tui
    - A próxima semana realizarase unha visita ao Arquivo Municipal tudense
    - Este sábado celébrase o Festival de Primavera de Canto Coral e Música Tradicional organizado pola Coral San Telmo e o XXIII Festival Folclórico de San Antón organizado pola Asociación Cultural Aloia
    - A obra de teatro “O amor non ten idade” inaugura este sábado o Mes Cultural en Paramos
    - Información deportiva
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 4 de xuño de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13:30 h:
    - O paro rexistra en Tui a cifra máis baixa dos últimos dez anos con 889 persoas, 39 menos que no mes de maio
    - Carmen Núñez, voceira do BNG, fai balance do pleno ordinario celebrado a pasada semana
    - Continúa o Congreso EDUCODS no Paseo da Corredoira
    - Antonio Orozco, Rita Rocha, James Rhodes, Milhanas, Fillas de Cassandra, Perico Sambeat e a Orquestra Jazz de Matosinhos actuarán no IKFEM Festival Tui-Valença que se vai celebrar do 16 ao 20 de xulloembro
    - Esta tarde presentarase o libro de Francisco Peña Castiñeira, “Rumbo á saúde ambiental planetaria e a un mundo novo: as claves para afrontar as grandes ameazas do século XXI” na Sala Félix Rodríguez
    - O padeeiro tudense Iván Alonso participará dende mañá en tres probas do Campionato de Europa de Maratón en Ponte de Lima
    35 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 3 de xuño de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Hoxe comezou o congreso EDUCODS no Paseo da Corredoira
    - José Palacín, concelleiro non adscrito da corporación de Tui, fai balance do pleno ordinario celebrado a pasada semana
    - O paro descende en 39 persoas en Tui no mes de maio
    - Até o vindeiro luns está aberto o prazo de solicitude de praza para os campamentos “Verán Aventuras 2025" e o Campamento Tecnolóxico
    - Do 23 de xuño ao 5 de setembro Ludiland organiza o seu campamento de verán no Liceo Casino de Tui
    - Mañá presentarase o libro de Francisco Peña Castiñeira, “Rumbo á saúde ambiental planetaria e a un mundo novo: as claves para afrontar as grandes ameazas do século XXI” na Sala Félix Rodríguez
    - Información deportiva
    29 min
  • Ent. Conchi Martínez, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui | Traballadora social de saúde mental
    Paso dado cara o mantemento da praza de Traballo Social na Unidade de Saúde Mental do centro de saúde de Tui. Con carácter inmediato, esta profesional manterá a actividade dous días á semana: martes e xoves.
    Deu os detalles Conchi Martínez, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui, e incidía en que esta traballadora social presta atención aos concellos de Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal, Oia e Salceda de Caselas.
    2 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 2 de xuño de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A corporación municipal de Tui aprobou o Plan Municipal da Infancia e da Adolescencia e dous recoñecementos de crédito de máis de medio millón de euros
    - O Concello de Tui solicitará ao Ministerio de Cultura a declaración de acontecimento de excepcional interese público para o oitavo centenario da consagración da Catedral
    - A traballadora social da Unidade de Saúde Mental do centro de saúde de Tui manterá a súa actividade laboral dous días á semana
    - Mañá comeza o congreso EDUCODS no Paseo da Corredoira
    - Dobre proxección esta semana do Cineclub Tui cos filmes "Adeus rapaces" e "Proxecto Nim"
    - Información deportiva
    24 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…