Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Venres, 13 de xuño de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Pechamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a rolda de entrevistas tras o pleno ordinario do mes de maio
    - Hoxe celébrase a Aloiada 2025 e a graduación de Bacharelato do IES Indalecio Pérez
    - Mañá, ás 12 h, na praza da Inmaculada, concentración para pedir o fin do xenocidio en Gaza
    - Festa das Lavandeiras en Riomuíños e de San Antonio en Guillarei mañá sábado
    - Ruta solidaria da Fada do Aloia coa Protectora de Animais Aloia
    - Este domingo Sos Tomiño Baixo Miño celebra o seu xantar solidario
    - O coro Mistura Vocal ofrecerá o domingo ás 20 h en San Domingos o concerto Nexus Aeternus
    - Dania D’Alfonso actúa o domingo na ribeira de Caldelas
    - Máis 1200 persoas participarán esta fin de semana en Tui nos distintos eventos deportivos previstos.
    33 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 12 de xuño de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - James Rhode actuará na Alameda de San Domingos no marco do IKFEM Festival Tui-Valença
    - Convocada para esta tarde unha manifestación na praza da Inmaculada polo feminicidio acontecido en Moraña
    - Esta tarde a psicóloga Rosalía Campos impartirá a charla “Os amores tóxicos e a dependencia emocional” no Seminario Menor de Tui
    - O Teatro Municipal de Tui acolle hoxe ás 19.30 h o cuarto Festival de Cancións en Lingua de Signos Española
    - Este domingo o coro Mistura Vocal ofrecerá o concerto Nexus Aeternus na igrexa San Domingos de Tui
    - Até este domingo está aberta a tenda efémera Mercarte na Oficina Municipal de Turismo
    - Repasamos as exposicións que estes días se poden visitar en Tui
    - Información deportiva
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 11 de xuño de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13:30 h:
    - O Concello de Tui vai realizar obras de humanización da rúa Coruña cun investimento de case 950 mil euros financiados íntegramente pola Deputación
    - Máis de 8.400 persoas pasaron nos cinco primeiros meses do ano pola Oficina de Turismo de Tui
    180 alumnos e alumnas de 6º de sete centro educativos de Tui participarán este venres na Aloiada 2025
    - O ataque viquingo dirixido por Olaf Haraldsson a Tui podése ver na exposición “Viquingos. Unha ollada desde Galicia” realizada polo Museo do Mar
    - Ludikeka oferta dende o 23 de xuño na Macoca o seu campamento de verán
    - Buguina Turismo realizou hoxe a primeira das visitas guiadas á Catedral que organiza polo 800 aniversario da consagración do templo catedralicio
    - Guillarei celebra este sábado festas na honra a San Antonio
    - Información deportiva
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 10 de xuño de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O número de visitantes na Oficina de Turismo Tui creceu un 37% en maio con respecto ao mesmo mes do ano pasado
    - Nico Montes, o voceiro do Partido Popular, fai balance tras o pleno ordinario de maio
    - Tui avanza na tramitación para ser Cidade Amiga da Infancia coa aprobación do I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia
    - Equigalia realizará un campamento de verán en xullo e agosto
    - O Cineclub Tui proxecta esta tarde o documental “Dorothé na Vila” de Alejandro Gándara e Olaia Tubío
    - A Asociación de Amas de Casa amosa nunha exposición os traballos realizados nos cursos de restauración e labores creativas
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 9 de xuño de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui beneficiarase de achegas da liña 4 do programa + Provincia da Deputación para a redacción de proxectos singulares de transformación da mobilidade, humanización e recuperación do espazo público
    - Os servizos de emerxencias interviñeron o sábado no rescate dun veciño de Tui que foi localizado sen vida no mar, preto da praia de Fedorento, na Guarda
    - O domingo 15 de xuño, SOS Tomiño Baixo Miño organiza un xantar solidario no colexio Santa María Maristas en Tui
    - “Dorothé na Vila” de Alejandro Gándara e Olaia Tubío é o documental que mañá proxecta o Cineclub Tui
    - Tui celebra a Semana Internacional dos Arquivos cunha visita este xoves ao Arquivo Municipal
    - O padeeiro do Club Kaiak Tudense Óscar Graña proclamouse onte subcampión de Europa de Maratón en Ponte de Lima
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 6 de xuño de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui e a Eurocidade Tui-Valença, presentes na 47ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia de Silleda
    - Hoxe conclúe o V Congreso Educativo EducODS
    - A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou hoxe Tui varias entidades do - parque empresarial de Areas
    - O paseo fluvial de Tui acolle esta tarde a graduación do alumnado do IES San Paio
    - Hoxe comezan as Galimpiadas na ribeira de Caldelas
    - Mañá poderá visitarse o Cabo Fradera con motivo do Día das Forzas Armadas
    - Festival de San Antón, Festival de Primavera de Canto Coral e Música Tradicional, e Mes Cultural en Paramos entre as citas para a fin de semana
    - O Judo Club Tudense celebra a súa exhibición de fin de curso este domingo no pavillón municipal
    - Información deportiva
    32 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…