Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Ent. Conchi Martínez da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui - supresión praza Traballo Social na USM Tui
    A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui reclama que non sexa suprimida a praza de Traballo Social, na Unidade de Saúde Mental do Centro de Saúde de Tui, na que se presta atención aos concellos de Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal, Oia e Salceda de Caselas.
    Así o explicaba hoxe Conchi Martínez da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui, quen explicaba que hoxe é o último día no centro tudense da persoa que ocupaba até o de agora a praza. Tamén deu conta de como está o Centro de Saúde ante a chegada do verán.
    6 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 29 de maio de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Dezaoito puntos conforman a orde do día do pleno que hoxe, ás 20 h, celebra a corporación municipal de Tui
    - Nico Montes, voceiro do Partido Popular,valora os dous anos transcorridos do actual mandato
    - Protección Civil de Tui recibirá a medalla ao mérito na categoría de prata pola participación no continxente galego desprazado a Valencia tras a DINA
    - 21 centros educativos participan a próxima semana en Tui no congreso EducODS
    - Os Trastornos da Conducta Alimentaria centran a primeira charla hoxe das Xornadas Educativas organizadas polas ANPA’s de Tui
    - A percusión protagonista hoxe do concerto de fin de Grao no Conservatorio tudense
    - O campo Álvarez Durán acolle esta fin de semana a Amura Galician Rising Stars Cup
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 28 de maio de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Mañá ás 20 h terá lugar o pleno ordinario da corporación municipal de Tui con 18 puntos na orde do día
    - Un veciño de Tui, de 70 anos, faleceu onte á tarde no Paseo da Corredoira
    - Carmen Núñez, voceira do BNG, valora os dous anos transcorridos do actual mandato municipal tras as eleccións celebradas o 28 de maio de 2023
    - As IV Xornadas Educativas organizadas polas ANPAS de Tui inaugúranse mañá ás 19 h cunha charla sobre prevención de TCA
    - Hoxe comeza o curso "Da perda á esperanza" na Aula da UNED
    - O Club Naútico San Telmo de Tui organiza un campamento de verán do 30 de xuño ao 14 de xullo
    - Mañá preséntase o II Amura Galician Rising Stars Cup no Álvarez Durán
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 27 de maio de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - 18 puntos conforman a orde do día do pleno ordinario que este xoves celebra a corporación municipal de Tui
    - José Palacín, concelleiro non adscrito en Tui, fai balance dous anos de mandato tras as eleccións municipais de 2023.
    - A tudense Eva é unha das 30 integrantes no Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia
    - Xornada de Portas Abertas e Campamento de Verán na Escola da Banda de Música de Tui
    - O tudense Alfonso Ferreira vén de realizar parte do Camiño Jeju Olle en Corea do Sul.
    - Charla sobre acoso escolar, contacontos, concerto de fin de grao, e cinema citas para hoxe en Tui
    - Sara Tui campioa da Women's Euro Beach Soccer League, coa selección española
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 26 de maio de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Un menor resultou ferido de gravidade onte pola tarden nun accidente de tráfico en Guillarei
    - O vindeiro 9 de xuño comezará no IES Indalecio Pérez Tizón un curso AFD, Acción Formativa para Desempregados, de Actividades Auxiliares de Comercio
    - Galitoon presenta mañá o espectáculo de contos e monicreques “Os descontacontos” en Tui
    - “Morte entre as flores” dos irmáns Cohen é a película que proxecta mañá o Cineclub Tui
    - David González Mella quinto na Copa do Mundo de Sprint e Paracanoe
    - Quinto posto en grupos Show Grandes para o Club de Patinaxe Artístico Ribex no Campionato de Europa de Patinaxe
    - ...
    29 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…