Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Xoves, 31 de xullo de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h
    - Última hora con respecto aos incendios forestais
    - Ás 20 h comeza o pleno ordinario no Concello de Tui con 13 puntos na orde do día
    - Cristina Bordas, catedrática de Musicoloxía da Complutense de Madrid, abrirá o Foro Resonancias no marco de Música no Claustro
    - Ás 22 h o CineClub Tui proxecta “La prima cosa bella”
    - Esta fin de semana celébrase a Romaría de San Fins en Rebordáns e a festa de San Mamede en Guillarei
    -Mañá comeza o Campus do Club Bádminton Tui
    25 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Incendio forestal en Rebordáns
    Este mediodía orixinouse un incendio na parroquia tudense de Rebordáns, En Noticias 13.30 h o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicaba que o foco afecta a unha zona moi sensible pola proximidade a unha urbanización, á A55 e ao Parque Natural Monte Aloia. Cos medios aéreos e terrestres que estaban nese momento a traballar na zona afectada a situación estaba controlada. O rexedor tudense facía un chamamento á prudencia e a evitar os labores de desbroce, Sinalaba o posible orixe do lume nunha chispa provocada polo contacto da maquinaria do tractor municipal cunha pedra mentres realizaba labores de desbroce na estrada entre Pazos de Reis e Rebordáns.
    3 min
  • Noticias 13.30 h |Mércores, 30 de xullo de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en noticias 13.30 h
    - Rexistrado un incendio forestal na parroquia de Rebordáns.
    - Enrique Cabaleiro, Alcalde de Tui, da conta da situación no incendio forestal rexistrado este mediodía
    - Este mediodía gardouse un minuto de silencio na praza do concello en sinal de do pola traballadora do SAF do Porriño asasinada onte no Concello do Porriño
    - A corporación municipal do Concello de Tui celebra mañá pleno ordinario
    - Un centenar de persoas asistiron onte á visita guiada ao Mosteiro de San Fins
    - Cheo no parque do Laxal na 23ª Noite Internacional Do Miño
    25 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 29 de xullo de 2025
    Estas son as prinicipais noticias de hoxe martes, 29 de xullo:
    - A corporación municipal de Tui celebra este xoves pleno ordinario
    - Estabilizada a situación en Salvaterra tras o incendio forestal rexistrado onte
    - Este venres comeza Música no Claustro co lema "Identidades"
    - Citas para hoxe
    * Ás 20 h visita guiada ao mosteiro de San Fins en Valença
    * Ás 20.30 h o Cineclub Tui proxecta “Mirai, a miñá irmá pequena” no Espazo Sociocultural, da r/ Camilo José Cela
    * Ás 21.30 h o folcore de Arxentina, Brasil, Costa de Marfil e Macedonia encherá o parque do Laxal en Rebordáns, coa Noite Internacional do Miño
    - Deportes
    29 min
  • Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra - Incendio Forestal
    Unha superficie de 50 hectáreas viuse afectada polo incendio forestal rexistrado onte na parroquia de Pesqueiras, en Salvaterra de Miño, segundo esta mañá explicou a alcaldesa, Marta Valcárcel. Onte pola proximidade ás casas a Xunta estableceu a situación 2, e na loita contra as lapas interviron numerosos medios tanto terrestres coma aéreos. A rexedora explicou coma esta mañá a situación está controlada e daba conta doutro incendio que onte á noite se declaraba na parroquia de Leirado.
    3 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 28 de xullo de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos hoxe luns, 28 de xullo, en Noticias 13.30 h:
    - Adif licita por 6 millóns a redacción dos proxectos de renovación do tramo Ourense-Guillarei, na Liña do Miño
    - Ignacio Grueiro tomará posesión este mércores coma Comandante do Cabo Fradera
    - Máis de 200 persoas asistiron ás actividades coas que Tui reivindicou a súa capitalidade do Camiño Portugués
    - Hoxe presentouse o XIX Música no Claustro que comeza este venres
    - O folclore de Macedonia, Costa de Marfil, Arxentina e Brasil, protagonizará mañá martes, ás 21.30 h a Noite Internacional do Miño no parque do Laxal en Rebordáns
    - Visita guiada mañá martes ao mosteiro de Sanfins de Friestas
    - Dobre proxección do Cineclub Tui esta semana
    - 9ª posto para Uxía Rodríguez e 13º para Martín Gorriti do Kaiak Tudense no Campionato del Mundo de Piragüismo Sprint Júnior e Sub23
    ...
    33 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 24 de xullo de 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A representante do touroperador Tui, visitou onte o Concello de Tui para seguir afondando nas relacións coa cidade
    - Prosegue a programación “Tui capital do Camiño Portugués – cultura no camiño portugués” con concerto de Germán Díaz, camiñada e espectáculo de danza e música con Furia Sotelo
    - A unidade móbil de Doazón de Sangue está hoxe e o sábado, na rúa Casal Aboy, a carón do centro de saúde en Tui
    - O Cineclub Tui proxecta esta noite o filme “The Beatles: Eight days a week”
    Longa fin de semana de festas en Ribadelouro, Malvas, Pexegueiro e Caldelas
    - Hoxe comezan as Noites baixo as estrelas que organiza Altitude
    - A Fada do Aloia organiza para este sábado A Ruta das Bolboretas
    - Información deportiva
    31 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Obras Avda Portugal e outras
    Con Enrique Cabaleiro, Alcalde de Tui falamos hoxe en Noticias 13.30 h das obras realizadas na Avenida de Portugal, que hoxe foron visitadas polo rexedor e polo subdelegado do goberno en Pontevedra, Abel Losada, xunto a outras autoridades. Tamén deu conta das solicitudes que plantexa o rexedor sobre a iluminación das entradas da A55, da entrada que vai dende a Avenida de Portugal até o novo enlace de Areas, ou da visita que hoxe realizou á cidade a representantes da touroperadora TUI.
    8 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 22 de xullo de 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Esta mañá inauguráronse as obras acometidas na Avenida de Portugal de Tui
    - A titular do Xulgado de Instrucción nº2 de Tui decretou o ingreso en prisión, eludible cunha fianza de 150 mil euros, para o mozo de 25 anos veciño de Murcia detido como suposto conductor do BMW implicado no accidente mortal do Rosal
    - Esta tarde o historiador Rafael Sánchez Bargiela impartirá a conferencia “700 anos da peregrinación da Rainha Santa” na Igrexa de San Domingos
    - A sedimentación, a perda de navegabilidade e a falta de gobernanza integrada do Miño protagonizaron a visita de representantes institucionais de Galicia e Portugal ao tramo transfronteirizo
    - Esta tarde comezan as Festas na honra a María Magdalena en Ribadelouro coa tradicional sardinada e porco ó espeto
    - Malvas celebra este xoves e venres as súas Festas na honra a Santiago Apostol
    - Información deportiva
    33 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 22 de xullo de 2025
    Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Posto a disposición xudicial nos Xulgados de Tui o mozo que presuntamente conducía o coche involucrado no accidente mortal no Rosal a pasada semana
    - O Camiño de Santiago protagoniza as catro actividades previstas esta semana en Tui,
    - O Cineclub Tui proxecta esta tarde “A extraordinaria viaxe de T.S Spivet”, de Jean-Pierre Jeunet
    - A parroquia de Malvas celebra Festas na honra a Santiago Apostol
    - Mañá comezan as Festas na honra a Santa Maria Magdalena en Ribadelouro
    - Información deportiva
    31 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…