Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Xoves, 21 de agosto de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Catro incendios forestais producíronse nas últimas horas na comarca do Baixo Miño
    - O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, visitou este mediodía as obras do novo treito da vía de altas prestacións Tui-A Guarda entre o enlace de Areas e a PO-350
    - Até o sábado está en Tui a Unidade Móbil de Doazón de Sangue
    - A Semana Cultural de Caldelas pecha a súa edición coa actuación de playbacks co PepeFest
    - O músico Joel Padín impartirá un obradoiro de percusión e actuará no V Rocha Folk que comeza mañá
    - San Bartolomeu celebra este domingo a súa tradicional Concentración Cabalar
    - Esta noite o Cineclub Tui proxecta o filme “Diarios de Motocicleta”
    - O luns, día 25, comeza a X Semana Naútica organizada polo Club Naútico San Telmo con esquí naútico, paddle surf e paseo en donut
    - Avanza a participación dos padeeiros do Kaiak Tudense que compiten no Campionato do Mundo de Piragüismo de Sprint en Milán
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 20 de agosto de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Continúa cortado o tramo do Paseo da Corredoira dende o Cantón de Diomedes até a rúa Augusto González Besada, debido á continuación das obras na praza da Inmaculada
    - A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui trasladará mañá ás zonas afectadas o material de autoprotección recollido esta semana
    - Esta mañá a familia e amigos de Brais Otero, o xove motorista falecido o 15 de xullo nun accidente na autovía Tui-A Guarda, concentráronse ante os xulgados de Tui co obxectivo de pedir xustiza
    - O benestar e empoderamento das mulleres centra o programa de actividades “Feminino Plural” posto en marcha polo Concello de Tui e que comezou hoxe coa charla “Sexualidade e saúde”
    - Hoxe continúa a Semana Cultural de Caldelas con dobre proposta teatral e o venres e sábado co V Rocha Folk
    - Nova cita co Cineclub Tui mañá ás 22 h coa proxección de “Diarios de Motocicleta”
    - Cinco padeeiros do Kaiak Tudense compiten no Campionato do Mundo de Piragüismo de Sprint en Milán
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 19 de agosto de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui recolle material de autoprotección para enviar as zonas afectadas polo lumes en Ourense
    - O historiador da arte José Ramón Fernández guiará esta tarde a visita guiada á Igrexa de San Telmo
    - Este noite na ribeira de Caldelas actúa o grupo infantil XeraciónM dentro da Semana Cultural
    - O Cineclub Tui proxecta esta tarde a película “Voando xuntos”, de Nicolas Vanier
    - A Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza de Randufe celebra este domingo a XXXVI Carreira Popular de Randufe, coa que comeza a súa Semana Cultural
    - Este venres remata a inscrición para o obradoiro “Os cinco sentidos postos en min. Autocoidado” que organiza Berra
    - Roi Rodríguez Huertas e David González Mella, do Kaiak Tudense, participarán dende mañá no Campionato do Mundo de Piragüismo
    32 min
  • Ent. Juan González, presidente de Protección Civil de Tui |Recollida de material de autoprotección
    A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui está recollendo material de autoprotección para enviar as zonas afectadas polo lumes en Ourense. Recollen batelumes, gafas, mascarillas FFP2 e luvas.
    As persoas que desexen colaborar con material poden contactar con Protección Civil de Tui no 619 45 59 36. Así nolo contou hoxe Juan González, presidente de Protección Civil de Tui.
    4 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 18 de agosto de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, repasa as obras que se están a acometer nas rúas tudenses
    - O Seprona da Gardia Civil de Tui detivo o pasado venres a un varón de 46 años, veciño de Goián, como presunto autor de un incendio forestal
    - Este xoves, venres e sábado estará en Tui a Unidade Móbil de Doazón de Sangue
    - O historiador da arte José Ramón Fernández guiará mañá a derradeira xornada do ciclo “Coñece o noso patrimonio” do Instituto de Estudos Tudenses con inicio dende a praza do Concello
    - Continúa a Semana Cultural de Caldelas, hoxe co espectáculo de humor “Enredada” da monologuista Leti da Taberna
    - Este venres a praza de San Fernando acolle o XXX Festival de Bandas de Música
    - O Espazo Xove de Tui organiza un obradoiro de artes marciais mixtas
    - A Asociación Feminista Berra impartirá dende o vindeiro 3 de setembro o obradoiro “Os cinco sentidos postos en min. Autocoidado”
    - O tudense Iván Alonso foi o gañador absoluto do 54 Descenso Internacional do río Miño celebrado o pasado sábado
    33 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 14 de agosto de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui acolle este sábado o XIV Descenso Popular e LIV Descenso Internacional do Miño e a XIII Festa Gastronómica do Miño
    - A AECT Río Minho inicia o proceso de creación do Pacto do Río Miño
    - Varios tramos da N-5551 no entorno de Tui, e da Autovía A-55 entre Vigo e a fronteira portuguesa someteranse a labores de mantemento e conservación
    - O Concello de Tui executa labores de desbroce e limpeza no tramo “Ángulo dos Demos”, da antiga muralla
    - Continúan as festas na honra á Virxe do Camiño en Rebordáns e o sábado comezan as festas de San Roque en San Bartolomeu
    - Este domingo comeza a Semana Cultural de Caldelas
    - O Cineclub Tui proxecta esta noite o filme “La Casa” de Álex Montoya
    - Esta noite Altitude organiza unha observación nocturna no Monte Aloia para ver as perseidas
    - A Fada do Aloia organiza para este sábado un paseo nocturno polo Monte Aloia
    - Información deportiva
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 13 de agosto de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Debido ao avance das obras da rúa Ourense hai restriccións no tramo da avenida da Concordia dende o cruzamento coa rúa Maristas até o cruzamento coa rúa Mártires de Sobredo
    - Preto de mil piragüistas encherán o Miño este sábado 16 no XIV Descenso Popular e LIV Descenso Internacional do Miño
    - O sábado celébrase na rúa Compostela de Tui a XIII Festa Gastronómica do Miño
    - A EDAR de Guillarei adiántase aos obxectivos europeos e acada un récord de autoconsumo enerxético
    - O 6 de setembro terá lugar o Festival Boas Vibes na Alameda de San Domingos de Tui
    - A corporación municipal de Tui aprobou no pleno ordinario de xullo por unanimidade a moción presentada por ACITUI
    - Hoxe comezan en Rebordáns as festas na honra á Virxe do Camiño
    - Información deportiva
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 12 de agosto de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Completamos a rolda de entrevistas tras o pleno ordinario de xullo co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro
    - Mil persoas participan este sábado no Descenso Popular e no Descenso Internacional do Miño
    - Onte entregáronse en Tui os premios da Campaña Merca no Teu Comercio
    - Marta Cendón guia esta tarde a visita pola escultura románica e gótica da Catedral
    - O cineclub Tui proxecto hoxe “Ballerina”
    33 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 11 de agosto de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O Concello de Tui inicou os traballos para a recuperación e posta en valor do “Ángulo dos Demos”
    - Hoxe se entregaron no Paseo da Corredoira os premios da campaña Merca no Teu Comercio
    - O PP de Tui reclama que se realice un plan municipal de dinamización e revitalización do comercio local
    - Tui celebrará o festival Boas Vibes o sábado 6 de setembro
    - A aula CEMIT de Tui acolle o Campamento Dixital da Fundación Cibervoluntarios
    - Mañá terá lugar unha nova visita do ciclo “Coñece o noso patrimonio” dedicada á escultura románica e gótica na catedral de Tui
    - Hoxe rematan as Festas na honra a San Caetano en Paramos
    - Rebordáns celebra a partir do mércores as súas Festas na honra a Virxe do Camiño
    - Información deportiva
    30 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…