Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Martes, 2 de setembro de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O Concello de Tui vén de executar obras de mellora e conservación nos nove centros educativos públicos do municipio
    - A actriz Isabel Garrido e a creadora de contidos e streamer Fatisuki participarán este sábado nos Encontros Inspiradores do Festival Boas Vibes
    - Vella Escola realizará un espectáculo de Breaking dance & Beat Box no Festival Boas Vibes
    - A Asociación Lembranzas da Terra, de Guillarei, ten nova directiva
    - Mañá a Asociación Mulleres en Igualdade de Tui comeza a formación en ximnasia hipopresiva e a Asociación Mulleres Feministas Berra de Tui un taller de autocoidado dentro do programa +Xuntas da Deputación
    - A semana cultural de Randufe continúa hoxe coa humorista Lorena Pinheiro e o concerto do grupo Rayanos, no Centro Cultural
    - Información deportiva
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 1 de setembro de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Permanece cortada ao tráfico a estrada de subida ao Parque Natural do Monte Aloia a altura do parque da Macoca
    - Tui súmase ao proxecto Phygital da Rede de Xuderías de España
    - Xa está aberto o grupo municipal de participación infantil e xuvenil ParTUIcipando
    - O médico e tiktoker Guillermo Carracedo e a cantante Hydn participarán no Festival Boas Vibes este sábado
    - A Banda de Música Popular de Tui percibe 4.399 euros no marco do Plan +Xuventude da Deputación
    - Mañá continúa o programa Feminino Plural coa charla “O poder do exercicio físico no coidado das mulleres” de Marián Fernández Villarino
    - Caldelas remata hoxe as Festas na honra a Virxe da Rocha
    - Hoxe continúa a Semana Cultural de Randufe co concerto da Escola de Canto Ponte das Febres
    - Tui acollerá esta fin de semana o Campionato de España de Radiocontrol Térmico
    - Os xogadores do Balonmán Tui, Roque Estévez e Breixo Martínez foron convocados coa selección galega
    - O Club Atletismo Tui comeza o 9 de setembro a súa nova temporada
    32 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 29 de agosto de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O concello de Tui acolleu esta semana unha reunión de traballo co obxectivo de avanzar na mellora da cooperación institucional e social na loita contra os incendios forestais
    - Os reis de España e o presidente de Portugal presidirán o Comité de Honra do 800 aniversario da Consagración da Catedral de Tui
    - Dende o luns estará cortada ao tráfico a estrada de subida ao Parque Natural do Monte Aloia a altura do parque da Macoca
    - A parroquia tudense de Caldelas celebra esta fin de semana as Festas na honra a Virxe da Rocha
    - Mañá continúa a XXXVII Semana Cultural de Randufe
    - O tudense Divergente Dj actúa hoxe na primeira xornada do Festival da Luz
    - Santiago Melo e Matías Otero do Club Kayak Tudense proclamáronse campións paramericanos na categoría K2 500 metros que se está desputando en Paraguay
    - Mañá dispútanse o Trofeo Sara López en Guillarei e o Trofeo Virxe da Rocha en Caldelas
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 28 de agosto de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Este mediodía rexistrouse un accidente de tráfico na N551 no km 1, preto do cruzamento cara ás Bornetas, entre un turismo e unha motocicleta
    - Catro referentes na creación de contidos dixitais compartirán as súas experiencias nos Encontros Inspiradores do Festival Boas Vibes
    - A Cámara de Comercio de Tui continúa realizando webinars, co obxectivo de impulsar a competitividade en dixitalización
    - O programa Feminino Plural continúa esta tarde na Aula da Uned de Tui coa charla “Igualdade e cambio climático", a cargo de Carmen Docampo
    - O Cineclub Tui proxecta esta noite o filme “Charada”
    - A parroquia tudense de Caldelas celebra esta fin de semana as Festas na honra a Virxe da Rocha
    - A Volta Ciclista a España pasará o martes 9 de setembro por Tui
    - O Guillarei e o Tyde desputan esta tarde un partido de pretemporada
    - O piloto tudense de 12 anos Thiago Rodríguez correrá o vindeiro 27 setembro en Tui
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 27 de agosto de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O Concello de Tui percibirá 3,17 millóns de € para financiar proxectos de renovación integral dos sistemas e equipos de iluminación pública municipal
    - Tui súmase ao proxecto Phygital da Rede de Xuderías
    - O 14 de setembro terá lugar en Tui unha das actividades para a iniciación á observación dos ceos nocturnos do programa “Os Ceos de Galicia Suroeste”
    - O programa Feminino Plural continúa esta tarde no Mercado de San Antonio coa charla “Alimentación, clave no ciclo vital das mulleres”
    - Nova cita mañá co cineclub Tui coa proxección do filme “Charada”
    - Este sábado 30 de agosto celebráse o Trofeo Virxe da Rocha en Caldelas
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 26 de agosto de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A Garda Civil de Tui investiga a dúas persoas en Salvaterra por un presunto delito de incendio forestal
    - A charla "Emprego e inserción: Falar en público” centrou a segunda xornada do Programa Feminino Plural
    - Eris Mackenzie actuará o sábado 6 de setembro no Festival Boas Vibes en Tui
    - O Cineclub Tui proxecta esta tarde a película “A Viaxe de Ernest e Celestine”
    - A Escola da Banda de Música Popular de Tui pon en marcha un curso de musicoterapia
    - Hoxe pechan as inscricións do XIX Rastrexo de Pexegueiro que terá lugar este sábado
    - Información deportiva
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 25 de agosto de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Hoxe celébrase os Cafés en feminino: “Mulleres facendo historia” con Laura Seara, no programa Feminino Plural
    - A Concentración Cabalar de San Bartolomeu, o Rocha Folk e o Festival de Bandas de Música de Tui congregaron a centos de persoas esta fin de semana en Tui
    - Hoxe comeza a X Semana Naútica organizada polo Club Naútico San Telmo
    - O Cineclub Tui proxecta mañá a película “A Viaxe de Ernest e Celestine”
    - Mañá remata o prazo de inscrición para participar no XIX Rastrexo de Pexegueiro que terá lugar este sábado
    - Os padeeiros do Kaiak Tudense Roi Rodríguez e David Mella conseguiron o 8º posto en K1 1000 m e o 7º lugar en VL1 200 m no Campionato do Mundo de Piragüismo en Milán
    30 min
  • Ent. Laura Seara, avogada | Cafés en feminino "Mulleres facendo historia" - Feminino Plural
    Hoxe luns prosegue o programa Feminino Plural coa actividade "Cafés en feminino: mulleres facendo historia" coa avogada Laura Seara.
    Será unha conversa na aula da UNED de Tui ás 19.30 h, con entrada libre sen reserva previa.
    Con Laura Seara falamos hoxe sobre esta proposta, que está centrada no empoderamento feminino, de coñecemento da historia en moitas ocasións invisibilizada das mulleres dende finais do século XVIII até a actualidade.
    6 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 22 de agosto de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A alcaldesa de Oia, Cristina Correa deu conta da situación no municipio tralo incendio forestal que se produciu onte
    - A Gardia Civil de Pontevedra interpuso varias denuncias tralo control medioambiental realizado na autovía A55
    - Este domingo remata o prazo de inscrición para o Mercado Creativo do Festival Boas Vibes
    - A Unidade Móbil de Doazón de Sangue continúa en Tui esta tarde e mañá
    Esta noite celébrase na praza de San Fernando o XXX Festival de Bandas de Música
    - O V Rocha Folk comeza esta tarde cun obradoiro de percusión
    - San Bartolomeu celebra este domingo a súa tradicional Concentración Cabalar e as súas festas na honra a San Bartolomeu
    - Máis de 200 persoas participarán na Carreira Popular de Randufe este domingo
    - O padeeiro do Kaiak Tuense Roi Rodríguez disputará mañá a final do Campionato do Mundo de Piragüismo en Milán, en K1 1000 m
    28 min
  • Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia - Situación incendio forestal en Mougás
    Ás 5.40 h quedou estabilizado o incendio forestal que comezou onte á tarde en Oia, e ás 7 h reestableceuse a circulación na estrada que une A Guarda e Baiona, tal e coma explicaba a alcaldesa Cristina Correa. Onte pola proximidade ás casas declarouse o Nivel 2, e tivo que ser desaloxado o camping situado nesta parroquia. As persoas que estaban alí aloxadas puideron volver de madrugada.
    Cristina Correa destacou o traballo realizado polos efectivos que ao longo da noite loitaron coma lume e conseguiron estabilizar o incendio.
    6 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…