Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Luns, 15 de setembro de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Comezan as obras na rúa Augusto González Besada que conlevan cambios de dirección en dúas rúas do centro urbano
    - Mañá preséntase o estudo de mobilidade da Eurocidade Tui–Valença no marco das xornadas de “Mobilidade Urbana Sustentable” que van ter lugar na Biblioteca Municipal de Valença
    - A limpeza das faixas secundarias, clave na prevención de incendios forestais
    - Pechamos a rolda polos centros educativos de Tui co IES San Paio que xa ten en funcionamento o seu ascensor
    - Última semana para matricularse na Sección da Escola Oficial de Idiomas de Tui
    - A Aula CEMIT de Tui acolle este sábado un dos seminarios do Día de Scratch
    - O artista tudense Carlos Fer inaugurou a pasada semana a súa exposición "Limiares acuosos" na Casa Galega da Cultura en Vigo
    - Hoxe é o último día para facer a reserva para a “Cea Sefardí: Gastronomía, Música e Patrimonio no Parador de Tui”
    - Resultados e información deportiva
    32 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 12 de setembro de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A Eurocidade Tui–Valença acollerá o vindeiro martes na Biblioteca Municipal de Valença, a acción de capacitación “Mobilidade Urbana Sustentable”
    - O grupo parlamentario Socialista reclamou na Comisión 3ª do Parlamento que asuma as competencias que lle corresponden no mantemento e xestión do conservatorio profesional de Música de Tui
    - Esta semana comezou o curso no Conservatorio Profesional e a Escola de Música de Tui
    - Visita guiada ao patrimonio xudeu e e menú sefardí dentro da programación do Setembro Xudeu
    - A protectora Aloia celebra o domingo o Aloia Fest na terraza do Club Naútico San Telmo
    - Guillarei acolle o Festival Bailarei, Festival Folclórico Lembranzas da Terra e a XIV Festa da Bicicleta esta fin de semana
    - Sesión vermú este domingo no torreiro da Festa da Virxe do Camiño en Rebordáns
    - Información deportiva
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 11 de setembro de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O Concello de Tui investiu 176.800 € na mellora do pavillón de Randufe
    - “Sefarad” de Luis Ismael é a película que esta tarde se proxecta no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela dentro da programación do Setembro Xudeu e no Parador de Turismo de Tui pode desgustarse un menú sefardí durante todo o mes
    - Até mañá está aberta a inscrición para participar na actividade "Os ceos de Galicia Suroeste" que este domingo terá lugar en Tui
    - Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no acto cívico “Os viños de Castelao”
    - Protección Civil de Tui organiza para o 25 de outubro un curso de primeiros auxilios
    - Información deportiva
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 10 de setembro de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Esta semana comezan seis cursos na Aula da UNED de Tui
    - Xornada de Portas Abertas na sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas situada no IES Indalecio Pérez Tizón
    - Numerosas persoas concentráronse en Tui rexeitando a participación dun equipo israelí na Volta Ciclista a España
    - Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no acto cívico de homenaxe no Ano Castelao “Os viños de Castelao”
    - Mañá proxectarase no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela a película “Sefarad” dentro da programación do Setembro Xudeu
    - O padeeiro de As Torres Romería Vikinga afincado en Tui, Izan Aliaga, foi 4º en K2 senior xunto a Joaquín Iglesias no Campionato do Mundo de Hungria
    - Tui acolle esta fin de semana a experiencia de mototurismo CatroCantos Galicia Riders 2025
    - O CB Tui comeza esta semana a liga junior e cadete
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 9 de setembro de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A Volta Ciclista España pasa hoxe por Tui. Está convocada unha concentración en solidariedade con Palestina
    - O xoves continúan as actividades do Setembro Xudeu coa proxección da película “Sefarad”
    - Hoxe o Cineclub Tui proxecta o filme “Sala de Profesores”
    - Aberto o prazo de inscrición para o club de lectura María Tydeska
    - A aula da UNED de Tui retoma a súa activade con seis cursos esta semana
    - ACITUI vai realizar unha asemblea na primeira semana de outubro
    - Tania Fernández campioa do Mundo de Maratón de K2 xunto a Tania Álvarez
    - Iván Alonso anuncia a súa retirada da competición profesional
    33 min
  • Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes | Paso da Volta Ciclista a España por Tui
    A partir das 14.30 h está previsto o paso da Volta Ciclista a España por Tui, polo que xa dende media hora antes se cortará o tráfico nas rúas por onde pasará. Os ciclistas chegarán dende Salceda, e accederán ao centro urbano dende Guillarei pasando pola Avenida da Concordia, rúa Ourense, e Colón, para continuar en dirección ao alto de San Antoniño. Deunos todos os detalles Rafael Estévez, concelleiro de Deportes.
    5 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 8 de setembro de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Mañá debido ao pase da Volta Ciclista a España non se poderá estacionar dende ás 9 h na avenida da Concordia, na rúa Ourense, rúa Colón e na rúa Compostela
    - Hoxe e mañá hai cortes na estrada de subida ao Parque Natural do Monte Aloia
    - Esta mañá comezou un novo curso escolar en todos os centros educativos tudenses
    - Técnicos municipais traballan para coñecer o motivo do desprendemento de pedras dende a fachada do Teatro Principal
    - Na madrugada deste pasado sábado ao domingo tivo lugar un accidente sen feridos na rúa Martínez Padín no que non houbo feridos
    - María Fernández, veciña de Tui, denuncia ante a Valedora do Pobo o servizo deficitario de autobús ao CUVI dende Tui
    - Hoxe rematan as Festas na honra á Virxe da Guía en Randufe
    - Información deportiva
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 5 de setembro de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A praza do Pracer acolle hoxe o concerto de música sefardí á luz das candeas “Arvolicos lejanos” do Setembro xudeu
    - Mañá celébrase o Festival Boas Vibes na Alameda de San Domingos
    - Randufe pecha a súa Semana Cultural cunha noite de rock e dúas actuacións na igrexa da Guía
    - O domingo comezan as Festas na honra á Virxe da Guía
    - Mañá en Guillarei celébrase a I Andaina Lenda da Pedra e o domingo a XIV Festa da Bicicleta
    - O Campionato de España de Radiocontrol Térmico dispútase esta fin de semana en Tui
    - Resultados e citas do Campionato do Mundo de Maratón de Piragüismo que se está celebrando en Hungría
    - Sara Tui foi convocada coa Selección Española de Fútbol Praia para xogar a final da Women´s Euro Beach Soccer League 2025
    - O Tyde celebra esta tarde Asemblea de socios e o domingo comeza a temporada ante o Moaña
    34 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 4 de setembro de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Hoxe e mañá está cortada ao tráfico a estrada de subida ao Parque Natural do Monte Aloia á altura do parque da Macoca até a cruzamento coa estrada que vai a Circos
    - O “Setembro xudeu” en Tui comeza mañá ás 21.30 h na praza do Pracer co concerto de música sefardí á luz das candeas “Arvolicos lejanos”
    - O Concello de Tui pon a punto os centros educativos para o novo curso
    - Hoxe na Semana Cultural de Randufe, cita co ilusionismo con Sara Rodríguez
    - Mañá continúa o programa Feminino Plural coas “Pedaladas para o corazón” no Paseo Fluvial
    - A Escola de Música da Banda Popular de Tui organiza un curso de Musicoterapia
    - A Comisión de Festas de Rebordáns vén de abrir unha canle de Whatsapp e organiza unha andaina nocturna para o día 27
    - O CB Tui senior e infantil masculino xogan hoxe un amistoso ante o Torrelodones no Pavillón de Tui
    - O Tyde celebra mañá, venres, a súa Asemblea de socios
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 3 de setembro de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Agosto rexistra 2.379 persoas en situación de desemprego no Baixo Miño, 17 máis que hai un mes
    - Tui afondará na súa historia e patrimonio coa celebración do “Setembro xudeu” con doce actividades durante todo o mes
    - Este sábado celébrase en Tui o Festival Boas Vibes
    - O bispo da diócese de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín Valdés, fixo pública a remodelación dalgunhas parroquias da comarca do Baixo Miño
    - A próxima semana comezan as clases do novo curso escolar na sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas no Insituto Indalecio Pérez Tizón
    - A semana cultural de Randufe continúa hoxe co concerto da xira La MMarca de Manuel Madarnás
    - A protectora Aloia celebrará a vindeira semana o Aloia Fest
    - Información deportivo
    31 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…