Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Concesisión axuda 4,3 mill'óns de fondos europeos
    Tui abordará distintos proxectos nas parroquias ribeireñas do Miño grazas á axuda de 4,3 millóns de euros de fondos europeos do plan EDIL. Así o explicou o alcalde, Enrique Cabaleiro, na nosa sintonía. O proxecto presentando conxuntamente con Salvaterra de Miño, conformando unha Área Funcional, conlevará en total un investimento superior aos 7 millóns de euros.
    Enrique Cabaleiro amosou a súa satisfacción por esta nova achega destacando que nos últimos anos o Concello de Tui foi beneficiario de 15 millóns de euros de fondos europeos
    5 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 3 de outubro de 2025
    O paro subiu na comarca do Baixo Miño en setembro en 23 persoas até as 2.402 persoas en situación de desemprego. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro anunciou a concesión de 4,5 millóns de euros de fondos europeos a un proxecto conxunto presentado polos concellos de Tui e Salvaterra.
    A intervención en Tui 100 pares de zapatos de presunta procedencia ilícita por parte da Garda Civil é outra das novas da xornada.
    Repasamos as citas da fin de semana en Tui e na fin de semana e as novas do deporte.
    32 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 2 de outubro de 2025
    Estas son as novas desta xornada de xoves, 2 de outubro, que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Mabel Lozano imparte esta tarde unha charl aen Tui sobre “As redes da pornografía, a trata e a prostitución, e os riscos para a adolescencia hoxe”
    - "Os contos de Lobicán" de Redrum Teatro chegan mañá venres ao Teatro Municipal
    - Este sábado celébrase o Concurso Novas Ondas Sonoras organizadas por IKFEM
    - Pexegueiro celebra festas na honra a San Miguel esta fin de semana
    - A VII Regata Cidade de Tui ten lugar este sábado
    26 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 1 de outubrode 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Quedan 60 días para que comece a conmemoración do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui.
    - Continuamos a rolda de conversas tralo pleno de setembro con Carmen Núñez, voceira do BNG
    - Ana Carpintero gañadora do Premio A Profesional Autónoma de CaixaBank por Somos Océano
    - Acitui celebra hoxe asemblea xeral na Sala Félix Rodríguez
    - Mabel Lozano impartirá mañá a charla “As redes da pornografía, a trata e a prostitución, e os riscos para a adolescencia hoxe”
    - Redrum presenta este venres en Tui “Os contos do Lobicán”
    - Información deportiva
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 30 de setembro de 2025
    Estas son as novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Esta mediodía presentouse a imaxe de marca do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui
    - A CSIF solicitou a suspensión inmediata da actividade no edificio da Axencia Tributaria en Tui, tras confirmarse niveis de radón extremadamente altos
    - Hoxe ás 18.30 h farase entrega dos premios AJE aos que optan catro mulleres da comarca do Baixo Miño
    - Con motivo do Día Internacional das Persoas Xordas, o Cineclub Tui vai proxectar hoxe “Sorda” de Eva Libertad
    - ACITUI celebrá mañá a súa asemblea xeral na Sala Félix
    - Información deportiva
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 29 de setembro de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O concello de Tui cambiará as luminarias das parroquias por tecnoloxía led
    - Abrimos rolda tras o pleno ordinario de setembro co concelleiro non adscrito, José Palacín
    - A colaboración entre a Cámara de Comercio de Tui e o IGAPE facilitou a participación e sete empresas galegas en Marmomac, feira referencia na industria da pedra natural, en Verona
    - Unha vintena de nenos e nenas asisten cada semana ao taller de reforzo escolar do Concello de Tui
    - Hoxe ás 19 h no edificio Francisco Sánchez nova actividade do programa #FemininoPlural baixo o título "Entender e previr todas as formas de violencia de xénero"
    - O cineclub Tui proxecta mañá “Sorda”
    - Resultados deportivos da fin de semana
    26 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 26 de setembro de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Repasamos os asuntos aprobados onte en pleno: crédito para o cambio de luminarias nas parroquias, convenio coa CHMS para unha nova ponte sobre o arroio Cotarel, e o traslado dos fentos da praza da Inmaculada
    - A Garda Civil de Tui lidera a operación LAKE, coordinada por EUROPOL, coa participación de máis de 40 países na loita contra o tráfico de anguía europea
    España e Portugal renovan as actas de recoñecemento de fronteira no río Miño
    - Un camión grúa retirou onte, preto do Balneario de Caldelas, un vehículo que se precipitara ao Miño
    - Concerto de Mercedes Peón mañá sábado no Teatro Municipal
    - Doazón de sangue, visita guiada, festas en Pazos de Reis, andaina nocturna en Rebordáns, ... nas citas da fin de semana en Tui
    - O padexeiro Iván Alonso foi recibido hoxe no Concello de Tui Rodrigo Conde, do Remo do Miño, 4º en 2x no Campionato do Mundo de Remo
    - Esta fin de semana celébrase o Supercross Cidade de Tui e coma o Torneo de Tenis da Eurocidade
    - Repasamos os encontros da fin de semana
    35 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…