Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Luns, 13 de outubro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Completamos a rolda de conversas tralo pleno do mes de setembro co alcalde de Tui e voceiro do Partido Socialista, Enrique Cabaleiro
    - Esta tarde abre ao tráfico o novo tramo da rúa Ourense cara a Avenida da Concordia
    -O PP de Tui solicita a anulación do préstamo de 3,1 millóns de euros para renovar o alumeado
    -O Concello de Tui comeza hoxe e executar obras de suxeición dos muros e montaxe da cornisa no Teatro Principal
    - Hoxe comeza unha nova temporada do club de lectura feminista “Tempo de Mulleres” inicia hoxe unha nova temporada
    - O Cineclub Tui continúa mañá coa súa retrospectiva dedicada ao cineasta alemán Wim Wenders, coa proxección de "O ceo sobre Berlín"
    - Mañá continúan as actividades do Mes da Biblioteca, co contacontos para bebés "Estás coma unha cabra", de Lalá Teatro
    - Hoxe remata o prazo para inscribrise ao autobús do Teatro para acudir dende Tui a Santiago, ao salón teatro, á representación de “A serie clopen” do Centro Dramático Galego
    - Información e resultados deportivos
    32 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 10 de outubro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Está en marcha a proba piloto para eliminar a alga Egeria Densa na praia de Guillarei
    - A veciñanza do conxunto histórico reunirase o martes co alcalde de Tui
    - Onte celebrouse a primeira reunión de planificación da IV San Silvestre Solidaria Tudense
    - Catro camiñantes peregrinarán mañá dende Tui a Santiago sen paradas para homenaxear á Ultreia, ás 700 Camisetas e á Pontevedrada
    - Ibuprofeno Teatro presenta esta noite a obra “Reconversión” no Teatro Municipal de Tui
    - Esta tarde no Espazo Sociocultural charla “Fala a Resistencia”
    - A Garda Civil de Tui celebra o domingo a Festividade da Virxe do Pilar
    - Esta fin de semana haberá xornadas de portas abertas na Comandancia Naval do Miño
    - Mañá Magosto en San Bartolomeu e Festa do Porco ao Espeto en Randufe
    - Este domingo celébranse as finais do Torneo de Tenis Eurocidade
    32 min
  • Ent. Ramón Omil, Camiñante de Honra da Ultreia | Camiño de Santiago sen facer paradas
    Os Camiñantes de Honra da Ultreia, Jacobo Tellado, Ramón Omil e Bernardo Acevedo e a aventureira Raquel Carragal afrontarán mañá, sábado, 124 quilómetros de percorrido, ao tratar de peregrinar sen paradas dende a catedral de Tui ata a de Santiago de Compostela. A idea xurdiu coma unha homenaxe ás tres marchas vinculadas á ruta xacobea que comezan na provincia de Pontevedra; a Ultreia que une Tui con Pontevedra, as 700 camisetas que se celebraba entre Vigo e Pontevedra e a Pontevedrada que se leva a cabo entre Pontevedra e Santiago de Compostela. Así nolo contou hoxe Ramón Omil.
    9 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 9 de outubro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Proba piloto para o control da planta invasora Egeria densa na praia de Areeiros en Guillarei por parte da Xunta
    - Tui é un dos concellos beneficiados das axudas do Plan EDIL na provincia de Pontevedra
    - A Sección Sindical da CGT Correos Pontevedra denuncia a acumulación de milleiros de cartas sen repartir na Unidade de Distribución de Correos de Tui
    - Sesenta e seis veciños do Conxunto Histórico de Tui solicitan unha reunión co alcalde de Tui para reclamar medidas ante o risco de derrumbes e insalubridade
    - Esta mañá inaugurouse a mostra “Destino. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel” na Sala Municipal de Exposición
    - A Garda Civil de Tui vai celebrar este domingo a Festividade da Virxe do Pilar
    - Carlota González, do Remo do Miño, participa no Campionato de Europa de Remo de Mar
    - Aberto o prazo para presentar candidaturas aos Premios Deporte Tudense 2025
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 8 de outubro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A EDAR de Guillarei será unha das 5 estacións depuradoras de Galicia participantes no proxecto para detectar o consumo de drogas a través da análise das augas residuais
    - Onte tivo lugar a primeira representación teatral do programa +Escénicas para o alumnado tudense
    - A Fundación Provincial do Banco de Alimentos busca persoas voluntarias na comarca para a Gran Recollida
    - Paisaxes Monásticas da Ribeira Sacra e Entendendo a Depresión novos cursos na aula UNED de Tui
    - Ibuprofeno Teatro presenta “Reconversión” este venres no Teatro Municipal
    - Esta tarde visita guiada á biblioteca de cinema de Daniel Domínguez, na Biblioteca Municipal
    - Aberta a inscrición para dúas probas deportivas da Eurocidade: 2 Leguas e a Urban Trail Night
    28 min
  • Ent. Inés Mato, subdirectora xeral de Saúde Ambiental da Consellería de Sanidade - Presenza do Mosquito Tigre en Tui
    Tras a detección do mosquito Tigre en Tui hoxe entrevistamos a Inés Mato, subdirectora xeral de Saúde Ambiental da Consellería de Sanidade, quen deu conta das recomendación á poboación, entre outras evitando a permanencia de auga estancada en pequenos recipientes durante día.. Tamén incidía na importancia de comunicar a presenza a través de Mosquito Alert
    8 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 7 de outubro de 2025
    Estas son parte das noticias que recollemos en Noticias 13.30 h
    - Oito patrullas saíron hoxe de Tui no Concurso de Patrullas da BRILAT para realizaro o Camiño Portugués até Santiago e 5 probas militares
    - Detectado en Tui o mosquito Tigre. Inés Mato, subdirectora xeral de Saúde Ambiental da Consellería de Sanidade deu conta das recomendación á poboación da importancia de comunicar a presenza a través de Mosquito Alert
    - ORPAGU participar en CONXEMAR para abrir as portas á canle retail aos seu produtos elaboradoras e incrementará a campacidade de almacenaxe na planta de Tui até ás 5 tn
    - 300 escolares asistiron hoxe no Teatro Municipal de Tui á representación de A Libraría Máxica no programa +Escénicas
    - Contacontos hoxe ás 17.30 h na Biblioteca Municipal
    - “Alicia nas cidades” abre a retrospectiva de Win Wender no Cineclub Tui
    - Manuel Bugallo de Biciosos Rías Baixas terceiro no Campionato de Galicia de Gravel en Master 60
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 6 de outubro de 2025
    Estas son parte das novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui acadou 15 millóns de euros de fondos europeos nos últimos anos
    - Nico Montes, voceiro do PP, valora do pleno ordinario do mes de setembro
    - Un mozo de 26 anos foi rescatado de augas do río Miño en Tui pola Comandancia Naval do Miño e a Policia Local
    - La MMarca gañou o Concurso Novas Ondas Sonoras
    - O circuíto + Escénicas da Deputación chega mañá martes, ás 11 h, ao Teatro Municipal de Tui co espectáculo “A Libraría Máxica” de Inventi Teatro
    - A Biblioteca Municipal celebra con nove actividades o Mes da Biblioteca
    - O tudense Lino Martinez Perez gañou esta fin de semana a Copa de España de Judo
    30 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…