Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Xoves, 23 de outubro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A rúa Augusto González Besada pasa a ser de dobre sentido debido ás obras
    - Sete proxectos galegos foron seleccionados para participar na cuarta edición de VENTURA que comeza o 3 de novembro
    - Conferencia do catedrático Lourenzo Fernández “Novidades históricas arredor de Castelao...” hoxe ás 19 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela
    - Alumnado do Colexio Maristas visitaron hoxe a Biblioteca Municipal con motivo do Día da Biblioteca
    - O Concurso de pintura Pinta Tui celebra este domingo a súa décima edición
    Festival da Caída da Folla este domingo en Ribadelouro
    - O cociñeiro tudense Judicael Romero gañou o segundo premio na IV Edición do Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia-Ribeira Sacra
    - Información deportiva
    32 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 22 de outubro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A Xunta de Galicia destina preto de 10 M€ ao Baixo Miño no proxecto de Orzamentos 2026
    - A concelleira Pilar Gregores pasa a ser concelleira non adscrita deixando o grupo municipal do PP
    - Un veciño de Tui interceptado pola Gardia Civil por conducir sen carné
    - Unha persoa resultou ferida tras un accidente múltiple rexistrado onte na A-55, en Guillarei
    - O tudense Moisés Rodríguez Pérez é o novo deputado do Grupo Popular pola provincia de Pontevedra
    - ACEESCA reclama apoio urxente para finalizar a residencia “Miña casa, miña comunidade”
    - O Mercado de San Antonio ofrece novas oportunidade de emprendemento
    - O BNG celebra mañá un acto en homenaxe a Castelao
    - O 31 de outubro terá lugar a actividade "Día de Defuntos á mexicana" na aula da UNED e unha andaina de Samaín en Pexegueiro
    - Información deportiva
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 21 de outubro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Comezaron as obras para mitigar o efecto illa de calor no aparcamento público no Parque Empresarial de fronte ao Outlet
    - O transporte público no Baixo Miño será obxecto dunha reestructuración por parte da Xunta
    - Tui busca a postal para felicitar o Nadal
    - Sete proxectos galegos foron seleccionados para participar na cuarta edición de VENTURA
    - Os tudense Rafael Sánchez Bargiela e Laureano Alonso participan no Congreso Internacional de Estudos Sefardíes en Lisboa cunha conferencia sobre Francisco Sánchez
    - Preto de 300 escolares tudenses disfrutaron hoxe co Quixote de Pedras de Cartón no ciclo +Escénicas
    - Manuela Contacontos presenta hoxe ás 17.30 h na biblioteca tudense “O gato con contos”
    - Dobre proxección hoxe de “Perfect Days” de Win Wenders no Cineclub Tui
    - Deportes
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 20 de outubro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A alianza entre Tui e Salvaterra permitirá investir 7 millóns de euros nestes municipios
    - O Concello de Tui incrementa as partidas destinadas ás ANPAs, ás asociacións culturais, ás formacións musicais, ás bandas de gaitas e aos deportistas
    - ORPAGU cumple tres anos en Tui expandindo a planta e innovando nos seus produtos e proxectos
    - Pilar Blanco, propietaria de Restaurante El Molino de Tui foi unha das mulleres homenaxeadas no V Foro da Muller Rural Galega
    - A Cámara de Tui participou no Foro das Cámaras do Arco Atlántico en Bruxelas
    - Mañá chega ao Teatro Municipal de Tui o espectáculo de clown “Quixote” no programa +Escénica dirixido ao alumnado tudense
    - Dentro da programación do “Mes da Biblioteca”, mañá Manuela contacontos achega o espectáculo “O gato con contos”
    - Continúa mañá a restrospectiva de Wim Wenders coa proxección de “Perfect days” mañá martes
    - Información e resultados deportivos
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 17 de outubro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A AECT Río Miño fai un chamamento aos gobernos de España e Portugal para que asuman a xestión do río Miño como unha prioridade conxunta no proximo cumio hispano-portugués
    - Hoxe abre o prazo para solicitar as becas a deportistas tudenses internacionais, ANPAs, as asociacións culturais, musicais e as bandas de gaitas
    - ORPAGU cumple tres anos en Tui expandindo a planta e apostando por novos produtos e proxectos
    - Cinco mulleres do Baixo Miño participan hoxe no V Foro da Muller Rural Galega
    - Repasamos todas as citas da fin de semana
    - Información deportiva
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 16 de outubro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O Concello de Tui e o de Salvaterra foron beneficiarios de 4 millóns de euros de fondos europeos a través do Plan EDIL
    - A vindeira semana conclúe a proba piloto de eliminación da especie invasora Egeria densa na praia de Areeiros en Gurillarei
    - A veciñanza do conxunto histórico reuniuse o martes co alcalde de Tui para trasladarlle cuestións que lles preocupan
    - A compañía Os Naúfragos Teatro representan mañá a obra “Bulebule”, no Teatro Municipal de Tui
    - Mañá remata o prazo de inscrición para a actividade “Tecnoloxía, infancia e xuventude: ferramentas para familias” que terá lugar na Aula CEMIT de Tui
    - Información deportiva
    25 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra - Fondos EDIL
    O Concello de Tui e o de Salvaterra foron beneficiarios de 4,3 millóns de euros de fondos europeos a través do Plan EDIL, que mobilizarán máis de 7 millóns de €. Ambos municipios conformaron unha Área Funcional para concorrer a esta convocatoria. Agora executarán distintos proxectos que teñen o río Miño coma nexo de unión.
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel explicaron a que van ir destinados estes fondos e está alianza estratéxica que estableceron.
    16 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 15 de outubro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O IES San Paio de Tui é dun dos 173 institutos de ensino secundario de Galicia que participa no proxecto YAM que busca previr a conduta suicida entre a poboación adolescente
    - O concelleiro non adscrito, José Palacín solicita a publicación do informe da Policía Local sobre a reordenación do tráfico no centro urbano tras a apertura da rúa Ourense
    - A Aula CEMIT de Tui acolle este sábado a actividade “Tecnoloxía, infancia e xuventude: ferramentas para familias”
    - Concerto do cuarteto de saxofóns Kritis este sábado na sede da Escola da Banda de Música Popular de Tui en Guillarei
    - Esta tarde, ás 20.00 horas, terá lugar unha concentración en solidariedade con Palestina na praza da Inmaculada en Tui
    - Hoxe remata o prazo para remitir ás propostas aos Premios Deporte Tudense
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 14 de outubro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Aberto ao tráfico o novo tramo da r/Ourense
    - Transportes adxudica por 835 mil € os estudos do Eixo Atlántico entre O Porriño e Portugal
    - O PP propón unha Empresa de Servizos Enerxéticos para cambiar as luminarias nas parroquias e reclama a anulación do préstamo de 3,1 millóns de €
    - O delegado territorial da Xunta visita ás instalacións do Punto Limpo de Tui, beneficiarias das axudas autonómicas para actuacións en materia de residuos
    - Lalá Teatro presenta ás 17.30 h na Biblioteca Municipal o contacontos “Estás como unha cabra”
    - O cineclub Tui proxecto hoxe “O ceo de Berlin” de Win Wender en dobre sesión ás 18.30 h e ás 20.45 h
    - O domingo 26 celébrase o X Concurso de Pintura ao Aire Libre Pinta Tui
    - Carlota González do Remo do Miño participou no Europeo de Remo de Mar
    - Leticia Diz gaña o Trail Montes de Vigo, e Adrián Sousa o minitrail
    32 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Apertura rúa Ourense
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro valoraba esta mañá as primeiras horas de funcionamento do novo tramo da rúa Ourense, logo de que onte á tarde abriuse ao tráfico.
    Explica as reordenación do tráfico en toda a contorna destacando que tanto a rúa Maristas coma o primeiro tramo da Avenida da Concordia pasan a ser de sentido único.
    8 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…