Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Mércores, 19 de novembro de 2025
    Estes son os titulares das prinicipais novas que recollemos hoxe mércores, 19 de novembro, en Noticias 13.30 h
    - A Deputación mobiliza 10,5 millóns de euros no Baixo Miño e Val Miñor
    - O grupo municipal do PP de Tui denuncia presuntas irregularidades no procedemento de contratación e na execución das obras de conservación e seguridade do Teatro Principal.
    - O goberno municipal afirma que “o expediente administrativo é impecable, e totalmente axustado á lei" respondendo ás críticas do PP sobre as obras no Teatro Principal
    - Chis Oliveira, Priscila Retamozo e Amada Traba abren hoxe ás 19 h a programación do 25N en Tui coa presentación do libro “As trampas da pornografía”
    - O Ciclo "Sobredo, 103 despois" reflexiona mañá sobre a medicina actual e en 1922 coa presentación do libro "Os médicos tamén enferman" de Martiño Noriega
    - 300 alumnos e alumnas asistrion onte á primeira proxección de O Cine nas Aulas
    - Hoxe ás 19 h, na Sala Félix Rodríguez, reunión informativa sobre a xestión comunitaria de auga a cargo de técnicos da Asociación das Traídas de Augas, COXAPO
    - A Aula CEMIT acollerá o mércores 3 de decembro unha charla na que se ofrecerán pautas para realizar compras en liña seguras ou identificar estafas dixitais
    - Mañá comeza no Espazo Xove de Tui un obradoiro de cerámica con Conchi Garrido
    ...
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Martes 18 de novembro de 2025
    Neste martes, 18 de novembro, estes son os titulares das prinicipais novas que recollemos en Noticias 13.30 h
    - O Camiño Litoral permitirá ir en bicicleta dende Ribadeo até Tui. Será unha senda de 1300 kms en 52 etapas
    - Mañá comeza a programación do 25N en Tui co lema “O noso corpo, campo de batalla”
    - ACITUI organiza unha charla sobre "Verifactu. Como adaptar o teu negocio con Holded" para o próximo luns
    - A tudense Alejandra Rusell presenta o seu primeiro libro “El juego del escondite”
    - O Cineclub Tui proxecta hoxe 'As bestas' de Rodrigo Sorogoyen
    - Verbena Sinfónica título do concerto de Santa Icía da Banda de Música Popular de Tui co cantante Antonio Barros. Será solidario con SOS Tomiño-Baixo Miño
    - Máis de 500 persoas inscritas na Urban Trail Night Eurocidade que se celebrar o sábado 29
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 17 de novembro de 2025
    Hoxe luns, 17 de novembro, en Noticias 13.30 h estas son as novas que recollemos:
    - O Camiño de Santiago abriu en Tui o ciclo de xornadas “Conexión Miño” que continuará nas próximas semanas
    - Nove turoperadores e axentes de viaxes coñecen o Miño transfronteirizo no marco do proxecto Visit Minho Plus
    - O PP reitera a solicitude dunha reunión coa ministra de Transición Ecolóxica para abordar o estado do río Miño
    - “O noso corpo, campo de batalla” lema do concello de Tui na loita pola igualdade no 25N
    - Este sábado A Panadería despídese en Tui coa derradeira función de “As que limpan”
    - Hoxe ás 20 h na Sala Félix Rodríguez presentación da tradución ao galego do libro sobre a brevidade da vida do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez realizada por Laureano Alonso
    - Deportes
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 14 de novembro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - As xornadas "Conexión Miño" ábrense o luns en Tui co Camiño de Santiago coma protagonista
    - O comandante Naval do Miño foi recibido polo delegado do Goberno
    - O Kaiak Tudense e Equigalia reciben axudas da deputación para o fomento do turismo deportivo
    - Magia en la Manga estrea ás 19 h o espectáculo “Singularia” no Teatro Municipal de Tui
    - Xa se pode visitar a exposición Crebas e Peixes de Xavier Álvarez Blázquez e Alfonso Álvarez Cáccamo
    - Presentación da tradución ao galego de “Sobre a brevidade da vida” do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez
    - Caldelas celebra esta fin de semana festas na honra a San Martiño
    - Arume de Malvas organiza o concerto “O Son do Outono” que vai ter lugar mañá
    - Obradoiro de máscaras en Caldelas organizado pola asociación Cura y Arte en Camiño mañá sábado
    - Mar Jewelrin imparte mañá un taller para crear unha xoia peluda
    - Información deportiva
    33 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 13 de novembro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tráfico regulado por sema´foros na rúa Agusto González Besada por un único carril debido ao avance das obras
    - Os Equipos Viogen de Tui, Pontevedra, Cambados, Lalín, Vigo e Pontevedra recibirá un recoñecemento oficial ao seu seu traballo o próximo martes na subdelegación do goberno
    - O espectáculo “Singularia” de Magia en la Manga estréase mañá no Teatro Municipal de Tui
    - Esta tarde inaugúrase a exposición Crebas e Peixes de Xavier Álvarez Blázquez e Alfonso Álvarez Cáccamo
    - Concentración Galicia con Palestina hoxe ás 20 h na praza da Inmaculada
    - O Espazo Xove de Tui organiza un obradoiro de cerámica para a vindeira semana
    - A asociación Cura y Arte en Camiño de Caldelas celebra un obradoiro de máscaras o sábado
    - O IES San Paio acolle varias actividades o sábado 22 dentro do programa + Convivir
    - Información deportiva
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 12 de novembro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, trasladou á Dirección Xeral de Mobilidade as necesidades en transporte público e nas parroquias
    - O Concello de Tui incorpora novo vehículo eléctrico e dous puntos limpos móbiles
    - A Xunta celebrou este mediodía en Tui a reunión da comisión territorial itinerante
    - Esta tarde ten lugar a Xornada sobre a recuperación da memoria democrática de Tui, dentro da programación do Mes da Memoria Democrática
    - Festas na honra a San Martiño esta fin de semana en Caldelas
    - Arume de Malvas celebra o sábado o concerto “O Son do Outono”
    - MarJewelrin organiza este sábado o obradoiro “Crea a túa xoia peluda”, na Oficina de Turismo de Tui
    - O IES San Paio acolle varias actividades o sábado 22 dentro do programa + Convivir
    - Información deportiva
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 11 de novembro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A prohibición da cría de aves de curral ao aire libre é unha das medidas de prevención da Influencia Aviaria
    - Antón Corral é Premio da Cultura Galega 2025 na categoría de patrimonio cultural
    - A Asociación Banda de Música Popular de Tui beneficiaria das achegas da Deputación
    - Mañá continúa a programación do Mes da Memoria Democrática coa Xornada sobre a recuperación da memoria democrática de Tui
    - O Cineclub Tui proxecta hoxe a película Funny Games
    - Esta fin de semana celebran festas na honra a San Martiño en Caldelas
    - Arume de Malvas celebra este sábado o concerto “O Son do Outono”
    - O tudense Iván Pereira participou no Campionato do Mundo Ironman de Marbella
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 10 de novembro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui acolleu hoxe o workshop transfronteirizo entre Galicia e Portugal “Río Miño - Náutico: impulsar un destino transfronteirizo dende o río”
    - O Mercado de San Antonio impulsa o emprendemento local con cinco novos espazos comerciais
    - Máis de 11.500 peregrinos percorreron o Camiño Portugués en outubro, un 17% máis que en o ano anterior
    - A tudense Chus Martínez Domínguez foi nomeada coma nova directora do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura
    - O Cineclub Tui proxecta mañá a película Funny Games, do director austríaco Michael Haneke
    - Información e resultados deportivos
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 7 de novembro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Situación complicada de tráfico na A55 en Guillarei tras rexistrarse un accidente dun camión
    - Antón Corral premio da Cultura Galega 2025 na categoría de Patrimonio Cultural
    - Os concellos do Baixo Miño veranse afectados dende o luns polas novas medidas para protexer as explotacións avícolas galegas
    - A Bonoloto deixa un premio de 135 mil euros en Tui
    - Hoxe comeza o curso “Ninguén preparounos para isto: Claves para entender o amor en parella” na aula da UNED de Tui
    - Empatía Teatro presenta hoxe “Esas cousas marabillosas” no Teatro Municipal de Tui
    - Esta fin de semana comeza a XII Mostra Teatral Miguel Troncoso organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza de Randufe
    - O domingo celebran os seus magostos en Paramos e en Pazos de Reis
    - A Fada do Aloia realiza mañá a Andaina do Samaín
    - Citas deportivas
    33 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 6 de novembro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O Mercado de San Antonio contará con cinco novos postos que están arestora en licitación
    - O grupo socialista esixe á Xunta que teña en conta as aportacións dos concellos e as queixas dos usuarios no contrato de transporte público no Baixo Miño
    - Mañá a aula CEMIT acolle dúas accións formativas organizadas por ACCEM Vigo
    - A Cámara de Comercio de Tui organiza unha nova xornada gratuíta sobre facturación electrónica
    - Tres novas actividades comezan este mes na aula da UNED de Tui
    - Xa está dispoñible o calendario solidario da Asociación de afectados pola deleción 1p36
    - Esta noite remata o prazo para solicitar posto no Mercado de Nadal de Tui
    - Hoxe continúa a programación do Mes da Memoria Democrática co coloquio “A prensa desde Sobredo á volta de Castelao”
    - Empatía Teatro presenta chega mañá ao Teatro Municipal de Tui con “Esas cousas marabillosas”
    - Información deportiva
    29 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…