Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Martes, 2 de decembro de 2025
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O avance das obras en Augusto González Besada conlevan cambios de tráfico nas rúas Foxo, Rosa Bahamonde e a Travesía Foxo
    - Mañá de 9 a 11 h haberá un corte no subministro de auga que afectará ao conxunto histórico, a rúa Bispo Lago e San Domingos
    - Hoxe celébrase a I Xornada Imaxe+Letra no Espazo Sociocultural continuando cos actos co gallo do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui
    - A Aula CEMIT acolle mañá mércores unha charla sobre ciberseguridade
    - O tudense Saul Vaz proclamouse esta fin de semana Campión Galego Karting
    - Aberto o prazo de inscrición na IV San Silvestre tudense
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 1 de decembro de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Comezan os actos conmemorativos dos 800 anos da consagración da Catedral de Tui
    - A música foi unha das protagonistas na Catedral coa estrea absoluta de "Catedral Atlántica" de Fernando Buide e a estrea en Europa de "Os fogos de San Telmo" de Hermelindo Ruíz
    - Unha conferencia de Ramón Navarro, doutor en Liturxia e eucaristía solemne centraron hoxe o programa de actos que teñen a Catedral coma protagonista
    - Tui acendeu o Camiño do Nadal o pasado xoves
    - A cineasta Margarita Ledo relatou a que podería ser a primeira escena dunha película sobre os sucesos de Sobredo no acto conmemorativo do pasado sábado
    - O deporte tudense celebrou a súa festa baixo o lema "O invisible tamén conta"
    - O tudense Lino Martínez campión do Mundo WIBK de judo tradicional en M7 menos de 90 kgs
    26 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 28 de novembro de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h
    - O conxunto histórico de Tui protagonizou boa parte da sesión plenaria que onte durante máis de cinco horas celebrou a corporación municipal de Tui
    - Comezan os actos conmemorativos do 800 aniversario da consagración da Catedral Tui
    - Tui acende hoxe ás 18.30 h a iluminación de Nadal e da comezo a programación festiva
    - "A música en Sobredo" e o acto conmemorativo ao carón do monumento renden homenaxe hoxe e mañá aos Mártires de Sobredo
    - Citas da fin de semana
    - Deportes
    30 min
  • Noticias 13.30 h|Xoves, 27 de novembro de 2025
    Estas son parte das novas que recollemos neste xoves, 27 de novembro, en Noticias 13.30 h:
    - A corporación municipal de Tui celebra hoxe ás 20 h pleno ordinario
    - A ONCE dedica o cupón do sorteo do 1 de decembro á Catedral de Tui
    - Hoxe retama a programación do 25N en Tui coa proxección de “El techo amarillo” de Isabel Coixet
    - Tino Baz e os Folieiros participan mañá no acto "A música en Sobredo" dentro do ciclo Sobredo, 103 anos despois
    - A unidade móbil de doazón de sangue estará mañá venres e o sábado en Tui
    - A Urban Trail Night Eurocidade bate récord de participación
    ...
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 26 de novembro de 2025
    Estas son as prinicipais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A corporación municipal celebra mañá pleno ordinario ás 20 h
    - Tui realizou onte o acto central coa cidadanía do 25N "O Noso Corpo Campo de Batalla"
    - O Consorcio de Augas do Louro impulsa a dixitalización integral do ciclo da auga cun proxecto que supera os 3,5 millóns de euros
    - Este domingo celébrase na Catedral o "Concerto Centenario" liderado por Sara Areal e Samuel Diz
    - Máis de 700 atletas participarán este sábado na IX Urban Trail Night Eurocidade
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 25 de novembro de 2025
    Estas son as prinicipais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O acto coa comunidade escolar abre a conmemoración do 25N en Tui
    - Hoxe ás 18.30 h terá lugar na praza do Concello o acto central coa veciñanza deste Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
    - A corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario este xoves ás 20 h
    - A música protagonista do inicio da programación conmemorativa do 800 aniversario da consagración da Catedral
    - Play Doc abre a convocatoria para a súa 22ª edición a celebrar do 29 de abril ao 3 de maio de 2026
    - O cineclub Tui proxecta esta tarde "Te doy mis ojos" de Icía Bollaín
    -...
    28 min
  • Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade de Tui | 25N
    Hoxe 25N é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller. Conversamos coa concelleira de Igualde de Tui, Ana Núñez, sobre esta xornada e a programación "O noso corpo campo de batalla".
    Hoxe martes ás 18.30 h a praza do concello acollerá o acto central coa cidadanía.
    8 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 24 de novembro de 2025
    Estes son os principais titulares que recollemos en Noticias 13.30 h neste luns, 24 de novembro de 2025.
    - Este domingo ábrese o programa conmemorativo do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui
    - O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible inicia os estudos para prolongar o Eixe Atlántico de alta velocidade entre O Porriño e Portugal, cun contrato de 835 mil €
    - Esta madrugada rexistrouse un incendio nunha casa en Areas
    - Este venres ás 18.30 h na praza da Inmaculada acéndese o Nadal en Tui
    - O grupo ParTUIcipando reclamou o venres no no Parlamento Galego unha internet máis segura
    - Hoxe ás 19 h na praza da Inmaculada concentración en lembranza das mulleres vítimas de violencia machista convocada poola asociación de Mulleres Feministra Berra
    - Hoxe ás 20.30 h na praza da Inmaculada charla informativa "Verifactu, como adaptar o teu negocio con Holded" organizada por ACITUI
    - A tudense Leticia Diz vencedora do Trail do Trega e da Pontevedra Trail League
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 21 de novembro de 2025
    Estas son as noticias que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h neste venres, 21 de novembro.
    - Representantes do grupo de participación infantil e xuvenil Partuicipando acudiron hoxe ao XIII Foro de Participación Infantil e Adolescente Parlamento de Galicia-UNICEF no Parlamento Galego
    - Hoxe ás 19 h celébrase o acto "Tui coas mulleres de Gaza"
    - A Panadaría despídese mañá en Tui coa última función de "As que limpan"
    - O programa +Convivir chega mañá á tarde ao pavillón do IES San Paio
    - Verbena Sinfónica título do concerto solidario de Santa Icía da Banda de Música Popular de Tui e Antonio Barros
    - Os grupos de teatro Bule Bule e do Rosal actúan na XII Mostra Teatral Miguel Troncoso en Randufe
    - Outras citas
    - Deportes
    24 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 20 de novembro de 2025
    Neste xoves, 20 de novembro de 2025, estes son os principais titulares que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O pleno infantil de Tui debateu sobre os dereitos dixitais
    - O luns preséntase a programación conmemorativa do 800 aniversario da consagración da Catedral. Os Reis e o presidente da República de Portugal presidente o comité de honra.
    - O alcalde de Tui participando en Paris, coa Red de Juderías de España, nun encontro con máis de cen representantes institucionais, académicos e da sociedade civil europea.
    - O ciclo "Sobredo, 103 anos despois" prosegue ás 19.30 h coa presentación do libro "Os médicos tamén enferman" de Martiño Noriega
    - Play Doc presenta o cartel da súa XII edición e anuncia as datas de 2026 que serán do 29 de abril ao 3 de maio
    - Mañá celébrase o acto Tui coas mulleres de Gaza dentro do 25N
    - O programa +Convivir da Deputación Pontevedra chega este sábado a Tui con distintas propostas de actividades
    - A XII Mostra Teatral Miguel Troncoso prosegue esta fin de semana en Randufe
    - O CB Tui organiza un Campus de Nadal
    ...
    31 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…