Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Luns, 15 de decembro de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos hoxe luns en Noticias 13.30 h:
    - Reanudouse esta mañá a operación de busca dos tres tripulantes desaparecidos onte na zona da Insúa, na desembocadura do Miño, ao envorcar o pesqueiro portugués no que ían
    - Completamos con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, a rolda de conversas tras o pleno de novembro
    - O alcalde e o presidente da CHMS visitaron este mediodía a senda do río Caselas
    - Protección Civil de Tui recibiu o sábado na Estrada, na Academia Galega de Seguridade, a Medalla ao Mérito de Protección Civil na categoría de prata pola súa participación no Dispositivo Galego da Dina en Valencia en 2024.
    - Citas destacadas
    - Información deportiva
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 12 de novembro de 2025
    Estas son parte das novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A xuíza ordenou o ingreso en prisión do presunto autor da tentativa de atraco á estación de servizo en Guillarei
    - AECT do Río Minho aproba os orzamentos de 2026 por importe de 713 mil euros
    - Voluntarios de Protección Civil de Tui recibirán mañá unha placa pola súa participación no dispositivo galego tras a DINA en Valencia
    - Papa Noel visita esta tarde e mañá o Mercado de San Antonio.
    - A música protagonista desta tarde en Tui na programación de Nadal
    - Mercado de Nadal, Carrusel Infantil, a casa máxica da Fada do Aloia, o Belén de Mingos, e a Papanoelada moteira entre as citas da fin de semana en Tui
    - A tudense Alejandra Rusell presenta esta tarde o seu libro "El juego del escondite"
    - Taller de elaboración de piñatas mañá na aula da UNED, Teatro en Randufe, obradoiro de Herbolario en Caldelas, e Conto de Nadal forman parte das citas da fin de semana
    - Esta fin de semana celébrase o Torneo de Bádminton, Festival de Patinaxe e partido de baloncesto CB TUI - Porriño
    28 min
  • Ent. José Manuel Carpinteira, director AECT Río Miño e presidente Cámara de Valença - Orzamentos 2026 e Nadal
    A AECT do Río Minho vén de aprobar o Plano de Actividades e o Orzamento para 2026. O orzamento ascende a 713.500€, e no plano de actividades figuran distintos proxectos como a conclusión das Axendas Urbanas Transfronteirizas, o reforzo do Observatorio do Territorio e a necesidade de colocar temas como o 112 Transfronteirizo e a gobernación conxunta do río Miño na axenda dos dous Estados.
    Ao nivel das infraestruturas, o AECT sinala, entre outros, o inicio do proceso de travesía Friestas–Caldelas, reforzando a mobilidade suave e a conexión entre marxes ao longo do treito internacional.
    Así nolo contou hoxe José Manuel Vaz Carpinteira, director do AECT
    7 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 11 de decembro de 2025
    Estas son parte das novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h
    - Esta mañá pasou a disposición xudicial o veciño de Tui detido tras tentar presuntamente atracar unha estación de servizo en Guillarei o pasado martes
    - A AECT do Río Minho aproba os orzamentos de 2026 por importe de 713 mil euros
    - Recollemos a valoración do pleno ordinario de novembro con Nico Montes, voceiro do grupo municpal do Partido Popular
    - Hoxe ás 19.30 h no Espazo Sociocultural presentación do libro "Imaxinando o pasado: Tui 1225" de Pablo Álvarez Yáñez
    - Os coros escolares actuaron esta mañá no Teatro Municipal
    - Hoxe comeza a segunda quenda o Mercado de Nadal
    - Esta tarde preséntase en Tui a Asociación de Xubilados e Pensionistas de Galicia Sabia Vella
    - Xornada de portas abertas no club de lectura Laxe de Papel en Paramos con Samuel Merino hoxe ás 17 h
    - Deportes
    26 min
  • Ent. Diana Gonçalves - Presentación de "Resonancias" en SGAE en Corto en Madrid
    A curta documental “Resonancias” da tudense Diana Gonçalves está a participar en SGAE en Corto na Sala Berlanga en Madrid. Forma parte da coidada selección de 20 curtas que se están a proxectar estes días. Diana Gonçalves contounos como está a ser a acollida, lembrou que o retrato audiovisual que realiza en Resonancias e por onde continuará o percorrido do seu traballo.
    6 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 10 de decembro de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h:
    - Pablo Álvarez Yáñez reconstrúe o Tui de 1225 no libro que será presentado mañá xoves
    - Máis de 300 alumnos e alumnas participan mañá no II Certame de Coros Escolares no Teatro Municipal de Tui
    - As tres corais tudenses ofrecen este venres o concerto "O Camiño da Estrela: de Tui a Belén"
    - A Eurocidade Tui-Valença edita o seu calendario solidario de 2026
    - “Entre os muros do esquecemento” é o libro que o xornalista Juan de Sola Vollbrecht presentará hoxe ás 19.30 h na Aula da UNED de Tui
    - A curta “Resonancias” da tudense Diana Gonçalves está a participar en SGAE en Corto na Sala Berlanga en Madrid
    - Bádminton e Patinaxe esta fin de semana en Tui
    29 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…