Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Luns, 29 de decembro de 2025
    Estas son as novas que recollemos en Noticias 13.30 h
    - A A55 entre Vigo e Tui até a fronteirza portuguesa e a N-551 na contorna de Tui son dúas das vías nas que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable vai executar obras de conservación e mellora
    - Marta Cendón abordará mañá nunha conferencia como era a Catedral en 1225
    - A Árbore dos Desexos fixo realidade os soños de 82 nenos e nenas das familias á que axuda SOS Tomiño - Baixo Miño
    - Continúan as actividades do Camiño do Nadal en Tui
    - Dúas mil persoas participarán este mércores na IV San Silvestre Tudense
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 26 de decembro de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h
    - A música gran protagonista de programación de Nadal en Tui
    - A Banda de Música Popular de Tui e o grupo Píscore ofrecen hoxe ás 20.30 h no Teatro Municipal de Tui o Concerto de Fin de Ano
    - O Concerto de Nadal da orquestra Claxxon chega mañá sábado ao Espazo Sociocultural
    - Inscricións para a IV San Silvestre Solidaria de Tui, pechadas
    25 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 23 de decembro de 2025
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h
    - A música gran protagonista de programación de Nadal en Tui
    - Papa Noel visita hoxe e mañá o Mercado de San Antonio
    - As pandereteiras do Centro Sociocomunitario actúan ás 19 h na Corredoira
    - A Banda de Música Popular de Tui e o grupo Píscore ofrecen o venres ás 20.30 h no Teatro Municipal de Tui o Concerto de Fin de Ano
    - O Concerto de Nadal da orquestra Claxxon chega este sábado ao Espazo Sociocultural
    - O proxecto Caixason premiado en Xapón
    - Tui celebra o mércores 31 a IV San Silvestre Solidaria, o prazo de inscrición pecharase ao chegar ás 2 mil persoas inscritas
    24 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 22 de decembro de 2025
    Estas son as principais novas deste luns, 22 de decembro:
    - Repasamos o números premiados no sorteo Extraordinario de Nadal
    - O SEPRONA da Garda Civil de Tui e a GNR Portuguesa interviñeron 1.400 kgs de bivalvos na A3 en Valença
    - A instalación dun novo sistema de flotación no pantalán da rúa Olímpicos Tudenses entre as melloras de instalacións que o Concello de Tui realiza con fondos propios
    - A Cabalgata Internacional de Reis sairá o próximo 5 de xaneiro Cortinas de São Francisco, na Fortaleza de Valença e rematará na rúa Compostela. A recepción real será no Teatro Municipal
    - Papa Noel visita hoxe, mañá e o mércores o Mercado de San Antonio
    - Aínda quedan prazas para os obradoiros de Nadal da Biblioteca
    - Ás 17.30 h inaugúrase a exposición de Beléns do Mundo na Catedral
    - A San Silvestre tudense supera xa ás 1.500 persosa anotadas. A inscrición pecharase ao chegar aos 2000 participantes.
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 19 de decembro de 2025
    Estas son as principais novas deste venres, 19 de decembro de 2025:
    - O Concello de Tui destina 82 mil euros de fondos propios á mellora das instalacións deportivas municipais
    - Nove deportistas tudenses reciben a beca municipal pola súa participación en competicións internacionais neste 2025
    - Prosegue o Camiño do Nadal en Tui co Mercado de Nadal, Carrusel Infantil, A Fada do Aloia e Papa Noel no Mercado de San Antonio
    - O Concerto do alumnado do Conservatorio e da Escola de Músca e a actuación da Rondalla O Mosteiro poñen a banda sonora á fin de semana
    - Tui mantén a súa tradición belenística
    - O Ensemble Vocal Pro Música de Porto ofrecerá este domingo ás 18 h un concerto na Catedral
    - Citas de Nadal en Caldelas, Guillarei e Randufe esta fin de semana
    - Repasamos os partidos da fin de semana
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 18 de decembro de 2025
    Estas son as prinicipais novas deste xoves, 18 de decembro 2025
    - O proxecto de restauración do baluarte “Ángulo dos Demos” e o programa Unicidade 2023 son dous proxectos tudenses que onte coñeceu en Tui Comité de Seguimento Interreg España-Portugal POCTEP 2021-2027
    - O Conservatorio e a Escola de Música de Tui ofrecen mañá ás 20 h no Teatro a Sinfonía de Nadal
    - O luns inaugúrase a exposición de “Beléns do Mundo” e do Belén Monumental na Catedral
    - Mercadiño Solidario de Libros e Préstamos Sorpresa este Nadal na Biblioteca Municipal de Tui
    - A IV San Silvestre Tudense agarda reunir a 2 mil persoas o 31 de decembro
    - Esta tarde celébrase o Torneo de Nadal do CB Tui
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 17 de decembro de 2025
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h
    - A policía local investiga unha pelexa rexistrada na madrugada do sábado ao domingo na Porta da Pía na que un mozo perdeu unha parte da orella e tivo que ser trasladado a un centro hospitalario
    - Tui acolle a reunión anual de seguemento dos programas POCTEP
    - Case o 42% dos 100 mil peregrinos que realizaron este ano o Camiño Portugués sairon dende Tui
    - Repasamos as citas do Camiño de Nadal esta semana en Tui
    - Mañá preséntase a IV San Silvestre Tudense
    - O CB Tui celebra mañá o seu Torneo de Nadal
    25 min
  • Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo - O Camiño Portugués supera os 100 mil peregrinos
    O Camiño Portugués, do que Tui é a porta de entrada a Galicia, vén de superar os 100 mil peregrinos e peregrinas no que levamos deste ano 2025, segundo as estatísticas da Oficina do Peregrinos da Catedral de Santiago.
    A concelleira de Turismo, Ana Núnez, destaca que esta é unha extraordinaria noticia, destaca o papel estratéxico de Tui nesta vía xacobea, sendo o primeiro punto de partida deste Camiño a Santiago. Sinala coma estes datos reflicten o dinamismo do Camiño.
    19 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 16 de decembro de 2025
    Estas son as prinicipais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Unha escopeta do calibre 12, dous rifles, compoñentes de armas e cartuchería foron localizados pola Garda Civil no domicilio do detido tras o tento de atraco na gasolineira de Tui
    - Rematada a senda do Caselas cun percorrido de 1,3 kms e a restauración dos muíños do Medio e da Seña.
    - Tui acolle hoxe mañá a reunión do 5º Comité de Seguemento Interret España-Portugal POCTEP
    - O Camiño Portugués supera o 100 mil peregrinos este 2025. Valora estes datos a concelleira de Turismo, Ana Núñez
    - Citas de Nadal
    - Tui celebra o 31 de decembro a súa San Silvestre Solidaria
    30 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…