Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Xoves, 22 de xaneiro de 2026
    Estas son as prinicipais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Gran acollida a "Tui, Catedral de Historias" en FITUR
    - Este mediodía inaugurouse no Centro Sefarad en Madrid a exposición "Os sambenitos da catedral de Tui: historia, memoria e infamia"
    - O Xeodestino Galicia Suroeste presenta esta tarde en FITUR a súa campaña "Única"
    - Novo webinar da Cámara de Comercio baixo o título "“Detecta oportunidades de aforro de custes e esforzos na túa PEME”
    - Medio centenar de cadros integran a mostra "Acuarela" de José Jesús Blanco Pérez inaugurada onte á tarde na Sala Municipal
    - Hoxe xoves ás 18.30 h preséntase na sala Félix Rodríguez “La familia de las curanderas”, de Marisa Castro, novo título da colección de Literatura Accesible de Hércules.
    - A unidade móbil de doazón de sangue estará mañá venres e o sábado en Tui
    - Novas actividades de Amigos da Festa de Rebordáns
    - A Protectora Aloia recolleu en 2025 un total de 141 cans, 33 regresaron cos seus donos, e 101 foron adoptados
    -...
    24 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Fitur 2026
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorou esta mañá a presentación de "Tui, Catedral de Historias" que onte tivo lugar en FITUR cunha gran acollida. Referiuse tamén as próxima citas que terán en Madrid tanto hoxe coa inauguración da exposición sobre os Sambenitos da Catedral, coma mañá, e aos encontros que teñen previstos.
    6 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 21 de xaneiro de 2026
    Estas son parte das novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h:
    - O TSXG estima o recurso dunha veciña e de familares dos falecidos pola explosión de Paramos. O presidente da Asociación de Afectados fixo unha primeira valoración na nosa sintonía
    - As persoas usuarias de prazas de garaxe na zona azul deberán rexistrar a matrícula dos seus vehículos no concello e aínda non o fixeron. A ordenanza entrará en vigor o 11 de febreiro, e o rexime sancionar o 11 de marzo
    - Tui promocionase turísticamente en Madrid coa campaña Tui, Catedral de Historias
    - Os Sambenitos da Catedral protagonistas en Madrid até o 4 de febreiro
    - José Jesús Pérez inaugura ás 19.30 h a exposición Acuarelas na Sala Municipal en Tui
    - Mañá ás 19.30 h preséntase na sala Félix Rodríguez “La familia de las curanderas”, de Marisa Castro, novo título da colección de Literatura Accesible
    - Deportes
    28 min
  • Ent. Salvador García, Asociación de Afectados de Paramos - Sentenza TSXG
    O próximo mes de maio cumpriranse 8 anos da explosión rexistrada no barrio da Torre en Paramos de material pirotécnico almacenado clandestinamente.
    Este tema segue aberto en vía xudicial. Onte dábase a coñecer a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tras os recursos presentados á sentenza dictada pola Audiencia Provincial en 2024.
    Salvador García, presidente da Asociación de Afectados, facía hoxe unha primeira valoración, a falla de estudar a sentenza ao completo.
    6 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 20 de xaneiro de 2026
    Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h neste martes, 20 de xaneiro de 2026:
    - O 11 de febreiro entrará en vigor a ordenanza reguladora do Sistema de Control de Matrícula por cámaras do acceso de vehículos en Zona Azul e o 11 de marzo comezará o rexime sancionador
    - Tripla cita de Tui en Madrid esta semana
    - Mañá dende ás 7 h non se poderá estacionar nun tramo do Paseo Fluvial por labores de poda
    - Até este venres desenvólvese a segunda fase da etapa formativa de VENTURA
    - O BNG do sur da provincia reuniuse en Tui para traballar en propostas e alternativas municipais
    - ACITUI aspira a ser Centro Comercial Aberto para o que precisa incrementar o número de asociados no centro urbano
    - O Cineclub Tui proxecta hoxe "El 47"
    -...
    27 min
  • Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - XI Semana da Educación
    María Couso, Enric Armengou, David Pastor e Miriam Al Abid serán os catro poñentes que este ano van participar na XI Semana da Educación de Tomiño. Será do 9 ao 12 de febreiro, ás 19 h, no Auditorio de Goián. O eixo das conferencias será obenestar social e a saúde mental en infancia e mocidade como explicaba a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.
    A inscrición, gratuíta, pode facerse no formulario disponible la web do Concello de Tomiño. Contarán con servizo de canguraxe previa solicitude.
    8 min
  • Noticias 13.30 h |Venres, 16 de xaneiro de 2026
    En Noticias 13.30 h estas son as prinicipais novas que recollemos neste venres 16 de xaneiro:
    - Tui leva a FITUR a campaña "Tui, Catedral de Historias"
    - Os médicos e médicas do Centro de Saúde de Tui reclaman que se cubran de forma inmediata as prazas vacantes
    - O IV Plan de Igualdade do Concello de Tui recolle nove eixos de actuación
    - A XI Mostra da Camelia Cidade de Tui celébrase esta fin de semana no Claustro da Catedral
    - A rondalla O Mosteiro de Pexegueiro participa mañá no Concurso de Rondallas no IFEVI
    - Citas da fin de semana
    - A Regata Miño Internacional contará mañá coa participación de 24 clubs
    - Os partidos da fin de semana
    27 min
  • Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade | IV Plan de Igualdade
    O IV Plan de Igualdade do Concello de Tui establece, a través de nove eixos de actuación, as liñas a seguir nos próximos anos para avanzar nunha igualdade real. Dá continuidade ao III Plan que se executou nun 87%. O novo documento recibiu o apoio unánime da corporación en pleno.
    A concelleira de Igualdade, Ana Núñez, explicou que significa para o Concello de Tui contar con este IV Plan, fixo balance do anterior, e deu conta das liñas de traballo.
    8 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 15 de xaneiro de 2026
    Estes son as prinicipais novas que neste xoves, 15 de xaneiro, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui acolle á presentación do programa “Intervención do farmacéutico en materia de violencia” para as farmacias do Baixo Miño
    - A familia do tudense Manuel Fernández Diz atopado na fosa común de Soutelo visita estes días Tui
    - O PRC Vigo Club Audi Galicia celebra este domingo o seu oitavo aniversario en Tui
    - 12 clubs españois e 12 portugueses participan o sábado na 45 Regata Miño Internacional presentada esta mañá
    - A San Silvestre Tudense recadou 3.500 euros para a AECC
    - Os tudense Roque Estévez, Lía Salvado e Nicolás Rodríguez contáronnos a súa experiencia do CESA 2026 de balonmán
    25 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…