Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Mércores, 4 de febreiro de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Atraco nun establecemento de telefonía esta mañá no centro urbano de Tui
    - Precaución nas beiras do Miño ante a subida do nivel do río
    - O paro subiu en 56 persoas en xaneiro no Baixo Miño até os 2.506 demandantes de emprego
    - En xaneiro chegaron a Santiago 2.520 peregrinos dos que 582 realizaron o Camiño Portugués e 161 saíron dende Tui
    - Rock and roll en galego este venres no Teatro Municipal con A Banda dos Insectos
    - Este venres preséntase o libro “Crónicas transatlánticas. De cinza e sal” de Bieito Alonso en Tui
    - Obradoiro de maxia este sábado en Caldelas
    - O Trail do Aloia abre esta fin de semana o calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença
    26 min
  • Ent. Serafín Martínez, organizador | Esta fin de semana celébrase o Trail do Aloia
    Esta fin de semana celébrase o Trail do Aloia. Unha proba deportiva que completou xa as prazas tanto na distancia curta de 12 kms coma na longa de 20kms. Permanece aberta a inscrición para as categorías infantis que terán lugar o sábado á tarde.
    Así nolo contou Serafín Martínez, membro da organización do Trail do Aloia, explicando as condicións que haberá esta fin de semana e tamén o auxe que experimenta esta modalidade deportiva.
    6 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 3 de febreiro de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Catorce eventos de dez modalidades deportivas conforman o Calendario Deportivo da Eurocidade Tui-Valença presentado esta mañá
    - O Congreso Internacional Eurocidade-Educación da paso a unha investigación sobre sesgos e IA
    - O Punto Limpo Móbil do Concello de Tui inicia en Pexegueiro o seu percorrido polas parroquias
    - A Banda dos Insectos estará en concerto este venres no Teatro Municipal de Tui
    - O Cineclub Tui proxecta hoxe "A voz de Hind”
    - Concentración hoxe ás 20 h na praza da Inmaculada tras o feminicio de Mos convocada pola Marcha Mundial das Mulleres
    - Esgotadas as prazas para os 12 kms e o 20 kms para o Trail do Aloi aeste domingo. Permance aberta a inscirción para a proba infantil do sábado
    27 min
  • Ent. Manuel Ángel González, presidente Club Remo do Miño | Mellor club galego no Campionato de Longa Distancia de Remo
    O Club Remo do Miño foi o mellor club no Campionato Xunta de Galicia de Longa Distancia de Remo Olímpico celebrado esta fin de semana. Os deportistas do club Remo do Miño lograron 7 medallas de ouro, 3 de prata e 2 de bronce. Amais 16 deles foron convocados pola Federación Galega para participar no Campionato de España por Autonomías.
    Valoraba este campionato o seu presidente Manuel Ángel González.
    5 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 2 de febreiro de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe luns recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Este mediodía gardouse en minuto de silencio na praza do Concello en sinal de respulsa polo asasinato de María Belén onte en Mos
    - A educación converteuse esta fin de semana no punto de encontro da Eurocidade Tui-Valença coa celebración do II Congreso Internacional Eurocidade e Educación
    - Samuel Diz e Jonatan Alvarado interpretarán un repertorio inédito de Gustavo Durán o venres 13 no Teatro Municipal de Tui
    - A Eurocidade Tui-Valença celebra o seu 14º aniversario este sábado cun concerto da Academia de Música da Fortaleza de Valença e do Conservatorio Profesional de Música de Tui
    - O cineclub Tui abre a programación de febreiro coa proxección de "A voz de Hind"
    - O Club Remo do Miño foi o mellor club galego no Campionato Xunta de Galicia de Longa Distancia de Remo Olímpico celebrado esta fin de semana. Logrou 7 medallas de ouro, 3 de prata e 2 de bronce
    34 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 30 de xaneiro de 2026
    Estas son as prinicipais novas que recollemos en Noticias 13.30 h
    - O voto de calidade do alcalde permitiu onte a aprobación da modificación da RPT en pleno
    - Aprobada por unanimidade a Ordenanza reguladora dos criterios de adxudicación, normas de funcionamento e utilización das vivendas sociais municipais en Caldelas
    - Repasamos os outros acordos tomados onte en pleno en Tui
    - O PP presenta recurso contencioso administrativo á ordenanza de control da zona azul mediante cámaras. O alcalde afirma que cumpre a legalidade e avanza que se personarán no proceso
    - O transporte no Baixo Miño foi onte protagonista en Comisión no Parlamento con dúas PNL de PSOE e BNG que foron rexeitadas polo PP
    - Hoxe comeza o congreso de educación da Eurocidade Tui-Valença
    - Cita da fin de semana
    - Deportes
    30 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Zona Azul
    Tras o anuncio do PP de Tui, da presentación dun recurso contencioso administrativo contra a ordenanza que regula o control da zona azul mediante cámaras, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou que se personarán nese proceso formulando as alegacións que sexan pertinentes defendendo o posicionamento do goberno local dende a convicción de que ese proxecto cumple coa normativa vixente en materia de videovixilancia de zonas de aparcamento.
    Sinalou o alcalde que a ordenanza cumple a legalidade. Engadiu que optaron por un sistema automático, eficaz e eficiente. Contestaba ao PP indicando que o custe do sistema é de 90 mil euros.
    8 min
  • Ent. Nico Montes, voceiro do PP - Recurso á ordenanza de control da zona azul mediante cámaras
    O Partido Popular de Tui presentou un recurso contencioso-administrativo contra a ordenanza municipal que regula o control do estacionamento mediante cámaras de videovixilancia.
    O PP considera que esta medida é innecesaria, custosa e lesiva para os dereitos da veciñanza. Solicitan amais a suspensión cautelar da aplicación da ordenanza mentres non haxa un pronunciamento xudicial. Asi o explicou o seu voceiro, Nico Montes.
    7 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 29 de xaneiro de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Ás 20 h sesión plenaria da corporación municipal de Tui que se poderá seguir en directo na nosa sintonía
    - O PP de Tui presenta un recurso contencioso administrativo contra a ordenanza que regula o control do estacionamento mediante cámaras de videovixilancia
    - Cortado un tramo da Avenida da Concordia por unha rotura nunha tubaxe de gas (Actualización: reestablecida a circulación ás 14.28 h)
    - A educación centra mañá e pasado o congreso internacional da Eurocidade
    - A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui da a coñecer a situación actual no Centro de Saúde de Tui e convida a participar na manifestación do domingo en Santiago
    - O barroco na Catedral de Tui centra esta tarde a conferencia de Miguel Taín en Tui
    - A doutora Carmen Rodríguez Cerdeira presenta mañá un libro sobre psicodermatoloxía centrado na excoriación
    - Hoxe abriu a inscrición no desfile-concurso de Entroido en Tui
    - O equipo infantil do CB Tui xoga na fin de semana a fase de ascenso á Liga Galega
    32 min
  • Ent. Manuel Arca da Policía Local - Rotura dunha tubaxe de gas
    Debido a a rotura dunha tubaxe de gas, como medida de precaución, neste momento está cortado ao tráfico o tramo da Avenida da Concordia dende o cruzamento cara a estación do tren e a rotonda que comunica coa rúa Martínez de Sobredo
    Manuel Arca, da Policía Local de Tui, explicou en Noticias 13.30 h que neste vial rexistrouse un accidente e un vehículo colidiu coa tubaxe. Policía Local, Bombeiros, e técnicos traballa no lugar.
    3 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…