Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Ent. Nuria Garabal, directora CEIP nº1 - Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2025
    O CEIP nº1 vén de ser recoñecido co 1º Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2025.
    A súa directora Nuria Garabal explica que este galardón é un recoñecemento ao traballo que levan desenvolvido durante anos no centro educativo crendo nas capacidade de todas as persoas que forman a comunidade educativa. Un traballo que é o día a día neste centro tudense. Facía fincapé na importancia dos recursos humanos.
    5 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 28 de xaneiro de 2026
    Estas son as principais novas deste mércores, 28 de xaneiro de 2026.
    - Tui e Salvaterra comeza a execución do proxecto "Cultura compartida" que obtivo 4,3 millóns de fondos europeos
    - A corporación municipal de Tui celebra mañá pleno ordinario
    - O CEIP nº1 primeiro Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2025
    - A violista tudense membro da Orquestra Filarmónica de Berlín ofrecerá esta semana dous concertos coa Real Filarmonía de Galicia coma solista
    - Mañá xoves conferencia do catedrático Miguel Taín sobre o barroco da Catedral de Tui
    - Este venres presentación do libro “Claves diagnósticas y terapéuticas en el trastorno de excoriación” da doutora tudense Mª del Carmen Rodríguez Cerdeira
    - Mañá abre a inscrición para o Desfile-Concurso de Entroido en Tui que cambia de percorrido
    -...
    27 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui |Proxecto Tui-Salvaterra Cultura Compartida
    O Concello de Tui e o Concello de Salvaterra de Miño, celebraron a primeira reunión de coordinación para a posta en marcha do Plan de Actuación Integrado do proxecto "Tui–Salvaterra Cultura Compartida”. Suporá o investimento de 7,2 millóns de euros dos que 4,3 millóns procederán de fondos FEDER.
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosaba a súa satisfacción pola consecución destes fondos europeos que serán investidos integramente nas parroquias. Destacaba a colaboración co concello de Salvaterra, e coma o proxecto conxunto que presentaron foi o terceiro galego con mellor valoración. Detallaba as actuacións que van realizar en Tui.
    9 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 27 de xaneiro de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Precaución pola subida do caudal do río Miño e os seus afluentes tras as intensas choivas das últimas horas
    - Repasamos as incidencias deixadas polo temporal
    - A corporación municipal de Tui celebra este xoves pleno ordinario
    - Os valores democráticos e a IA centran o II Congreso de Educación da Eurocidade
    - O CEIP nº1 obten o 1º premio de Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2025
    - A violista tudense membro da Orquestra Filarmónica de Berlín ofrecerá esta semana dous concertos coa Real Filarmonía de Galicia coma solista.
    - Conferencia de Miguel Taín sobre o barroco da Catedral de Tui
    - Hoxe celebrouse a Romaría de San Xulián
    - O Cineclub Tui proxecta Os 400 golpes de François Truffaut
    ...
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 26 de xaneiro de 2026
    Estas son parte das novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Atopados restos romanos nas catas arqueolóxicas da praza do Pracer
    - A concelleira de Turismo destaca a participación de Tui en FITUR cunha campaña propia
    - A Eurocidade Tui-Valença celebra este venres e sábado o II Congreso de Educación
    - Artistas locais protagonistas da programación en febreiro no Teatro Municipal con música, danza e teatro
    - Mañá celébrase San Xulián no Monte Aloia
    - Dolores Solleiro cumpriu 102 anos
    - Deportes
    27 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Balance da participación en FITUR 2026
    Por vez primeira o concello de Tui presentou a súa campaña de promoción turística no estand de Turespaña en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, en Madrid. Foi este mediodía con "Tui, Catedral de Historias". Este feito foi destacado polo alcade, Enrique Cabaleiro, no balance da participación en FITUR 2026. Máis aló das presentación referiuse tamén aos contactos mantidos estes días, entre outros co ourperador TUI, e a inauguración da exposición sobre os sambenitos que está a espertar moito interese. Así o contou en Noticias 13.30 h.
    8 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 23 de xaneiro de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe venres recollemos en Noticias 13.30 h
    - Tui presentou por vez primeira a súa campaña turística no estand de Turespaña en Madrid
    - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, realizou un balance positivo da participación en FITUR
    - Galicia Suroeste presentou onte en FITUR a súa campaña Única
    - O Teatro Municipal de Tui acollerá catro espectáculos de música, danza e teatro os venres do mes de febreiro
    - A Asociación Callejeriños Tudense atende 15 colonias
    - A escritora tudense Almudena Solana vén de publicar a súa quinta novela “Viaje a la ausencia”
    - O próximo martes celébrase a Romaría de San Xulián no Monte Aloia, con misas ás 10 h, e a solemne ás 12 h presidida polo bispo da diocese
    - A unidade móbil de doazón de sangue está hoxe e mañá en Tui
    - Campionato de futbolín mañá en Rebordáns
    - Repasamos os partidos da fin de semana
    32 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…