Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Ent. Sandra González, presidenta de Galicia Suroeste - Presentación da campaña Única
    O xeodestino Galicia Suroeste, formado por 14 concellos entre os que están os cinco do Baixo Miño, presentou hoxe a campaña "Única" coa que participará a próxima semana en FITUR.
    Sandra González, presidenta de Galicia Suroeste e alcaldesa de Tomiño, avanzaba que esta campaña será a carta de presentación dun territorio cunha ampla e variada oferta, visibilizando este entorno único.
    Avanzaba tamén o traballo previsto para este 2026 en Galicia Suroeste.
    6 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 14 de xaneiro de 2026
    Estes son os titulares das prinicpais novas deste mércores 14 de xaneiro que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O Xeodestino Galicia Suroeste presenta a campaña turística "Única"
    - O actual edificio do Museo Diocesano transformarase para converterse na sede do Arquivo Histórico Dicoesano e Catedralicio
    - Protección Civil de Tui realizou en 2025 un total de 263 operativos
    - Valentín Carrera gañador do I Premio Altaïr de Literatura de Viaxes cun libro de viaxes sobre Rosendo Salvado
    - Novas actividades formativas comezarán a próxima semana na Aula da UNED de Tui
    - ...
    27 min
  • Noticias 13.30 h| Martes, 13 de xaneiro de 206
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A Diócese de Tui-Vigo licita a reforma do Arquivo Histórico Catedralicio e Diocesano por case 3 millóns de euros
    - España e Portugal asinarán un acordo para a limpeza do río Miño no próximo Cumio Hispano-Luso
    - Valentín Carrera gañador do I Premio Altaïr de Literatura de Viaxes cun libro de viaxes sobre Rosendo Salvado
    - A Cámara de Comercio de Tui ofrece este xoves o webinar 'Do Kit Digital ao kit de propósitos: resumo rápido para afrontar 2026 coa túa empresa dixitalizada'.
    - O próximo xoves 22 inaugurarase en Madrid unha exposición sobre os Sambenitos de Tui
    - XI Mostra da Camelia Cidade de Tui reunirá a 75 expositores na fin de semana no Claustro da Catedral de Tui
    - ACITUI fai balance positivo da campaña de Nadal e avanza as liñas de traballo para 2026
    - O Cineclub Tui proxecta hoxe martes 'Fellini, oito e medio', obra mestra do cinema
    - Dezaseis deportistas do Club Remo do Miño convocados pola Selección Galega
    - Aberta a inscrición paa o Trail do Aloia
    - Adela, nova centenaria de Tui, celebrou onte o seu 100 cumpreanos
    26 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 12 de xaneiro 2026
    Estas son as prinicpais novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h
    - Tui continúa dando pasos para ser recoñecida este ano como Cidade Amiga da Infancia
    - O Concello de Tui estuda a mellora da Biblioteca Municipal que superou os 20 mil préstamos en 2025, e a creación dunha Sala de Estudo
    - O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou o sábado a tenda Porta da Pía, onde anunciou a convocatoria de axudas para o pequeno comercio
    - 75 expositores de Galicia, Asturias e Portugal participan esta fin de semana na XI Mostra da Camelia Cidade de Tui
    - Concentración hoxe ás 20 h na praza da Inmaculada convocado pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina
    - Resultados deportivos da fin de semana
    27 min
  • Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo e Patrimonio - Datos Camiño Portugués 2025
    Máis de 100 mil peregrinos e peregrinas realizaron en 2025 o Camiño Portugués a Santiago, e deste total 41 mil saíron dende Tui, segundo os datos da Oficina de Atención ao Peregrino da Catedral de Santiago.
    A concelleira de Turismo e Patrimonio de Tui, Ana Núñez, valorou estes datos, e se referiu aos obxectivos para 2026, tanto no que respecta ao Camiño Portugués coma ao turismo.
    12 min
  • Noticias 13.30 h |Venres, 9 de xaneiro de 2026
    Estas son as principais novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h
    - O Camiño Portugués superou os 100 mil peregrinos en 2025. Máis de 41 mil saíron dende Tui
    - A concelleira de Turismo, Ana Núñez, valora os datos do Camiño Portugés e avanza as liñas a seguir en 2026
    - A Biblioteca Municipal entrega mañá os diplomas aos seus lectores e lectoras de honra
    - A Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro será unha das 17 agrupacións que participen este domingo no Certame de Rondallas do Porriño
    - Repasamos os partidos da fin de semana en fútbol, fútbol sala, balonmán e baloncesto
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 8 de xaneiro de 2026
    Estas son as principais novas deste xoves, 8 de xaneiro de 2026 que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui avanza no traballo para ser recoñecida por UNICEF coma Cidade Amiga da Infancia
    - Máis de 200 libros en préstamo levou o lector infantil máis asiduo á Biblioteca Municipal de Tui en 2025, e máis de 100 a persoa adulta que máis libros retirou. Este sábado recibirán os seus diplomas
    - A XI Mostra da Camelia Cidade de Tui celebrarase o sábado 17 e domingo 18 de xaneiro
    - O xoves 15 ás 10 h webinar "Curso do kit dixitial ao kit de propósitos resumen rápido para afrontar 2026 coa túa empresa dixitalizada"
    - Roque Estévez subcampión de España coa Selección Galega Xuvenil, Nicolás Rodríguez 4º coa Selección Infantil, e Lía Salvado 8ª coa Selección Xuvenil no CESA 2026
    - Aberta a inscrición para a Ultreia 2026 que se vai celebrar o domingo 12 de abril
    -...
    23 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 7 de xaneiro de 2026
    Estas son as prinicipais novas deste mércores, 7 de xaneiro de 2026, que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui é candidata a Cidade Amiga da Infancia de UNICEF
    - A Biblioteca Municipal tudense entrega este sábado os diplomas aos lectores de honra de 2025
    - Miles de persoas recibiron aos Reis Magos na Eurocidade Tui-Valença
    - A próxima semana comezan novos cursos na Aula da UNED de Tui
    - Repasamos as citas que chegan nestes primeiros meses de 2026
    25 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 5 de xaneiro de 2026
    Estas son as prinicipais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O Baixo Miño pechou 2025 con 2.675 desempregados, 63 máis que en novembro
    - 41.646 peregrinos e peregrinas saíron de Tui percorrendo o Camiño Portugués a Santiago
    - Os Reis Magos reciben xa pola mañá aos nenos e nenas no Teatro Municipal de Tui
    - Ás 17 h ES Sairá de Valença a Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade Tui-Valença que rematará na rúa Compostela. Logo volverá a recepción real ao Teatro
    - O Mercado de Nadal abre de forma ininterrompida até ás 20 h na súa derradeira xornada
    - A Fada do Aloia está hoxe na súa casa máxica na Corredoira
    - Repasamos os datos das Cabalgatas de Reis na comarca
    - Os xogadores tudenses Lía Salvado do Carballal, e Nico Rodríguez Roque Estévez do Balonmán Tui compiten coas Seleccións Galegas no CESA 2026
    23 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 2 de xaneiro de 2026
    Estas son as principais novas da actualidade deste venres, 2 de xaneiro, de 2026:
    - A Policía Local de Tui incrementou a súa actividade policial para garantir a seguridade vial e a convivencia veciñal durante as festas
    - 100.835 peregrinos e peregrinas realizaron o Camiño Portugués en 2025. 41.646 saíron dende de Tui
    - Todo preparado na Eurocidade Tui-Valença para a Cabalgata Internacional de Reis
    - O Mercado de Nadal ofrece até o luns artesanía, gastronomía, agasallo...
    - A Rondalla Santa Eulalia de Mos actúa o domingo ás 18 h na Corredoira
    - Os coros do CEIP de Pazos de Reis, Lúa do CEIP nº2 e Santiago Apóstol de Redondela participan o domingo no XXV Concurso de Panxoliñas na Catedral
    - ...
    27 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…