Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Luns, 23 de febreiro de 2026
    Estas son as prinicipais novas que hoxe, luns 23 de febreiro, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Poesía e música para celebrar o Día de Rosalía en Tui
    - Preto de 900 alumnos e alumnas asisten mañá en Tui a dúas representación do Festival de Teatro Grecolatino
    - O cineclub Tui proxecta mañá 'Xogos prohibidos' de René Clément
    - Podio para o Kaiak Tudense no Campionato Galego Xunta de Galicia de K1 e C1, cun ouro por equipos na categoría feminina e o bronce na masculina
    - ...
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 20 de febreiro de 2026
    Estas son parte das prinicipais novas deste venres, 20 de febreiro, que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A Cámara de Comercio de Tui en aberto o prazo de presentación de propostas para a rehabilitación do edificio da antiga alfándega que suporá un investimento de preto de 1,7 millóns de euros
    - Tui prepárase para vivir unha fin de semana de Entroido co Desfile-Concurso e o Enterro do Bacallau. Deunos todos os detalles a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente
    - O IES Indalecio Pérez recoñecido co terceiro premio Innovagal polo seu proxecto "Escola de talento: Trax II"
    - Hoxe ás 19 h espectáculo de danza "O arcón de Noa" cona Cia Amarelo no Teatro Municipal
    - O martes comeza en Tui o Festival de Teatro Grecolatino con preto de mil alumnos e alumnas
    - O Club Kaiak Tudense vai participar con 40 paxeiros esta fin de semana no Campeonato Galego Xunta de Galicia K1/C1 5000 metros
    - O Club Piragüismo Penedo acode esta fin de semana á 1º Copa de España de Slalom Olímpico
    - Repasamos os encontros da fin de semana
    29 min
  • Ent. Teresa Amado SEEC Galicia - Festival de Teatro Grecolatino
    Máis de 900 alumnas e alumnas de distintos institutos galegos van asistir o próximo martes no Teatro Municipal á representación de “Helena” de Eurípides, e “Cásina” de Plauto, dentro do Festival de Teatro Grecolatino.
    Teresa Amado, membro da organización da Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos, SEEC Galicia, explicaba as característricas deste festival, e porque Tui é unha das sedes onde se celebra.
    5 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 19 de febreiro de 2026
    Estas son parte das novas que neste xoves, 19 de febreiro, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O alcalde de Tui abordou co delegado do Goberno en Galicia a solicitude do Concello para optar ás axudas do programa do 2% Cultural para rehabilitar o Teatro Principal de Tui
    - A Compañía Amarelo presenta mañá no Teatro Municipal de Tui o espectáculo de danza "O arcón de Noa"
    - Até o 27 deste mes pódese vistiar a exposición "Acuarelas" de José Jesús Blanco Pérez na Sala Municipal de Exposicións
    - O Punto Limpo Móbil do Concello de Tui está esta semana en Randufe
    - Aberta a inscrición para a Eurocidade BTT que ten até este domingo prezo especial
    ..
    25 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 18 de febreiro de 2026
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h neste mércores, 18 de febreiro de 2026:
    - Por labores de pintado mañá non se poderá estacionar en varios tramos da rúa Maristas
    - O Concello de Tui solicitou ante os organismos competentes a declaración de ilexitimidade e nulidade dos xuízos e sancións ditados por motivos políticos, ideolóxicos, ou de conciencia durante a ditadura a 137 persoas naturais de Tui
    - A Consellería de Educación sinala sobre a reforma integral do CEIP de Pazos de Reis que “a Xunta reitera o seu compromiso con esta intervención, que figura na programación do Plan de nova arquitectura pedagóxica 2025-2028”
    - A execución do tramo da AG-42 entre o parque empresarial de Areas e a Po-350 avanza a bo ritmo segundo os deputados populares Moisés Rodríguez e Julio García Comesaña que visitaron as obras
    - A compañía Amarelo presenta este venres "O Arcón de Noa" no Teatro Municipal de Tui
    - Hoxe é festivo local en Valença, que celebra a festividade de San Teotonio
    - ...
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 16 de febreiro de 2026
    Estas son as prinicipais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O Concello de Tui apraza o seu desfile-concurso de Entroido para o sábado 21
    - Completamos con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, a rolda de entrevistas tras o pleno ordinario de xaneiro
    - A Cámara de Comercio saca a licitación a obra do edificio da Avenida de Portugal. O xoves haberá unha visita ao inmoble para as empresas interesadas
    - Hoxe luns 16 abre o prazo de presentación de solicitudes para a montaxe de postos e atraccións nas festas de San Telmo 2026
    - A administración electrónica, os certificados dixitais, a banca en liña e BIZUM, ou dar a coñecer o teu negocio centrarán en marzo as Xornadas Formativas no Centro Municipal de Formación e Emprego do Concello de Tui
    - Repasamos as celebracións do Entroido 2026
    - O padeeiro do Club Kaiak Tudense, Oscar Graña, foi galardonado co Loureiro Olímpico polo Comité Olímpico Español (COE).
    - Pedro Areal Abreu, padexeiro tudense, recibiu o premio Lenda Masculina 2025 na Gala Nacional de Piragüismo
    -...
    33 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 13 de febreiro de 2026
    Estas son as principais novas que neste Día Mundial da Radio recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A estrada EP 3001 en Rebordáns estivo cortada ao longo da mañá por un desprendemento de terra que ocasionou a caída un poste eléctrico
    - A concelleira de Ensino de Tui, Sonsoles Vicente, reclama á Xunta de Galicia un compromiso firme para a reforma integral do CEIP de Pazos de Reis
    - O PP de Tui esixe ao goberno municipal que garanta o axeitado funcionamento do servizos de recollida de lixo tras o incremento
    - Estrea de "El mal del L'Amor" de Gustavo Durán hoxe no Teatro Municipal co concerto de Samuel Diz e Jonatan Alvarado
    - Ás 20 h preséntase no Espazo Sociocultural o libro "Vamos a Santiago" de Luis Ferreira
    - Tui celebrará o martes o seu desfile-concurso cun novo percorrido
    - Repasamos as celebracións do Entroido na comarca
    - Deportes
    35 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…