Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Martes, 17 de marzo de 2026
    Estas son as principais novas que neste martes, 17 de marzo, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O Teatro Municipal de Tui acolle este venres o concerto de jazz a cargo de Christopher Pérez Quarte dentro do 800 aniversario da Consagración da Catedral
    - A Catedral de Tui acollerá novos concertos dentro do IV Ciclo de Música Antiga AI Ondas e 800 pes
    - En maio instalaranse 110 tubos no órgano barroco da Catedral de Tui co que incorporará 4 novos rexistros sonoros
    - A Eurocidade Tui-Valença celebra o venres o Día Mundial da Saúde Oral
    - O Cineclub Tui proxecto hoxe "Mulleres calvas". Na sesión das 18.30 h haberá un coloquio coa asociación Apelo
    - ...
    24 min
  • Ent. Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Tui - 34 anos de actividade
    En 1992 nacía en Tui a Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Tui. Coindindo co seu 34 anivesario recibiron un recoñecemento por estas décadas de traballo no acto central conmemorativo do 8M en Tui.
    Coñecemos como foron estes anos de actividade con Rocío Gómez, actual presidenta, Rosa Ramírez, Mª del Carmen Martínez e Victoria Méndez, que forman parte da directiva, e con Rita Núñez que foi a primeira presidenta.
    A Asociación conta na actualidade con 230 persoas asociadas. Dende a actual directiva fan un chamamento a que un grupo lles dea o relevo senón no mes de xuño cesarán na súa actividade.
    37 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 16 de marzo de 2026
    Estas son as principais novas que neste luns, 16 de marzo, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Ñu actuará o domingo 5 de abril nas festas de San Telmo dentro de xira do seu 50 aniversario
    - Tui recibirá 101 mil euros do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais
    - Este venres, 20 de marzo, remata o prazo para enviar as películas que desexen participar no Festival Internacional de Cinema de Tui, Play Doc.
    - Alumnado do CEIP nº1 de Tui participa na Spring Week
    - Concerto de Christopher Pérez Quartet este venres no Teatro Municipal
    - Hoxe ás 19.30 h no Local do Sindicato en Malvas derradeira charla informativa sobre prevención de incendios forestais e faixas secundarias
    - O Punto Limpo Móbil está esta semana en Ribadelouro
    - Aínda quenda prazas para as visitas á EDAR de Guillarei deste domingo
    - Proxección de Mulleres Calvas e coloquio mañá no Cineclub Tui
    - O 1 de abril abre a inscrición para as Galimpiadas que se celebrarán o 12 e 13 de xuño
    - Rodrigo Conde do Remo do Miño ouro en 1x no Open de Primavera, e Javier Romero e Borja Núñez, bronce en 2- xuvenil
    - O Club Kaiak Tudense foi cuarto por clubs esta fin de semana no Campionato de España de Inverno de Sprint en Sevilla
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 13 de marzo de 2026
    Estas son as principais novas que recollemos hoxe venres, 13 de marzo, en Noticias 13.30 h:
    - La Fuga e Puño Dragón abriran en concerto as festas de San Telmo en Tui
    - Tui recibirá 100 mil euros do programa +Provincial para as festas de San Telmo
    - A Guarda Civil desmantelou un punto de venda de estupefacientes en Tui
    - Vinte mulleres presentan mañá ás súas creacións no II Mercado Elas Facedoras, que contará con mesa redonda, concertos e monólogo con Sobria&Serena
    - Parar la Guerra convoca unha concentración mañá ás 12 h na praza da Inmaculada co lema “Temos que deter a guerra en Oriente Medio. Non esquezamos Gaza”
    - Hoxe ás 19.30 h no Cenro Cultural de Areas charla informativa sobre prevención de incendios e faixas secundarias
    - Segunda fin de semana da ruta Tú-y D'Tapas en Tui, cun domingo con sorte e postos na rúa Compostela
    - O IV Ciclo de Música Antiga Ai Ondas comeza mañá ás 19 h cun concerto na Catedral de Tui
    - Citas nacionais en piragüismo e remo esta fin de semana
    - O Pavillón do IES San Paio acolle mañá un Máster Territorial N6 de Bádminton
    -...
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 12 de marzo de 2026
    Estas son as prinicpias novas que neste xoves, 12 de marzo, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A artista galega Luz Beloso é a autora do Cartel do 8M do concello de Tui e da imaxe do mercado Elas Facedoras
    - As artesáns Amalia Puga, Verónica Moar, Julia de la Cal e Mercedes Vieites, da marca Lumecú participarán este sábado ás 12 h no Espazo Socioculturla na mesa redonda “As mulleres na artesanía contemporánea galega”
    - Centros educativos de Tui e Valença participarán na segunda edición de Caixóns
    - Concerto de jazz a cargo de Christopher Pérez Quartet o venres 20 no Teatro Municipal no marco do 800 aniversario da Consagración da Catedral
    - Charla Informativa sobre Prevención de Incendios Forestais e Faixas Secundarias hoxe xoves ás 19.30 h no Centro Cultural de Randufe
    - O pavillón Gustavo Rodríguez de Tui acollerá a Final 4 xuvenil de Balonmán o 28 e 29 de marzo
    - Este sábado celébrase no pavillón do IES San Paio o Master Territorial N6 de Badminton en sub 13 e sub 17
    -...
    29 min
  • Ent. Arsenio Pérez, secretario da comunidade de montes de Vilasesuso | Convocatoria manifestación
    Este domingo está convocada unha manifestación ás 11.00 horas no Alto da Mata-Fonte da Icona en rexeitamento dos últimos proxectos eólicos presentados nos montes do concello de Oia pola empresa Arena Green Power.
    Arsenio Pérez, secretario da comunidade de montes, explicaba os obxectivos da manifestación, e a reclamación de que a serra da Groba conte cunha figura de protección. Teñen xa recollidas máis de 1.500 alegacións individuais ao proxecto de Arena Green Power, ás que se sumarán ás de distintos colectivos.
    7 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 11 de marzo de 2026
    Neste mércores, 11 de marzo, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fai balance do primeiro mes dende a entrada en vigor da nova ordenanza reguladora da zona azul
    - Marga do Val e o Tyde FC recibirán os Premios Cidade de Tui 2026
    - A creatividade feminina protagoniza o II Mercado Elas Facedoras
    - Catro alumnas e alumnos do IES Indalecio Pérez Tizón son finalistas do programa Innovatech 2026
    - O colectivo Parar a Guerra convoca unha manifestación baixo o lema “Temos que deter a guerra en Oriente Medio. Non esquezamos Gaza” este sábado ás 12 h en Tui
    - Hoxe ás 19.30 h no Centro Cultural de Guillarei charla Informativa sobre prevención de Incendios Forestais e Faixas Secundarias
    - Curso básico de manexo de móbil no Centro Sociocomunitario
    - Aberta a inscrición para a Carreira Popular Solidaria de San Telmo II Memorial Xosé Tato
    -...
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 10 de marzo de 2026
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h neste martes 10 de marzo:
    - Esta semana comezarán as obras para dotar a Catedral de Tui dunha nova iluminación artística máis eficiente e respectuosa co patrimonio
    - Vinte mulleres participan esta fin de semana no II Mercado Elas Facedoras en Tui
    - Carlos Fer, autor do cartel das Festas de San Telmo 2026, orgulloso de ser elixido para realizar este deseño no que volve ao debuxo máis tradicional rompendo coa estética das súas últimas obras
    - Charla Informativa sobre prevención de Incendios Forestais e Faixas Secundarias hoxe ás 19.30 h no Centro Cultural de Ribadelouro
    - O cineclub Tui proxecta hoxe “Caras e lugares”
    - O Tyde presenta hoxe a camiseta oficial do Centenario e nomea ao presidente do Comité de Honra
    27 min
  • Ent. Dra. Carmen Rodríguez Cerdeira - Nova coordinadora do Grupo Español de Investigación en Dermatoloxía Psiquiátrica
    A doutora tudense Carmen Rodríguez Cerdeira é dende o pasado venres a coordinadora do Grupo Español de Investigación en Dermatoloxía Psiquiátrica que celebrou en Tui a súa reunión anual.
    Hoxe con Carmen Rodríguez Cerdeira abordamos que supón ser a coordinadora do grupo, as conclusión das ponencias celebradas en Tui e tamén avanzou a viaxe que realizará a México para impartir unha serie de ponencias na Universidade de La Puebla.
    7 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…