Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30h | Mércores, 25 de marzo de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Os orzamentos de Tui suben nun millón de euros até os 13,6 en 2026. Mañá serán debatidos en pleno
    - Achádegos importantes nas sondaxes arqueolóxicas na praza do Pracer
    - Acto institucional conmemorativo do 140 aniversario de vella Ponte Internacional
    - Hoxe presentouse o V Encontro Viños da Raia
    - Doazón de sangue este xoves e venres en Tui
    - Rafael Sánchez Bargiela presenta este venres o seu libro "As murallas de Tui"
    - Coñecemos as actividades da aula da UNED de Tui
    - Presentación da final a 4 na categoría xuvenil de balonmán mañá xoves
    -...
    30 min
  • Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia | Situación no Talaso Atlántico
    O Concello de Oia vén de presentar un recurso de reposición ante a obriga de requerir á empresa do Talaso Atlántico a demolición do complexo. Este recurso non paraliza a execución, polo que o Concello deberá cumprir ese mandato xudicial en 10 días.
    Así o explicou hoxe a alcaldesa de Oia, Cristina Correa.
    3 min
  • Noticias 13.30h | Martes, 24 de marzo de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Os orzamentos do Concello de Tui para 2026 serán debatidos este xoves en pleno
    - O colecivo de feirantes de Tui explica a súa non participación nas festas de San Telmo polas condicións económicas e administrativas
    - Acto institucional conmemorativo do 140 aniversario de vella Ponte Internacional mañá mércores 25 de marzo
    - Mañá preséntase o V Encontro de Viños da Raia
    - Doazón de sangue este xoves e venres en Tui
    - O Cineclub Tui proxecta hoxe ás 19.30 h 'Anatomía dunha caída' de Justine Triet
    - O CEIP nº1 celebra mañá a súa V Carreira Solidaria a favor de Aldeas Infantiles
    - Coñecemos as actividades do Espazo Xove de Tui
    - O tudense Lino Martínez subcampión de Portugal Veterano M7 -81kgs
    -...
    22 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 23 de marzo de 2026
    Estas son as principais novas que neste luns, 23 de marzo, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui celebrará as festas de San Telmo cun amplo programa de actividades do 4 ao 13 de abril
    - O delegado territorial da Xunta comproba no IES San Paio as últimas actuacións realizadas no centro, entre elas a instalación dun novo ascensor
    - O xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, afirma que a reforma integral do CEIP de Pazos de Reis é prioritaria
    - A Agrupación de Voluntarios de Protección de Tui recibe da Deputación 3.925 €
    - Hoxe ás 18 h conversa con Marilar Aleixandre sobre o seu libro “As bocas cosidas” en Tui
    - Deportes
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 20 de marzo de 2026
    Neste venres, 20 de marzo de 2026, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Marián Mouriño, presidenta do Real Club Celta, será a pregoeira das Festas de San Telmo 2026
    - A programación de San Telmo 2026 foi presentada esta mañá
    - Christopher Pérez Quartet actúa hoxe ás 20.30 h no Teatro Municipal con entrada libre
    - Eva González dará lectura este domingo ao pregón da Semana Santa
    - A gastronomía protagonista en Tui co furgón gastronómico Sabor Rías Baixas e a ruta Tú-y D'Tapas
    - Xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei este domingo
    - Outras citas da fin de semana
    - Deportes
    35 min
  • Ent. Helena Pousa, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño | Entrega restos Fosa Soutelo
    Esta mañá tivo lugar en Soutelo o acto de entrega ás súas familias dos restos de Antonio Dalmiro Domínguez González e Manuel Fernández Diz, paseados en 1936. Grazas ao labor da Comisión pola Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña, foi posible a súa localización e identificación.
    Un acto que significa o final dunha busca, tal e como hoxe explicaba Helena Pousa, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Louriña e Condado.
    3 min
  • Ent. Isaac Acuña, presidente da Asociación de Veciños de Carregal | Situación Escola Unitaria de Carregal, en Tomiño
    A Asociación de Veciños de Carregal, en Tomiño, alerta do risco de peche da Escola Unitaria. Necesitan máis nenos e nenas de 3 a 6 anos. Agora mesmo hai 4 alumnos e alumnas, e precisan un mínimo de 6.
    Afirman dende a Asociación que o que perden se se pecha a escola "é moito máis que un edificio", perden "a educación de proximidade e calidade que durante anos a escola estivo ofrecendo".
    Coñecemos hoxe a situación con Isaac Acuña, presidente da Asociación de Veciños de Carregal.
    4 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 18 de marzo de 2026
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h neste mércores, 18 de marzo:
    - Os ciclos AI Ondas e 8centosPés brindarán concertos na CaTedral
    - O órgano barroco da Catedral completará a súa sonoridade con 4 novos rexistros sonoros coa colocación de 110 tubos
    - Tui pon en valor o seu patrimonio histórico e cultural na Semana Santa
    - Protección Civil de Tui incorpora un kit de material loxístico de seguridade viaria e unha embarcación de rescate
    - No centro de saúde de Tui hai arestora 3 mil pacientes sen médico e a 1000 con atención só de luns a mércores
    - Guillarei celebra mañá a San Xosé
    - Rodrigo Conde, Javier Romero e Borja Núñez, Nuno Brandao e Lara Esteves do Remo do Miño convocados cos equipos nacionais
    29 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…