Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Xoves, 16 de abril de 2026
    Estas son as novas que neste xoves, 16 de abril, no que a Radio Municipal de Tui cumpre 33 anos, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Os Sambenitos da Catedral expóñense dende hoxe en Ávila
    - O cinema Galego actual, do pasado e do futuro, estará moi presente en Play Doc
    - Valentín Carrera presenta mañá en Tui o seu libro "El mundo desde abajo" centro na primeira viaxe a Australia de Rosendo Salvado
    - A Catedral de Tui acolle este domingo o concerto Aura Mundi
    - O sábado preséntase o libro "Arredor do Ferruxo" que compila 60 texto de Manuel Vázquez de la Cruz e outras persoas
    - Areas celebra o domingo a Festa da Zorza
    - Bingo Musical este sábado en Rebordáns
    - O Remo Tui supera xa os primeiros 1000€ dos 4000€ que precisa para acudir a tres competicións nacionais
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 15 de abril de 2026
    Estas son as principais novas que neste mércores, 15 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui e o municipio italiano de Viterbo dan os primeiros pasos de traballo conxunto coa sinatura dun protocolo de intencións
    - España e Portugal analizan en Tui os principais retos de xestión da auga no marco do convenio de Albufeira
    - Mañá inaugúrase en Ávila a exposición sobre os Sambenitos da Catedral de Tui
    - Play Doc renova a súa aposta polo cinema galego coas novas producións e a recuperación da obra de Rafael Luca de Tena e un avance das películas que chegarán o próximo ano
    - Todos os centros educativos de Tui propoñen un pacto conxunto para regular o uso do móbil
    - O Remo Tui precisa 4 mil euros para acudir a tres competicións de ámbito nacional
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 14 de abril de 2026
    A actualidade informativa deste martes, 14 de abril, recollémola en Noticias 13.30 h:
    - O Tribunal de Instancia de Tui decreta que non é competente para encargar á UCO a investigación do caso Déborah
    - A Gardia Civil de Tui investiga un presunto delicto simulado de robo con escalo nunha vivenda
    - Esta tarde celébrase en Tui a Xornada hispano-portuguesa de participación pública Organizada pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) e a Agência Portuguesa do Ambiente (APA)
    - Tui pechou onte dez días de festas na honra a San Telmo coa tirada de fogos piromusicais e a derradeira verbena
    - Choiva impediu a saída da procesión. A ofrenda a San Telmo realizouse no interior da Catedral
    - 9.345 h tapas degustadas na ruta gastronómica promovida por ACITUI os venres de marzo
    - O club Remo Tui inicia unha campaña para acadar os 4 mil euros que precisa para acudir a tres competicións nacionais
    23 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 10 de abril de 2026
    Estas son as principais novas que neste venres, 10 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Completamos a rolda de conversas tras o pleno de marzo con Nico Montes, voceiro do PP, e con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, con quen abordamos tamén outros temas da actualidade
    - A armada desenvolveu hoxe no Miño o exercicio de seguridade MARSEC 2026 cun simulacro de rescate
    - Tui celebra a fin de semana grande das festas de San Telmo
    - Record na Ultreia que acada as 802 persoas inscritas na súa oitva edición
    35 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda pleno marzo
    Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos hoxe a rolda de conversas tras o pleno ordinario do mes de marzo.
    Amais desta cuestión Enrique Cabaleiro, referiuse á solicitude do PP.
    Tamén falamos das festas de San Telmo e confirmou que a procesión de San Telmo pasará o luns por Augusto González Besada.
    35 min
  • Ent. Nico Montes, voceiro do Partido Popular | Rolda pleno marzo
    O voceiro do Partido Popular, Nico Montes, participou hoxe na rolda de conversas tras o pleno ordinario de marzo.
    Antes de abordar os asuntos tratados na sesión plenaria referiuse á esixencia do grupo popular de que o concelleiro de Urbanismo sexa apartado temporalmente das súas funcións ata que se esclareza o caso de presunto delito de acoso laboral.
    34 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 9 de abril de 2026
    As novas deste xoves, 9 de abril, recollémolas en Noticias 13.30 h:
    - As obras de modernización da Liña do Miño conlevan que durante case un ano parte do traxecto entre Vigo Guixar e Guillarei e Valença se realice por estrada
    - O Concello de Tui reafirma o seu compromiso coa protección laboral e a transparencia administrativa
    - Concerto do alumnado do Conservatorio e teatro co grupo Aloia hoxe xoves na festas de San Telmo
    - Un percorrido visual polo século de historia do Tyde na exposición que se pode visitar na Sala Municipal
    - Celébrase o segundo selectivo nacional de sprint olímpico
    27 min
  • Noticias 13.30 h |Mércores, 8 de abril de 2026
    Estas son as prinicipais novas que neste mércores, 8 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O paro baixou en Tui en 58 persoas até as 894 inscritas no Servizos Públicos de Emprego
    - O PP esixe ao alcalde que aparte de forma temporal das súas funcións ao concelleiro de Urbanismo até que se esclareza o caso de presunto delito de acoso laboral
    - O concelleiro non adscrito José Palacín sinala que xa advertiu que a suba das taxas conlevaría que as festas de San Telmo quedaran sen atraccións
    - As XVII Leccións Xacobeas Internacionais da USC chegarán a Tui o 23 de xullo para percorrer un tramo do Camiño Portugués e realizar unha vista guiada á Catedral
    - Krakatoa, do artista e cineasta Carlos Casas e Variacións para un retablo, da artista visual Alba G. Corral centran o Cinema Percorridos deste ano en Play Doc
    - Música coa Coral do Centro Sociocomunitario e co Conservatorio e a Escola de Música hoxe nas festas de San Telmo
    - O grupo A Insua estrea hoxe ás 21 h "Error 404" na XVI Semana de Teatro Amador
    - ...
    25 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…