Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Luns, 27 de abril de 2026
    Neste luns, 27 de abril, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O proxecto Integrasaúde impulsa a investigación sanitaria transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal
    - O PP esixe a comparecencia urxente en pleno do alcalde de Tui
    - Este mércores ás 20.30 h inaugúrase a viséximo segunda edición de Play Doc
    - O cineasta afincado en Tui Roi Rodríguez estrea este mércores ás 22.30 h en Play Doc Ursúas
    - Tui en letras propón dezasete actividades nos meses de maio e xuño
    - Tui, A Guarda, O Rosal e Oia, no circuíto “Cultura no Camiño”
    - Este venres celébrase a XXIII Romaría Os Nosos Fariñeiros
    - O Remo Miño campión galego con 5 ouros, 2 pratas e 2 bronces. O Remo Tui logrou 2 pratas e 1 bronce
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 24 de abril de 2026
    Neste venres, 24 de abril, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O alcalde de Tui afirma que nestes momentos non hai ningunha dilixencia cara el en calidade de investigado
    - Os IES tudenses San Paio e Indalecio Pérez entre o centenar de centros educativos que participaron hoxe na xornada de radio Ponte nas Ondas
    - Concertos de Enrique Martín-Laguna e Loreto Aramendi no ciclo de órgano 8CentosPes na Catedral de Tui
    - Novo equipamento informático, mobiliario e un buzón para a devolución de libros as 24 h entre as melloras da Biblioteca Municipal de Tui
    - Dezasete actividades conforman a programación de Tui en Letras
    - Manifestación contra a guerrra en Gaza mañá na praza da Inmaculada
    - Doazón de Sangue hoxe e mañá en Tui
    - Citas en Areas, Baldráns e Rebordáns esta fin de semana
    - Deportes
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 23 de abril de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui avanzará coa senda do Miño en Areas co novo obradoiro de emprego
    - Play Doc converterá, un ano máis, a Tui na capital do cinema do 29 de abril ao 3 de maio
    - A Radio Municipal de Tui súmase mañá á Xornada Radiovisual Interescolar de Ponte nas Ondas cun especial dende Agrupamento de Escolas Muralhas do Minho en Valença
    - O venres 1 de maio celebrarase a XXIII Romaría "Os nosos fariñeiros. Burros e Muíños"
    - A unidade móbil de doazón de sangue de ADOS, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia, estará mañá e o sábado en Tui.
    - Abertas as inscricións para o Gran Premio Pumptruck Eurocidade Tui-Valença que se vai celebrar o domingo 10 de maio no Pumtruck de Valença.
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 22 de abril de 2026
    Neste mércores, 22 de abril, estas son as principais novas que recollemos ne Noticias 13.30 h:
    - Tui contará cun novo obradoiro de emprego
    - O cinema galego estará moi presente en Play Doc 2026
    - Carlos Fernández Bollo, organista titular da Catedral de León, abre hoxe ás 20 h na Catedral o ciclo 8CentosPes
    - O tudense Víctor Coyote recibirá o Chimpín de Prata no Festival de Cans
    - Completas as prazas para andaina da Eurocidade polo río Furnia este domingo
    - Citas esta fin de semana en Rebordáns, Baldráns e Areas
    -...
    28 min
  • Ent. Manuel Martínez, director | Ciclo 8Centos Pes, ciclo de órgano na Catedral de Tui
    Co gallo do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui dende mañá e até o domingo vaise celebrar o ciclo 8CentosPes no templo catedralicio. O seu director Manuel Martínez, explicou os obxectivos do ciclo, as características do órgano catedralicio, a súa sonoridade, e deu os detalles dos tres concertos previstos. Como novidade a través dunha pantalla poderase ver o traballo do organista cos distintos rexistros.
    Mañá mércores ás 20 h estará en concerto Carlos Fernández Bollo, o venres ás 20 h Enrique Martín-Laguna e o domingo ás 18 h Loreto Aramendi.
    A entrada é libre.
    12 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 21 de abril de 2026
    Neste martes 21 de abril, estas son parte das novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A Policía Local de Tui fai balance das actuacións desenvolvidas durante a Semana Santa e as festas de San Telmo centradas na seguridade preventiva e na atención ás emerxencias cidadás.
    - O Teatro Municipal de Tui será a sede principal de Play Doc do 29 de abril a 3 de maio
    - O Maio Solidario mobilizará a 25 persoas voluntarias o 8 e 9 de maio no GADIS de Tui
    - O ciclo 800Pés ofrece tres concertos de órgano na Catedral de Tui
    - Dámaso Rodríguez chegará a Tui entre o 9 e o 10 de maio tras cruzar camiños de Santiago dende Alcalá de Henares
    - O Cineclub Tui proxecta hoxe ás 19.30 h, “Unha historia verdadeira”
    - O Espazo Xove de Tui acollerá este venres un obradoiro de Prevención do Ciberacoso
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 20 de abril de 2026
    Estas son parte das novas que neste luns, 20 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O retablo de Santiago da Catedral recuperou o seu esplendor tras a restauración realizada no mesmo
    - Películas de Europa, América, África e Asia competirá na sección Internacional de Play Doc
    - O tudense Dámaso Rodríguez está a percorrer os mil quilómetros que separan Alcalá de Henares e Tui por distintas vías xacobeas
    - O ciclo 800Pés ofrece tres concertos de órgano esta semana na Catedral de Tui
    - O Cineclub Tui proxecta mañá martes, ás 19.30 h, “Unha historia verdadeira”
    - A Asociación Párkinson Baixo Miño conmemora este venres o Día Mundial do Párkinson cunha xornada musical
    - A Comunidade de Montes de Areas celebra este sábado o roteiro "A Lingua das Aves"
    - Deportes
    30 min
  • Ent. Uxío Benítez, concelleiro de Planificación Estratéxica, Territorial e Económica | "O grilo verde"
    “O grilo verde” é o nome da marca do novo modelo de xestión de residuos que o Concello de Tomiño vai implantar de forma progresiva para cumprir a normativa europea que establece que para 2030 debe reciclarse o 60% dos residuos, o 65% no 2035.
    Uxío Benítez, concelleiro de Planificación Estratéxica, Territorial e Económica, explicou as características deste novo modelo que contempla a recollida porta a porta no rural e a creación de centros de reciclaxe integral comunitaria nos núcleos urbanos, e en ambos casos a aplicación dunha taxa por xeración de residuos.
    11 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 17 de abril de 2026
    Estas son as novas que neste venres, 17 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Ás seis da tarde preséntase as obras de restauración do retablo de Santiago na Catedral
    - Valentín Carrera presenta ás 20 h no Espazo Sociocultural a primeira viaxe a Australia de Rosendo Salvado no libro "El Mundo desde Abajo"
    - Concerto Aura Mundo este domingo ás 18 h na Catedral de Tui cun percorrido musical polo templo
    - Circo en Caldelas, festa da zorza en Areas, e Bingo Musical en Rebordáns, entre as propostas da fin de semana nas parroquias tudenses
    - O Gran Camiño pasará mañá sábado por Tui na etapa final que comezará nas Neves e rematará no alto do Monte Santa Trega
    31 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…