Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Luns, 4 de maio de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Amílcar de Miguel Eek foi a gañadora da Competición Internacional en Play Doc
    - Xiana do Teixeiro con "Crías" e "Furada Negra" de Berio Molina gañadores en Competición Galicia
    - 19.131 persoas realizaron o Camiño Portugués en abril, das que 4.186 sairon dende Tui
    - Charla informativa sobre cursos con compromiso de contratación para unha empresa cárnica mañá no Centro de Formación en Guillarei
    - Hoxe remata o prazo de inscrición para o programa Vacacións en Paz
    - Un obradoiro da ilustradora Aida Alonso abre este mércores a programación de Tui en Letras
    - O Cineclub Tui proxecta mañá "Desxando amar"
    - O Guillarei logrou o ascenso a segunda tras vencer onte ao Pontellas na Gándara
    - O Remo do Miño logra unha prata en 1x e un bronce en 2x no Campionato de España
    - David Fernández en Élite, proclamouse subcampeón galego de BTT Enduro e André Martínez foi bronce en sub23
    -....
    30 min
  • Ent. Eloy Domínguez Serén | Obradoiro de Cinema en Play Doc
    Eloy Domínguez Serén dirixe o obradoiro de cinema que dende hai seis edicións se realiza dentro da programación de Play Doc. Cada ano as persoas que participan, veciños e veciñas de Tui e da contorna achégannos a súa do tema proposto na actividade. Este ano o son é o protagonista. O domingo ‘ás 11 h no Teatro Municipal poderemos ver as obras resultantes destes meses de traballo.
    5 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 30 de abril de 2026
    Neste xoves, 29 de abril, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui capital do cinema até este domingo da man de Play Doc
    - Once persoas traballan con Eloy Domínguez Serán no obradoiro de cinema entorno ao son
    - A Gardia Civil de Cuntis investiga a 2 veciños de Tui e 1 da Guarda pola súa presunta implicación en varias estafas por valor de 7 mil €
    - Patrimonio, natureza, música, artesanía gastronomia ... mañá na XXIII Romaría "Os nosos fariñeiros. Burros e Muíños"
    - Os dous clubs de remo de Tui participan no Campionato de España de Remo Absoluto
    - O Guillarei busca o ascenso matemático ante o Pontellas este domingo na Gándara
    -...
    32 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 29 de abril de 2026
    Neste mércores, 29 de abril, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O Xulgado de Instancia nº3 de Tui arquivou provisionalmente a denuncia contra o alcalde de Tui por indicios dun posible delito de acoso . Asi llo comunicou hoxe ao propio rexedor tudense, quen onte reuniu á xunta de portavoces
    - O PP de Tui emitiu un comunicado tras a xunta de portavoces de onte no que insiste en pedir prudencia e respecto
    - O Concello de Tui sacará a licitación a obra de rehabilitación do baluarte Ángulo dos Demos, tras o informe favorable de Patrimonio
    - ORPAGU amplía a 5 mil toneladas a capacidade da súa nave frigorífica no Parque Empresarial de Areas
    - Cinema, música e a estrea de Ursúas abre a XXII edición de Play Doc
    - O Tyde FC recibirá esta tarde na Coruña a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia de 2025
    - Remo do Miño e Remo Tui participan esta fin de semana no Campionato de España Absoluto
    30 min
  • Ent. Manuel Ángel González, presidente do Club Remo do Miño | Campionato Galego e de España
    O Club Remo do Miño foi primeiro por clubs esta fin de semana no Campionato Galego de Remo con 5 medallas de ouro, 2 prazas e 2 de bronce. O presidente do Remo do Miño, Manuel Ángel González, amosou a súa satisfacción por este resultado destacando a victoria do 8 absoluto xa que a embarcación estivo formada por remeiros junior.
    Ademais, esta fin de semana desprazaranse a Legutiano para competir no Campionato de España Absoluto con catro embarcacións.
    5 min
  • Ent. David Domínguez | Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia 2025
    O Tyde FC recibirá mañá na Coruña a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia de 2025. O presidente do Tyde, David Domínguez, destacaba que para o club é unha honra e un orgullo, sinalando que é un recoñecemento aos cen anos do club. Tamén se referiu á exposición conmemorativa deste centenario que se pode visitar na Sala Municipal no edificio Francisco Sánchez.
    5 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 28 de abril de 2026
    Estas son as principais que hoxe, martes 28 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Cortada ao tráfico rodado por obras de mellora do saneamento a rúa Bispo Maceira
    - Vinte persoas formaranse no Obradoiro Dual de Emprego Senda Río Miño Tramo San Martiño
    - Conta atrás para a inauguración do XXII Play Doc que converte a Tui na capital do cinema
    - A Cámara de Comercio de Tui participou en Santander no VI Foro de ARCHAM
    - O Cineclub Tui proxecta hoxe 'Buena Vista Social Club' de Wim Wenders
    - O Tyde FC recibe mañá á Medalla ao Mérito Deportivo de Galicia
    - O Club Xadrez Tui ascenda a preferente tras proclamarse campión da Liga Galega por equipos de 1ª División
    ...
    28 min
  • Ent. Ana Núñez, concelleira de Formación e Emprego | Obradoiro Dual de Emprego Senda Río Miño Tramo San Martiño
    Vinte persoas se formarán no Obradoiro Dual de Emprego Senda Río Miño Tramo San Martiño que o Concello de Tui ten previsto comezar o 1 de xuño. Contará con dúas especialidades Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Traballos de carpintería e moble. Executará a senda fluvial dende a vella Ponte Internacional até o límite co termo municipal de Tomiño na parroquia de Areas.
    A concelleira de Formación e Emprego do Concello de Tui, Ana Núñez, así o detallou esta mañá. Pódese ampliar a información no Centro Municipal de Formación, e as persoas interesadas deben inscribirse na Oficina de Emprego.
    13 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…