Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Xoves, 28 de maio de 2026
    Estas son as principais novas, que hoxe xoves, 28 de maio, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Ás 20 h retransmitimos en directo o pleno ordinario da corporación municipal de Tui
    - As 165 persoas usuarias do programa Coida o Corpo participaron esta semana nas Olimpíadas Senior en Caldelas
    - Cubertas as dúas vacantes por xubilación no Centro de Saúde de Tui
    - Hoxe ás 20 h Natalia Jorge abre, cunha conferencia, as Xornadas sobre o Siñor Afranio
    - Este sábado no Mercado de San Antonio celébrase o Día do Mercado con agasallos promocionais e degustación gastronómica
    - Concerto Escena Sacra: Música, Corpo e Imaxe mañá venres na Catedral de Tui
    - Deportes
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 27 de maio de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Vinte e oito puntos conforman a orde do día do pleno ordinario que mañá xoves celebra a corporación municipal de Tui
    - O grupo municipal do PP presenta unha moción propondo a rebaixa do ICIO e solicitará a realización dunha auditoría externa e independente do Departamento de Urbanismo
    - O CEIP de Pazos de Reis recibiu hoxe un dos premios do concurso Amosando e Protexendo o Noso Territorio, impulsados no marco do Proxecto Terra. Onte recibían o galardón na categoría grupal de 1º e 2º de Educación Primaria do concurso escolar E ti, que pensas da igualdade?
    - Curso de verán sobre “Os procesos electorais en España. Elementos e consecuencias” na Aula da UNED de Tui
    - “De Antón Alonso Ríos ao señor Afranio” é o título da conferencia que abrirá mañá ás 20 h as xornadas Siñor Afranio no Espazo Sociocultural a cargo de Natalia Jorge
    - Este sábado celébrase o Día do Mercado no Mercado de San Antonio
    - Escena Sacra: Música, Corpo e Imaxe chega á Catedral de Tui este venres
    - Hoxe ás 17.30 h Caxoto presentará o espectáculo “Levántate Xan!!!” na Biblioteca Municipal de Tui
    - O Club Remo Tui organiza este verán un campamento dende o 20 de xullo até o 14 de agosto
    - Rodrigo Conde, remeiro do Remo do Miño, participa en Sevilla na I Copa do Mundo de Remo en 2x con Caetano Hortas
    ...
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 26 de maio de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A corporación municipal de Tui celebra este xoves pleno ordinario con 28 puntos na orde do día
    - O CEIP nº1 de Tui recibiu o primeiro premio Boas prácticas de educación inclusiva de Infantil e Primaria
    - Hoxe martes o cineclub Tui proxecta 'Cidade de Deus'
    - O venres comeza o III Festival Miño Máxico en Tomiño
    - Éxitos deportivos de Lino Martínez e de David Fernández
    ...
    26 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 25 de maio de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui celebra dende este xoves até o domingo as Xornadas Siñor Afranio
    - Este domingo remata o prazo para que as parcelas situadas en faixas secundarias estean limpas de biomasa
    - O punto limpo móbil do Concello de Tui está situado esta semana na parroquia de Pazos de Reis a carón da igrexa
    - Até o venres, 5 de xuño, pódense presentar as solicitudes para a realización das fogueiras de San Xoán tanto en espazos privados coma públicos
    - Hoxe remata prazo de solicitude de praza para o Campamento de Verán 2026 do Concello de Tui
    - Repasamos as citas que chegan esta semana en Tui
    - O policía local tudense Lino Martínez logra dous ouros e unha prata nos Eurogames Emerxencias 112
    ...
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 22 de maio de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe venres, 22 de maio, compartimos en Noticias 13.30 h:
    - A parroquia de Guillarei foi declarada como priorizada no PLADIGA. As faixas secundarias deben estar limpas antes do 31 de maio
    - O PP reclama que o Campamento de Verán se adapte para que poidan participar todos os nenos en condicións de igualdade
    - O Paseo da Corredoira acollerá do 2 ao 5 de xuño o VI Congreso Educativo EDUCODS, promovido polo CEIP nº1 de Tui
    Mañá, 23 de maio, cúmprese o oitavo aniversario da explosión no barrio da Torre en Paramos
    - Tui lembrará do 28 ao 31 de maio a Alonso Ríos con historia, cinema, música e viños
    - O o escritor Francisco Narla presenta ás 19.30 h a súa novela Ultreia en Tui
    - Unha unidade móbil de doazón de sangue esta hoxe e mañá na rúa Casal Aboy, ao carón do centro de saúde tudense.
    - Misa, beizón das flores e procesión hoxe en Tui na celebración de Santa Rita
    - III Ruta cabalar en Pesegueiro, Furanchada en Rebordáns, II Festa do porco ao espeto en Areas e Andaina Solidaria co Pobo Saharauí, entre as citas da fin de semana en Tui
    - O río acolle mañá a segunda proba do Campionato de España Inclusivo de Motonáutica
    -...
    35 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 20 de maio de 2026
    Hoxe mércores, 20 de maio, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Asinada a acta de inicio das obras do novo Arquivo Histórico Diocesano e Catedralicio de Tui
    - Paramos lembra este sábado o oitavo aniversario da explosión no barrio da Torre
    - A casa do concello ilumínase de cores para para visibilizar distintas enfermidades no seu Día Mundial
    - Cris de Caldas presenta "Tantarantiña" hoxe na Biblioteca Municipal
    - Uxía Senlle ofrece mañá en Tui o concerto "A tecedeira de soños"
    - A unidade móbil de doazón de sangue estará este venres e sábado en Tui
    - O Punto Limpo Móbil do concello de Tui está esta semana en Areas
    - A tudense Nuria Romero compite no Campionato do Mundo de Augas Bravas en Banja Luka
    -...
    29 min
  • Ent. Uxía Senlle, cantante | Concerto "A tecedeira de soños" en Tui
    Mañá xoves ás 20 h terá lugar no Espazo Sociocultural na rúa Camilo José Cela
    o concerto “A tecedeira de soños”. Na voz estará Uxía Senlle; no acordeón Sabela da Cal; e nas guitarras Rafa Otero.
    Interpretarán cancións dedicadas a Begoña Caamaño, homenaxeada no Día das Letras Galegas este ano. Este concerto está organizado pola Rede de dinamización lingüística Falaredes da Xunta de Galicia.
    Falamos hoxe coa cantante Uxía Senlle.
    5 min
  • Ent. Salvador García, presidente da Asociación de Afectados de Paramos | 8º aniversario
    A Asociación de Afectados pola explosión Paramos-Guillarei convoca para este sábado, ás 16.30 h, un acto no parque 23 de maio, no oitavo aniversario da explosión rexistrada neste lugar para lembrar aos dous veciños falecidos.
    Co presidente da Asociación de Afectados, Salvador García, como está a situación actualmente, pendentes da resolución dos recursos de casación ante o Tribunal Supremo, para que a sentenza sexa firme e poder solicitar a execución de sentenza.
    11 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 19 de maio de 2026
    Neste martes, 19 de maio, estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui acolle este xoves unha xornada formada sobre vender en liña impulsada por Galicia Suroeste
    - Até o luns 25 está aberto o prazo para solicitar praza do Campamento de Verán do Concello de Tui
    - O CB Tui realizará este ano dúas quendas do seu Campus de Verán
    - Contacontos, música e libros esta semana na programación de Tui en Letras
    - O cineclub Tui proxecta hoxe “Dersu uzala” de Akira Kurosawa
    - O motor protagonista hoxe da información deportiva
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 18 de maio de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui recibirá 140 mil euros do Plan +Provincia para para o servizo de roza e limpeza nas marxes das vías de titularidade municipal
    - Tui celebrou onte as Letras Galegas con libros, música e historias, nunha xornada cun marcado carácter festivo
    - O Concello de Tui recibiu a doazón dun traxe tradicional tudense que pertecenteu a Francisco Javier González Pereira
    - Aberto o prazo de solicitude de praza para o Campamento de Verán do Concello de Tui
    - Xornada formativa gratuíta este xoves sobre marca e marketing dixital en Tui da man de Galiciasuroeste
    - Contacontos, concerto e presentación dun libro esta semana dentro da programación de Tui en Letras
    - Andaina Solidaria co Pobo Saharauí polo Parque Natural Monte Aloia este domingo
    - “Dersu uzala” de Akira Kurosawa é a película que proxecta mañá no Espazo Sociocultural o Cineclub Tui
    - Piragüismo, remo, fútbol e balonmán protagonistas deportivos da fin de semana
    ...
    32 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…