Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Mércores, 17 de xuño de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui impulsa un obradoiro dual de emprego para construír un novo tramo da senda do río Miño
    - ACITUI recupera a condición de Centro Comercial Aberto na rúa Augusto González Besada
    - Dobre premio para o alumnado do CEIP de Pazos de Reis ao abeiro do proxecto Terra e polo seu podcast sobre igualdade
    - O CEIP Nº2 de Tui gaña o segundo premio Faro da Escola á Mellor Tira Crónica
    - A xogadora do Badminton Tui Alexia viaxará a Granollers para o Campionato de España SUB-17 de bádminton
    - ...
    28 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 16 de xuño de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en noticias 13.30 h:
    - Comeza en Tui un novo obradoiro dual de emprego que formará a 20 persoas en dúas profesións con gran demanda
    - A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Louriña e Condado doa máis dun centenar de libros á Biblioteca Municipal
    - Ata este venres pode realizarse o pago das distintas quendas do Campamento de Verán do Concello de Tui
    - O Cineclub Tui proxecta Eu Capitán
    - Deportes
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 15 de xuño de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O alcalde de Tui reivindicou o municipalismo na Ofrenda do antigo Reino de Galicia
    - A escultura do peregrino de Rai rende homenaxe aos milleiros de persoas que percorren o Camiño Portugués
    - A Mancomunidade de Montes do Baixo Miño e Medio rural poñen en marcha un proxecto pioneiro de detección temperá de incendios
    - O IES Indalecio Pérez Tizón impartirá dende o próximo curso a FB Básica en Servizos Comerciais
    - Balance positivo do curso no Conservatorio de Tui que ten aberta a matrícula para o próximo curso
    - O CEIP nº1 súmase á celebración dos 800 anos da consagración da Catedral de Tui un podcast e unha visita teatralizada
    - O cineclub Tui proxecta mañá Eu Capitan en colaboración con Diversidades Acolle
    - Obradoiro das Herbas de San Xoán en Areas
    - Deportes
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 12 de xuño de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Alerta amarela por altas temperaturas
    - Completamos a rolda de entrevistas tras o pleno ordinario de maio co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro
    - Mañá ás 12 h inaugúrase a escultura do Peregrino, obra de Rai, na rúa Olímpicos Tudenses
    - Este domingo ás 7.30 h sairán dende Tui os autobuses para participar na Ofrenda en Lugo do Antigo Reino de Galicia
    - Música, folclore, festa e deporte na fin de semana en Tui
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 11 de xuño de 2026
    Estas son as principais que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Aprobado en pleno, cos votos do equipo de goberno, o pago de facturas por importe de 410 mil euros
    - O cableado de cobre obsoleto está a ser retirado en todo o termo municipal tudense
    - O PP cuestiona o cambio de luminarias realizado no conxunto histórico
    - A Garda Civil de Tui detivo a dúas persoas da Guarda por un presunto delicto de tráfico de drogas
    - Primeira xornada da Aloiada 2026
    - Hoxe remata a inscrición para a visita mañá ao Arquivo Municipal de Tui
    - O Camiño Portugués por Tui crece tamén en redes
    - Este sábado celébrase o XVIII Festival de Corais na igrexa de San Domingos en Tui
    - O pavillón Gustavo Rodríguez acolle este sábado unha velada de boxeo
    - O equipo infantil do CB Tui busca esta fin de semana o ascenso a Liga Galega
    ...
    31 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 10 de xuño de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Ás 20 h a corporación celebra pleno extraordinario
    - Continuamos a rolda de entrevistas tras o pleno ordinario de maio con Nico Montes, voceiro do PP
    - Mañá remata o prazo para anotarse na visita ao Arquivo Municipal de Tui deste venres
    - Últimas entradas para o XV Xantar Solidario de SOS Tomiño Baixo Miño
    - A nova asociación Fibro Visibles Baixo Miño está a xestarse na comarca
    - O alumnado de 6º de Primaria de Tui celebra a Aloiada 2026
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 9 de de xuño de 2026
    Estas son as principais novas que recollemos hoxe martes, 9 de xuño de 2026, en Noticias 13.30 h:
    - Cortada a estrada en Randufe debido ao incendio dun turismo
    - Mañá a corporación municipal de Tui celebra pleno extraordinario
    - Hoxe celébrase o Día dos Arquivos. Este venres haberá unha visita ao Arquivo Municipal de Tui
    - Wöyza e Emmy Curl; António Zambujo e Uxía; Elsa Roldán e David Maceira; e Borja Niso e Rosa Cedrón conforman o cartel do IKFEM 2026
    - A iniciativa Di si ao autismo busca apoios en change.org
    - Hoxe ás 17 h terá lugar na Corredoira o Memorial dos Calcetíns
    - O Cineclub Tui proxecta esta tarde Crossing
    - Esta fin de semana celébranse en Caldelas as Galimpiadas
    - Citas en Tui para a fin de semana
    - Hoxe remata o prazo de inscrición para o Triatlón Tui-O Porriño
    - Patinaxe e boxeo na fin de semana en Tui
    ...
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 8 de xuño de 2026
    Neste luns, 8 de xuño, estas son as principais novas que recollemos en Noticias 1330 h:
    - A corporación municipal de Tui celebra este mércores pleno extraordinario
    - Un corte no subministro de auga afectará mañá martes de 9 a 12 h a algunas rúas e prazas do conxunto histórico
    - O Concello de Tui fai fincapé na importancia da separación de residuos e na reciclaxe
    - O alcalde de Tui participou na inauguración do Xardín da Amizade en Versmold
    - Esta tarde preséntase no Seminario de Tui un número especial da revista Cuardenos de Pedagogía dedicado ao Congreso Educativo da Eurocidade Tui-Valença
    - O IKFEM desvela a programación que vai desenvolver do xoves 16 ao domingo 19 de xullo na Eurocidade Tui Valença
    - Até este xoves está aberta a inscrición para o curso de camareiro/a promovido polo Concello de Tui que comeza o próximo luns
    - O programa Integralab de AMEI Tui atendeu a máis de 20 mulleres migrantes
    - O cineclub Tui proxecta mañá martes 'Crossing' de Levan Akin
    - Manuel Bugallo de Biciosos Rías Baixas imponse na décima proba da Copa Galicia de XCO
    - Mañá remata a inscrición para o Triatlón Tui-O Porriño
    32 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…