Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Ent. Roberto Álvarez Carrero, subdirector do AECT Rio Minho | Programa "Un río, dous países, dez experiencias"
    "Un río, dous países, dez experiencias" é o programa promovido polo AECT Rio Minho no marco do marco do proxecto VISIT_RIO_MINHO_PLUS. Comeza xa esta fin de semana con dúas rutas: “Fortalezas Atlánticas” e “Fortalezas do Minho”.
    O programa foi presentado este mediodía no Museo do Viño en Salvaterra. Roberto Álvarez Carrero, subdirector do AECT Rio Minho, explicou as características da iniciativa.
    4 min
  • Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui | Pantalla xigante para ver o partido España-Bélxica
    Tui volverá vivir hoxe venres a emoción do Mundial de fútbol na praza da Inmaculada. O Concello de Tui volve instalar unha pantalla xigante, de maiores dimensións que a colocada no partido contra Portugal, para desfrutar do encontro de España e Bélxica hoxe venres ás 21 h.
    O concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, explicaba hoxe esta actividade, que contará amais con dj e gastronomía dende as 19 h.
    2 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 9 de xullo de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O Concello de Tui denuncia os actos vandálicos rexistrados no paseo fluvial e nunha árbore da rúa Lugo
    - O IKFEM Festival Tui-Valença comezará nunha semana cun concerto de Woyza e Emile Curl na praza da Inmaculada de Tui. O sábado celebrará a Ponte Creativa na vella Ponte Internacional
    - Tude, o Museo Catedralicio Diocesao organiza un obradoiro de fotografía baixo o título de “Tres olladas á Catedral de Tui: Arquitectura, emoción e narración”
    - A praza de Frómista acolle mañá a proxección de "Rondallas"
    - A XXXIII Festa do Polbo á Feira de Baldráns agarda servir 1000 racións
    - Pesegueiro abre as festas con porco ao espero e pantalla para ver o partido de España no Mundial
    - Aberta a inscrición para o Descenso Popular do Miño que se vai celebrar o sábado 15 de agosto
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 8 de xullo de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h
    - A visita á intervención arqueolóxica da praza do Pracer espertou gran interese por coñece os restos romanos atopados
    - A nova iluminación da Catedral de Tui resalta o templo na escala próxima e tamén na paisaxe
    - Galicia Suroeste achega a historia de 8 persoas e empresas na nova campaña Parte de Tí
    - Fóra de servizo temporalmente o Centro de Compostaxe Comunitario na rúa Ourense
    - Este venres proxéctase Rondallas na praza de Frómista
    - Semana Cultural en Ribadelouro e festas en Baldráns e Pexegueiro esta fin de semana
    - Obradoiro de esgrima antiga no Espazo Xove de Tui
    - As Barferencias do proxecto Fortalezas de Fronteira chegan este venres ao Mercado de San Antonio en Tui
    - Cinco deportistas do Kaiak Tudense concentrados para o Campionato de Europa tras os bos resultados no Mundial con 3 medallas de bronce
    - O Remo do Miño 4º no medalleiro no Campionato de España de remo olímpico alevín, infantil, e veterano
    30 min
  • Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño e presidenta de Galicia Suroeste | Campaña Parte de tí 2026
    O Xeodestino Galicia Suroeste ten xa en marcha a sétima campaña Parte de tí. Trátase dunha iniciativa que sensibiliza, conciencia e informa sobre as historias das persoas que están detrás dos servizos e productos que hai na nosa contorna. Onte en Mos presentábase esta nova campaña da que hoxe falamos con Sandra González, alcaldesa de Tomiño, e presidenta de Galicia Suroeste.
    O primeiro dos 8 protagonistas deste ano é Ricardo García, de Aica Cerámica, de Mos.
    6 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 7 de xullo de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Unha visita á intervención arqueolóxica da praza do Pracer abre hoxe o programa Coñece o Noso Patrimonio
    - Este xoves preséntase o XIV IKFEM Festival Tui-Valença
    - Esta tarde preséntase a campaña Parte de Tí do xeodestino Galicia Suroeste
    - Tui ten conexión directa a praia América. O autobús sae ás 12 h da rúa Ourense e regresa ás 19 h
    - Caldelas celebra o sábado 18 a súa Festa de Verán
    - Centos de persoas seguiron na praza da Inmaculada o partido Portugal - España
    27 min
  • Ent. Gorka Martín - Barferencia "Detectores e arqueoloxía: o que non se pode facer" no proxecto Fortalezas de Fronteira
    O investigador posdoutoral da Universidade do País Vasco Gorka Martín Echevarría, abriu onte as barferencias do proxecto Fortalezas de Fronteiza abordando "Detectores e arqueoloxía: o que non se pode facer". Na Radio Municipal de Tui afondou neste tema.
    Estas Barferencias chegarán este venres, ás 20.30 horas, a Al Dente, no mercado de San Antonio de Tui. Rebeca Blanco-Rotea impartirá a charla “Descubrindo a paisaxe fortificada da fronteira: unha mirada sobre Tui”, e Tiago Rodrigues abordará a metodoloxía de lectura da paisaxe fortificada no val do río Miño.
    6 min
  • Ent. Juan José Perles, arqueólogo | Visita á intervención arqueolóxica da praza do Pracer en 'Coñece o noso patrimonio'
    Hoxe martes ás 20.30 h comeza unha nova edición de 'Coñece o noso patrimonio' coa primeira das visitas gratuítas programadas. Será á intervención arqueolóxica da praza do Pracer. Esta visita estará dirixida por Soledad Prieto Robles e Juan José Perles Fontao, arqueólogos responsables desta intervención.
    Juan José Perles presentou hoxe na nosa sintonía a importancia desta visita.
    4 min
  • Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes | Pantalla xigante para ver o partido Portugal-España
    A emoción do Mundial de fútbol vivirase hoxe na rúa en Tui. O Concello de Tui instala unha pantalla xigante para ver o partido que van xogar Portugal-España ás 21 h. Encontro especial neste territorio transfronteirizo tal e coma explicaba o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez. A animación comezará xa antes do partido cun dj, e con gastronomía da man de Manu Garrido, que recadará fondos para sufragar a viaxe a Arxentina para participar no Campionato do Mundo de Maratón.
    3 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…