Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa e música, e Javier Alonso Pérez, director da AMdOR | Mundial de bandas en Kerkrade
    Hoxe viaxa cara Kerkrade, nos Países Baixos, a Agrupación Musical do Rosal para participar este sábado, 1 de agosto, ás 19 h no World Music Contest,o Mundial de Bandas. Unha cita a que acoden con moita ilusión e cun esixente programa para interpretar nesta competición. Así nolo contaron Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal e música da banda, e Javier Alonso Pérez, director da AMdOR, a poucos minutos de embarcar cara a esta destacada cita. No Rosal o sábado o Concello instalará unha pantalla xigante na praza do Calvario para ver a actuación da banda rosaleira.
    7 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 28 de xullo de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe, martes, 28 de xullo, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario este xoves
    - A Xunta saca a licitación o proxecto do treito Po-350 á Ponte de Carregal en Tomiño da VAP Tui-A Guarda
    - Música no Claustro celebra dúas décadas de música, patrimonio e creación do 1 ao 7 de agosto
    - Ás 20,30 h Marta Cendón guía a visita “As pegadas de 800 anos de arte na catedral de Tui”
    - O folclore de Galicia, Letonia, Francia, Perú e Indonesia presente hoxe dende ás 21.30 h na Noite Internacional do Miño no parque do Laxal en Rebordáns
    - O cineclub Tui proxecta hoxe ás 21.30 h no Espazo Sociocultural “Historias del buen valle”, de José Luis Guerín
    - Unha prata, un bronce, un cuarto e un oitava posto para padexeiros do Kaiak Tudense no Campionato de Europa Junior e sub23
    - O piloto tudense Saúl Vaz conquista por segundo ano consecutivo o Campionato de Karting X 30 Senior 2026
    ....
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 27 de xullo de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe luns, 27 de xullo, recollemos en Noticias 13.30 h
    - Música no Claustro reune na súa vixésima edición a parte dos artistas que participaron no festival nestas dúas décadas
    - Tui recibe 508.000 euros para a mellora do firme en distintas vías en Paramos, Guillarei, Rebordáns e Randufe
    - Tui reforza a súa importancia coma porta de entrada a Galicia do Camiño Portugués na derraira xornada das XVII Lecciónx Xacobeas da USC
    - Mañá martes 28 ás 12 h preséntase na aula da UNED de Tui o libro "Boas prácticas en atención a vítimas de trata"
    - O folclore de Perú, Indonesia, Letonia, Francia e Galicia protagoniza mañaá a XXIV Noite Internacional do Miño
    - A profesora Marta Cendón guía mañá á visita “As pegadas de 800 anos de arte na Catedral de Tui”
    -...
    29 min
  • Ent. Juana Parada, xerente de ORPAGU | Festa do Peixe Espada 2026
    A Guarda vivirá esta fin de semana a Festa do Peixe Espada. Un evento gastronómico pero tamén de lecer organizado por ORPAGU, a Organización de Palangreiros Guardeses. A súa xerente, Juana Parada, lembraba os obxectivos da feira, explicaba a situación actual do peixe espada, e daba conta do programa previsto.
    6 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 21 de xullo de 2026
    Estas son as principais novas que recollemos hoxe martes, 21 de xullo, en Noticias 13.30 h:
    - A conselleira de Economía, María Jesús Lorenza, visitou a empresa Valver no parque empresarial de Areas
    - Galicia Suroeste crea rutas ciclo turistas nos 14 concellos do seu territorio, entre eles Tui
    - Hoxe martes ás 20.30 h comeza na praza do Concello comezará a “Ruta polos lugares de memoria democrática”
    - O dúo Doa e Marta Alonso Tejada compañía actúa este sábado e domingo en Tui
    - Doazón de Sangue en Tui
    - Malvas e Ribadelouro celebran dende este xoves festas
    - O Club Piragüismo Penedo Yutmovil pecha o Campionato de España de Xóvenes Promesas cun bronce nacional e un subcampionato de España
    ...
    28 min
  • Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Exposición homenaxe a Mario Rodríguez
    Hoxe ás 20 h inaugúrase no Centro de Figueiró, en Tomiño, unha mostra homenaxe ao tomiñés Mario Rodríguez, referente da pintura galega no exilio.
    A mostra está organizada polo Concello en colaboración co Centro Recreativo e Cultural de Figueiró no marco da Semana Cultural das Festas de San Campio. No acto inaugural desta tarde participará a alcaldesa Sandra González e a historiadora da arte Sara Quintana, que explicará ao público a traxectoria e o valor artístico deste autor cuxa obra transcendeu fronteiras. A exposición permanecerá aberta ata o 26 de xullo. Así nolo contou a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.
    4 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…