Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Ent. Sandra González, presidenta de Galicia Suroese e alcaldesa de Tomiño | Apertura de adhesións ao Club do Produto
    O Club de Produto Turístico de Galicia Suroeste ten aberto o proceso de adhesión. A iniciativa está dirixida a todas as empresas, entidades e profesionais vinculados ao sector turístico dos 14 concellos do xeodestino, que poderán sumarse a unha estrutura colaborativa deseñada para fortalecer a oferta, consolidar a marca territorial e impulsar unha visión compartida sobre o futuro turístico do territorio.
    Sandra González, alcaldesa de Tomiño e presidenta de Galicia Suroeste explicou que é este Club de Produto.
    Pódese ampliar a información en clubdeproduto.galiciasuroeste.gal/
    6 min
  • Noticias 13.30 h - Luns, 3 de agosto de 2026
    Estas son as prinicipais novas, que neste luns, 3 de agosto, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O Concelllo de Tui recibe 70 mil euros do plan +Provincia para o arranxo de vías en Paramos
    - O tudense Carlos Fer recibiu o Prémio Revelação IPDJ – na XXIV Bienal Internacional de Arte de Cerveira pola súa obra “Além do Álveo”
    - Dobre cita hoxe en Música no Claustro cunha conversa co título Órgano en obras, e o concerto de Lítore Quartet
    - Rodrigo Conde, remeiro do Club Remo do Miño, proclamouse esta fin de semana subcampión de Europa en 2x xunto a Caetano Hortas
    - O Club Kaiak Tudense logrou 24 medallas no Campionato de España de Sprint
    ...
    26 min
  • Ent. Manuel Pedrares, presidente do Kayak Tudense | 4º no Campionato de España con 24 medallas
    O Club Kaiak Tudense logrou 24 medallas no Campionato de España de Sprint das que 6 foron de ouro, 9 de prata e 9 de bronce. Logrou 1534 puntos, a so 14 do terceiro clasificado. , O presidente do Club Manuel Pedrares fixo balance desta cita nacional, referiuse tamén aos descensos popular e internacional que se van celebrar neste mes de agosto, e as citas internacionais que restan esta temporada.
    8 min
  • Ent. Roberto Carrero, alcalde da Guarda - Festas do Monte 2026
    A Guarda vive dende hoxe e até o próximo luns día 10 a súa semana grande coas Festas do Monte da Guarda. Un programa que incorpora coma novidade a Milla Urbana que se disputa esta tarde, e que terá a apertura oficial coa lectura do pregón a cargo de Estela Doiro.
    Así nolo contou o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, quen avanzaba o programa festivo que se poderá gozar ao longo da semana, e facía un convite ás festas.
    6 min
  • Ent. Javier Alonso, director da Agrupación Musical do Rosal | 4ª no Mundial de Bandas en Kerkrade
    A Agrupación Musical do Rosal quedou clasificada no cuarto lugar no Mundial de Bandas celebrado esta fin de semana en Kerkrade. Logrou 95 sobre un total de 100 puntos. O director da banda, Javier Alonso, aínda emocionado explicaba que foi unha partipación moi especial que levou á banda ao lugar máis prestixioso do mundo para estas agrupacións, cun concerto vibrante, emocionante, ... Así nolo contou esta mañá.
    3 min
  • Noticias 13.30 h | Venres,31 de xullo de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe venres,31 de xullo, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Aprobada a conta xeral do Concello de Tui de 2025 co voto de calidade do alcalde
    - Martes de Entroido e Luns de San Telmo serán os festivos locais en Tui en 2027
    - Mañá comeza o XX Música no Claustro cun concerto moi especial
    - O Cineclub Tui proxecta hoxe ás 21 h na Casa Cultural de Randufe “Mirani, historia da miña familia”
    - Rebordáns celebra esta fin de semana a romaría de San Fins
    - Rodrigo Conde do Remo do Miño participa esta fin de semana no Campionato de Europa
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 30 de xullo de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe, 30 de xullo, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Ás 20 h a corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario
    - Máis de 200 persoas voluntarias participan en Ollos no Monte
    - A tudense Patricia González participa este sábado no concerto de apertura de Música no Claustro
    - O Cineclub Tui leva mañá venres a Randufe a proxección de Minari en colaboración coa asociación Xuntanza
    - "Arte con telas" é o título da exposición que dende hoxe pode visitar no Balneario de Caldelas
    - Campus de Ciclismo con David Fernández no mes de agosto en Tui
    29 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…