Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Venres, 17 de xullo de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe venres, 17 de xullo, recollemos en Noticias 13.30 h.
    - A Biblioteca Municipal de Tui incrementou no primeiro semestre do ano nun 21% o número de préstamos, tamén subiu en 191 as persoas usuarias e 493 os noso títulos do seu fondo
    - Concertos e Ponte Creativa e Enogastronómica na programación do IKFEM na fin de semana
    - Citas en Areas, Caldelas, Rebordáns, e Pexegueiro esta fin de semana
    - Fibro Aloia convoca para mañá unha reunión informativa
    - A final do Mundial España-Francia poderá seguirse de novo nunha pantalla de grandes dimensións este domingo na praza da Inmaculada
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 16 de xullo de 2026
    Estas son as novas que hoxe xoves, 16 de xullo, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Balance positivo do curso formativo impartido polo Concello de Tui para formar persoal para o sector hostaleiro
    - Wöyza abre hoxe o IKFEM con Emmy Curl coma artistas convidada
    - Mañá Antonio Zambujo, con Uxía, ofrecerán o concerto do IKFEM nas Cortinas de San Francisco en Valença
    - Tui celebra á Virxe do Carmen coa tradicional procesión fluvial
    - Hoxe comezan as festas de Santa Mariña en Areas
    ...
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 15 de xullo de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h
    - Tui celebra mañá a festividade da Virxe do Carmen coa tradicional procesión fluvial
    - Ás 20.30 h comeza na Alameda de San Domingos á visita é escultura pública de Tui
    - Wöyza abre mañá o IKFEM cun concerto gratuíto na praza da Inmaculada
    - A soprano tudense Elsa Roldán actúa este domingo na Catedral xunto ao organista Joaquín Barreira no IKFEM
    - Areas comeza mañá a celebración das festas na honra a Santa Mariña
    - ACITUI pecha mañá con dous eventos a campaña de promoción do comercio local Mergúllate
    - Centos de persoas celebraron en Tui a victoria de España ante Francia e o pase á final do Mundial este domingo
    29 min
  • Ent. Víctor García, comandante Naval do Miño - Festividade da Virxe do Carmen
    Mañá xoves, 16 de xullo, celébrase a festividade da Virxe do Carmen. En Tui celebrarase a tradicional procesión fluvial. Previamente ás 19 h celebrarase a misa solemne na Catedral, e o remate a procesión terreste até as instalacións da Comandancia, onde a imaxe da virxe embarcará no Cabo Fradera. O patrulleiro portugués Río Minho e numerosas embarcacións de pesca, deportivas e de recreo participarán no percorrido polo Miño tal e coma confirmaba o Comandande Naval do Miño, Víctor García. Con el faciamos tamén balance do seu primeiro ano en Tui.
    5 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 14 de xullo de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h
    - Estanse a executar obras de urbanización na rúa Ourense, e proximamente comezarán as de humanización na rúa Coruña, e outras actuacións nas parroquias como confirmaba o alcalde, Enrique Cabaleiro
    - Julia Laport, Sólodos e Daniel Rodríguez Cía actúan ás 20 h na praza de San Telmo no festival Danza no Camiño
    - As esculturas de Silverio Rivas,Xoán Oliveira, Diego de Giraldez, Xoán Piñeiro, Alfonso Quinteiro ou Maxín Picallo centrarán mañá mércores a visita de Coñece o noso Patrimonio
    - O cineclub Tui proxecta hoxe ás 21.45 h "Vitus" de Fredi M. Murer
    - ACITUI pecha a campaña Mergúllate con dobre evento este xoves 16 de xullo
    - O partido España-Francia poderá seguirse de novo na praza da Inmaculada, Dende o Concello de Tui faise un chamamento a respectar o patrimonio da praza. A escultura de Rosendo Salvado será vallada.
    ...
    29 min
  • Ent. Diego Machado, arqueólogo| Fortalezas de Fronteira confirma a existencia dun segundo recinto fortificado en Taborda
    O equipo de Fortalezas da Fronteira documenta no complexo arqueolóxico de As Torres a existencia dun segundo recinto fortificado vinculado á guerra entre a coroa de Castela e Portugal do século XVII.
    O arqueólogo Diego Machado, investigador do Laboratório de Paisagens, Património e Território da Universidade do Minho, explicou na Radio Municipal de Tui as característica do recinto e a súa importancia.
    6 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Obras rúa Ourense, rúa Coruña, parroquias, partido España-Francia e IKFEM
    Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, coñecimos hoxe o obxectivo das obras de urbanización que se están a executar na rúa Ourense, e tamén deu conta do próximo inicio das obras de humanización da rúa Coruña e de distintas actuacións nas parroquias tudenses. Amais referiuse á retransmisión na praza da Inmaculada do partido España-Francia e fixo un chamamento a respectar o patrimonio situado neste punto. O Concello vai vallar hoxe a fonte e escultura de Rosendo Salvado. Amais Enrique Cabaleiro referiuse ao inicio do IKFEM, Festival Tui-Valença, este xoves.
    7 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 13 de xullo de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h
    - O Camiño Portugués segue a medrar mesm a mes. Valora os datos de xuño a concelleira de Turismo, Ana Núñez
    - Este xoves comeza o IKFEM cun concerto gratuíto de Wöyza e Emmy Curl na praza da Inmaculada
    - Julia Laport, Sólodos e Daniel Rodríguez Cía. actúan mañá ás 20 h na praza da igrexa de San Telmo no festival "Danza no Camiño"
    - Mañá haberá de novo unha pantalla de grandes dimensións na praza da Inmaculada para ver a semifinal España-Francia
    - Hoxe remata as festas en Baldráns
    - Os padexeiros do Kaiak Tudense Tiziano Nieves ouro en K1 500 cadete B e Daniel Rodríguez e Martín Rosada bronce no C2 500 m cadete no Campionato de España
    - O porteiro tudense Edu Sousa defenderá a portería do SD Compostela a próxima temporada 2023/27
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 10 de xullo de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Unha pantalla de grandes dimensións está a ser instalada na praza da Inmaculada para ver o partido España-Bélxica
    - O IKFEM tende novas pontes culturais entre as dúas beiras do Miño do 16 ao 19 de xullo
    - Hoxe ás 22.30 h proxéctase "Rondallas" na praza de Frómista
    - Comeza o programa "Un río, dous países, dez experiencias" programa promovido polo AECT Río Minho no marco do marco do proxecto VISIT_RIO_MINHO_PLUS
    - O programa Fortalezas de Fronteira ofrece dúas actividades en Tui
    - Ribadelouro celebra a súa semana cultura con teatro, cine, andaina, gastronomía e actividades infantís, e hoxe pantalla para ver o partido de España
    - Pexegueiro comeza as festas da Virxe do Carmen con porco espeto, retransmisión do partido de España e verbena
    - Baldráns inicia a conta atrás para as súas festas que comeza mañá coa XXXIII Romaría do Polbo á Feira
    - Claudio Giráldez, Jonatan Giráldez e Borja Fernández participan esta tarde en Tui nunha xornada formativa enmarcada no centenario do Tyde
    26 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…