Informativos

Informativos

By Radio Municipal de TuiNews
Download on the App Store

Informativos episodes

  • Noticias 13.30 h | Venres, 3 de xullo de 2026
    Estas son as principais novas, que hoxe venres, 3 de xullo, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - O paro baixou en 94 persoas en xuño no Baixo Miño até as 2.241 inscritas nos Servizos Público de Emprego
    - Alerta por calor esta fin de semana
    - SOS Tomiño-Baixo Miño realiza hoxe e mañá unha recollida de alimentos no GADIS de Tui
    - Ás 20 h inaugúrase a exposición "Abrindo as huchas da bisbarra de Tui" coa que comeza o VI Festival da Cultura Tradicional e Folk
    - Primeira proxección de cinema ao aire libre hoxe ás 22.30 h na praza de Frómista
    - Este domingo celébrase a Romaría das Angustias no cumio do Parque Natural Monte Aloia
    - A música coral protagonista na fin de semana con tres concertos
    - II Concentración de Clásicos este domingo na Corredoira
    - Citas esta fin de semana en Ribadelouro, Areas, e Rebordáns
    - Presentación dun libro, contacontos en inglés e unha ruta nocturna propostas de lecer da man da iniciativa privada esta fin de semana en Tui
    - O Club Hípico Equigalia acolle esta fin de semana o Concurso Nacional de Saltos con 150 saídas a pista
    - Xornada de Iniciación ao Fútbol Gaélico hoxe no Álvarez Durán
    - A Eurocidade Tui-Valença acolle esta fin de semana a 10ª edición do Open de Judo
    - Deportistas do Kaiak Tudense no Campionato do Mundo Junior e Sub23
    26 min
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 1 de xullo de 2026
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Esta fin de semana celébrase o VI Festival da Cultura Tradicional e Folk en Tui
    - Esta mañá tivo lugar a clausura de temporada de Cultiva a mente
    - Dende hoxe e até o 31 de agosto Lugove habilita un servizo de bus a Praia América dende Tui
    - O Rosal e Salceda de Caselas presentaron as súas axendas culturais de verán
    - Esta fin de semana celébrase o Concurso Nacional de Saltos en Equigalia
    ...
    29 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 30 de xuño de 2026
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Até finais de setembro pódese visitar na Catedral 'Relicario' do artista tudense Carlos Fer
    - ACITUI presenta a campaña "Mergúllate no noso comercio"
    - Mañá 1 de xullo comeza o Campamento de Verán do Concello de Tui
    - Hoxe martes o Cineclub Tui proxecta "A guitarra flamenca de Yerai Cortés"
    - Manu Garrido do Kaiak Tudense bronce xunto a Jaime Duro no Campionato de Europa
    ...
    27 min
  • Noticias 13.30 h | Venres, 26 de xuño de 2026
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Mañá sábado inaugúrase a nova iluminación da Catedral de Tui
    - Até este domingo a imaxe de Nosa Señora da Franqueira continúa na Catedral de Tui
    - O PP de Tui denuncia a ineficacia do control de aparcamento da zona azul con cámaras
    - Hoxe inaugúrase "Camiño á Catedral" de Rosa Mª Vila
    - Función da Escola de Danza Paula Cobián aberta ao público
    - Fin de semana deportiva
    ....
    32 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Inauguración nova iluminación da Catedral de Tui
    Mañá sábado ás 23 h terá lugar o acto inaugural da nova iluminación da Catedral de Tui. Tras semanas apagada debido ás obras de renovación, o principal templo tudense e icona da cidade, recuperará todo o seu esplendor nocturno.
    Haberá ambientación musical antes e ao remate do acto institucional.
    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou hoxe a importancia desta actuación, que supuxo un investimento de 152.145,40€ financiados ao abeiro do PSDT do xeodestino Galicia Suroeste, e con fondos propios municipais.
    5 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 25 de xuño de 2026
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui conmemorou onte o aniversario dos Xogos FLorais de Galicia
    - Diversidades Acolle organiza ás 20 h en Tui a actividade Biblioteca Humana con motivo do Día internacional das Persoas Refuxiadas
    - O Espazo Sociocultural acolle as Xornadas de Patrimonio Cultural da Igrexa
    - Hoxe ás 20 h no Espazo Lector Nobel presentación libro “Rotas y valientes”, de Lisi da Silva
    - A Coral San Telmo celebra o sábado o seu Festival de Primavera
    - Doazón de sangue mañá venres e o sábado en Tui
    ....
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Martes, 23 de xuño de 2026
    Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h
    - Incendio nunha finca ao final da rúa Maristas, cunha superficie afectada duns 50 metros.
    - Tui celebra mañá 135 aniversario dos Xogos Florais de Galicia coa presentación do libro "Tui, 1900-1936" e espectáculo de poesía e música "Medula" de Cristal Méndez.
    - A empresa tudense Utingal recibiu unha con axuda de 105.000€ da Xunta. Onte visitou a súas instalacións o Delegado Territorial
    - Máis de 350 deportistas participan este domingo no XII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade
    - Mañá mércores ás 8 h sae de Tui o Concurso de Patrullas da BRILAT
    - O Concello de Tui ilumínase da cores para dar visibilidade a distintas enfermidades no seu Día Mundial, coma DRAVET, ELA ou FSHD
    - Fogueiras, gastrononomía, música e tradición para celebrar San Xoán en Tui
    - Tres pratas e dous bronces para o Club Jusenkyo no Campionato Galego de Loita Praia, con podio de todos os seus deportistas
    - O piloto tudense, Saul Vaz, logrou un 13º posto na 3ª proba puntuable para o campionato de España de Karting, logrando o seu mellor resultado neste campionato
    ...
    30 min
  • Noticias 13.30 h | Luns, 22 de xuño de 2026
    Estas son as principais novas que o xoves, 18 de xuño, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - A renovación da rúa Augusto González Besada, o Paseo da Corredoira e a praza da Inmaculada está inaugurada
    - As piscinas municipais de Tui están xa abertas até o 6 de setembro
    - A Comunidade de Montes de Areas organiza unha nova edición do obradoiro de herbas de San Xoán
    - Do 1 ao 3 de xullo a aula da UNED de Tui acolle o curso de verán 'Os procesos electorais en España'
    - Información deportiva
    26 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Inauguración renovación de Augusto G. Besada, Praza da Inmaculada e Corredoira
    Hoxe venres terá lugar a inauguración da renovación realizada en tres espazos centrais de Tui como son a rúa Augusto González Besada, praza da Inmaculada e Paseo da Corredoira. Dende ás 18.30 h haberá animación na rúa e ás 20.30 h o acto institucional, para continuar logo con música.
    Así o explicaba o alcalde, Enrique Cabaleiro, quen se refería a actuación realizada. Tamén avanzaba o próximo inicio das obras na rúa Coruña, e a apertura mañá das piscinas municipais, entre outros asuntos.
    11 min
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 18 de xuño de 2026
    Estas son as principais novas que o xoves, 18 de xuño, recollemos en Noticias 13.30 h:
    - Tui inaugura a renovación da rúa Augusto González Besada, o Paseo da Corredoira e a praza da Inmaculada
    - O Concello de Tui incorpora dúas novas rutas cicloturistas á rede de Galicia Suroeste
    - O Camiño das Torres reforza o papel de Tui como porta de entrada a Galicia do Camiño Portugués
    - O PP de Tui denuncia a "xestión caótica" da recollida de lixo
    - "Relicario", intervención artística de Carlos Fer na Catedral de Tui, inaugúrase o 29 de xuño
    - Máis de 700 bailaríns reúnense na Eurocidade Tui-Valença no I Trofeo Hip Hop Eurocidade
    31 min

About Informativos

From the publisher's feed

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está…